Caderniño de información académica 1º de ESO Curso 2016/17
1
Tabla de contIdo 1. CARACTERÍSTICAS DA EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA ................................................ 4
2. CRITERIOS DE PROMOCIÓN NA EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA ................................. 5
3. ORGANIZACIÓN DAS MATERIAS DE 2º DE ESO ........................................................................... 6
4. CONTIDO DALGUNHAS DAS MATERIAS DE 2º DE ESO ................................................................ 7 ORATORIA .......................................................................................................................................................... 7 EDUCACIÓN FINANCIEIRA .................................................................................................................................. 8
2
1º ESO
1º PMAR Programa de mellora do aprendizaxe e rendemento
2º ESO
Estructura do Sistema Educativo
2º PMAR Excepcionalmente Programa de mellora do aprendizaxe e rendemento
Con 15-17 anos 3º ESO
Matemáticas Académicas
Matemáticas Aplicadas 1º FP Básica
4º ESO académico
4º ESO aplicado
Reválida de muestreo. Só en algúns centros
Reválida de muestreo. Só en algúns centros
2º FP Básica
Título de FPB Título ESO Académico
Bacharelato Ciencias, Humanidades e CC Sociais e Artes
Graos Universitarios
Título ESO Aplicado
Formación Profesional Grao Medio
Formación Profesional Gran Superior
3
1. CARACTERÍSTICAS DA EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA Consta de catro curso académicos que están organizados en dous ciclos:
1º CICLO: 1º DE ESO 2º DE ESO 3º DE ESO
2º CICLO: 4º DE ESO
Estúdanse tres tipos de materias:
TRONCAIS ESPECÍFICAS LIBRE CONFIGURACIÓN
Acádase o título de Educación Secundaria Obrigatoria
Título da ESO Bacharelato
Ciclos de grao medio 4
2. CRITERIOS DE PROMOCIÓN NA EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA
Aprobar todo Suspender dúas como máximo que non sexan Lingua Castelá e Matemá[cas, ou Lingua Galega e Matemá[cas. Excepcionalmente pódese pasar de curso con dúas suspensas que sexan Lingua Galega, Lingua Castelá e Matemá[cas, cando o equipo de profesores así o considere Excepcionalmente pódese pasar de curso con tres materias suspensas cando o equipo de profesores así o considere pero non poden ser Lingua Galega e Matemá[cas ou Lingua Castelá e Matemá[cas
5
3. ORGANIZACIÓN DAS MATERIAS DE 2º DE ESO Física e Química Xeografía e Historia Lingua Galega e Literatura Lingua Castelá e Literatura Matemáticas Educación Física Música Primeira Lingua Estranxeira Elixir 1 ☐ Inglés ☐ Francés Segunda Lingua Estranxeira Elixir 1 ☐ Inglés ☐ Francés Elixir 1 ☐ Educación Financieira ☐ Oratoria Elixir 1 ☐ Valores Éticos ☐ Relixión ☐ SOLICITO a Sección Bilingüe da materia Física e Química en Inglés en 2º de ESO ☐ SOLICITO o Programa Plurilingüe da materia Xeografía e Historia en Francés en 2º de ESO
6
4. CONTIDO DALGUNHAS DAS MATERIAS DE 2º DE ESO ORATORIA Esta materia quere ser unha experiencia práctica de aprendizaxe a través da discusión. Quen se apunte a esta aventura deberá estar disposto e disposta a Preguntar (e ser preguntado), a Pensar e a Participar. “A maneira na que falamos reflicte a forma como pensamos”,por iso practicando e reflexionando criticamente sobre o noso discurso falado tanto para expoñer ideas como para convencer con elas - é como aprenderemos a sermos bos comunicadores. Os contidos da materia distribúense en catro bloques nos que é doado advertir a clásica división da oratoria en cinco partes: "inventio" (procura dos materiais necesarios para a conformación do discurso), "dispositio" (elección e estruturación deses materiais), "elocutio" (textualización do discurso), "memoria" (memorización) e "actio" (posta en escena do discurso). Isto desenvolverase ao longo de dous procesos que dividiran o curso: • Aprender a defender unha presentación.- A tarefa consistirá en preparar unha exposición dalgunha idea sobre o tema do proxecto no que estea involucrado todo o centro ese momento. O noso alumnado aprenderá a crear presentacións eficaces, estimulantes e inspiradoras que sirvan para que o auditorio (a sociedade) reflexione, aprenda e pase á acción. Crear unha presentación non é crear un PowerPoint, por iso o traballo que imos facer non se centrará niso. En todo caso, se empregamos diapositivas deben ser sempre visuais e sinxelas... ( www.ted.com ) • Aprender a participar nun torneo escolar de debate.- Preparamos temas de debate en grupo. Experiencia de traballo en equipo ao longo da que iremos mellorando nos pasos imprescindibles para preparar un debate: poñerse de acordo; analizar outros puntos de vista; convencer; elaborar argumentos e debater seguindo unhas regras. O obxectivo logo sería realizar un debate na aula - incluso entre diferentes grupos – sobre o tema traballado. (http://torneoescolardebate.com/
7
EDUCACIÓN FINANCIEIRA Contidos económico básicos que permiten á cidadanía familiarizarse, desde idades temperás, coa organización e o funcionamento do sistema financeiro, en particular cos produtos e os servizos financeiros de uso máis habitual, para posteriormente axudar na planificación da vida financeira persoal e na elección daquelas alternativas que mellor se adapten ás súas necesidades, mantendo a seguridade financeira como eixo central desa planificación. O currículo desta materia está organizado en tres bloques: !
primeiro bloque fai fincapé na administración da renda e dos recursos persoais, a través das decisións de consumo e de aforro, e o correspondente investimento.
· O segundo bloque céntrase na planificación financeira persoal e familiar. · O terceiro bloque trata a xestión dos medios líquidos dispoñibles. A materia aborda os contidos desde un nivel moi básico, analizando os compoñentes e as características principais dos produtos e dos servizos financeiros, procurando a familiarización cos mercados e coas entidades operantes, que permita, tras comparar distintas ofertas, elixir a máis adecuada ás súas necesidades e á súa situación económico-financeira.Trátase de iniciar o alumnado na realización de sinxelos cálculos, empregando ferramentas de axuda que permitan a valoración precisa das alternativas consideradas, unha maior comprensión do funcionamento dos produtos e dos servizos, e o adecuado coñecemento das implicacións que as decisións que se tomen teñen na situación financeira persoal.
8
9
¿E de qué me sirve a mIn aprender estas cosas? Respostas: 1. Eres o que consumes… consume intelixentemente Debe consumirse de xeito responsable, e non deixarse levar pola sobre exposición aos impactos publicitarios e ter en conta que un consumo responsable e intelixente es un pilar fundamental do noso benestar. 2.- Administrar os meus cartos: Misión Imposible? Como seguro que xa empezas a ter alguna paga que che dan na túa familia para os teus gastos de ocio e aficións persoais, é polo tanto, o momento ideal para saber como administralos. Saber comparar precios, estratexias de aforro, saber elaborar algún presuposto… 3.- Como pago o que compro? Diñeiro, tarxetas e otras formas de pago Actualmente, para comprar cousas o servizos é posible utilizar medios de pago como o diñeiro en efectivo, tarxetas de crédito ou débito, cheques o os novos vinculados ó pago online: trasferencias, paypal ou telefonía móvil. É necesario, polo tanto, coñecer o seu funcionamiento, os riscos aparellados e as medidas de precaución para un uso axeitado e responsable dos mesmos evitando a imposición de cláusulas abusivas e perxudiciais. 4.- A miña primeira relación cun banco: Que me ofrecen e que podo esperar de eles? Nós como consumidores no futuro, debemos coñecer e comprender que son os bancos, cales son as súa funcións, a que se dedican, que servicios e beneficios nos ofrecen e, MUY IMPORTANTE, qué nos esixen a cambio do seus servizos. 5.- Que no te tomen por tonto, defende os teus dereitos! En moitas ocasións, os dereitos dos consumidores poden verse vulnerados perxudicando os seus intereses. Por tanto é necesario, saber os diferentes medios que os consumidores poseen para facer fronte a esto; os organismos aos que poden dirixirse e a forma na que poder facelo; o papel que xogan as asociacións de defensa dos consumidores.
10