C.E.I.P. MESTRE MANUEL GARCÍA OIA
CURSO 2016 - 2017
NORMAS DO CENTRO
ALUMNADO
-
Deberá asistir ao Centro con puntualidade, aseo personal requerido, vestimenta axeitada e co material necesario.
-
Non poderá traer obxectos perigosos ao colexio nin calquera outro que non sexa relativo ao material escolar (cámaras, móbiles, videoxogos…).
-
Deberá respectar e usar correctamente o material e instalacións do colexio. Calquera desperfecto intencionado deberá ser abonado polas familias.
-
As conductas perxudiciais ou contrarias ás normas quedarán rexistradas no Centro. As familias serán informadas e sancionaranse segundo o establecido no Plan de Convivencia.
FAMILIAS
-
Deben participar na vida do Centro e apoiar e colaborar no proceso educativo dos seus fill@s.
-
Calquera dúbida, consulta, aclaración… deberá facerse sempre a través do titor/a.
-
Cando o alumno/a se retrase na entrada ou precise saír do Centro en horario escolar, deberá facelo acompañado/a do pai/nai ou persoa autorizada que xustificará a falta ante o mestre/a de garda no libro de rexistro correspondente.
-
Cando un alumno/a se ausente un día ou máis deberá xustificalo ao titor/titora.
-
En caso de enfermidade ou indisposición, prégase que NON acudan ao Centro para evitar contaxios. Salvo casos excepcionais non está permitido traer ningún tipo de medicación ao colexio.
INFORMACIÓN XERAL
COMEZO DAS CLASES Luns 12 de setembro. O alumnado de 3 anos terá unha incorporación progresiva cun periodo de adaptación.
HORARIO LECTIVO LUNS A VENRES de 9:40 a14:40h.
COMEDOR ESCOLAR O seu funcionamento coincidirá co calendario lectivo de 14:40 a 15:45h.
TRANSPORTE ESCOLAR Recollerá ao alumnado nas correspondentes paradas no horario de costume. Ás 15:45h. dende o colexio comenzará o retorno.
HORARIO DE ATENCIÓN A PAIS/NAIS EN TITORÍAS MARTES: de 9:10 a 9:40h. e de 15:45 a 16:15h. Cita previa.
HORARIO DE SECRETARÍA De luns a venres de 11:30 a 12:30h.
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES De luns a venres de 15:45 a 17:45h. A Biblioteca do Centro permanecerá aberta á Comunidade Educativa os luns, mércores, xoves e venres de 16:00 a 17:30h. Os alumnos virán acompañados dun adulto responsable.
DATAS DE ENTREGA DE NOTAS 1ª AVALIACIÓN: 21 de decembro de 2016 2ª AVALIACIÓN: 7 de abril de 2017 3ª AVALIACIÓN: 26 de xuño de 2017 *A entrega de notas farase aos pais/nais dos alumn@s.
PERIODOS DE VACACIÓNS DÍA DO ENSINO: 31 de outubro de 2016 NADAL: do 22 de decembro de 2016 ao 6 de xaneiro de 2017, ambos inclusive ENTROIDO: días 27 e 28 de febreiro e 1 de marzo de 2017 SEMANA SANTA: do 10 ao 17 de abril de 2017, ambos inclusive FESTIVIDADES LOCAIS: 29 de setembro de 2016 ( San Miguel) 5 de xuño de 2017 ( Virxe do Mar)
PROFESORADO
EQUIPO DIRECTIVO -
DIRECCIÓN: Manuel Fajar Salcidos XEFATURA DE ESTUDOS: Sofía González Cordero SECRETARÍA: Ana B. Álvarez González
TITORES/AS -
EDUCACIÓN INFANTIL 3 ANOS: Mª Carmen González Barbosa 4 ANOS: Concepción Trapero Carnero 5 ANOS: Ana B. Álvarez González APOIO: Ana B. Garcés Domínguez
-
EDUCACIÓN PRIMARIA 1º CURSO: Sofía García Querol 2º CURSO: Sofía González Cordero 3º CURSO: Nuria Fernández Fariñas 4º CURSO: Mª Luisa Villada Moirón 5º CURSO: Daniel Martínez Rodríguez 6º CURSO: Elías Domínguez Pereira
ESPECIALISTAS -
INGLÉS: Carmen López Calvo ED. FÍSICA: Pilar García de la Prieta MÚSICA: Elías Domínguez Pereira TICS: Manuel Fajar Salcidos P. T.: Mª Teresa Armada Ferreiro A. L.: Marta Mata Ares ORIENTACIÓN: Margarita Justo Núñez (mércores e xoves) RELIXIÓN: Alicia González Hermida