Coñecer as profesións

Page 1

“COÑECER AS PROFESIÓNS” Esta actividade consistirá en coñecer diversos aspectos das profesións que desempeñan persoas do noso entorno. Podemos seleccionar algunas profesións distintas para ter información dun maior número de profesións e poder comentalas posteriormente a todo o grupo. Para elo realizaremos un profesiograma. Un profesiograma é un gráfico ou ficha no que se describen as principais características dunha profesión. Cada alumno/a poderá facer un ou varios profesiogramas (investigación sobre unha ou varias profesións) e despois expoñelos na clase para formar un ficheiro con todas as profesións analizadas. Apartados dun profesiograma: 1. NOME DA PROFESIÓN: Podes engadir unha foto representativa. 2. ESTUDOS NECESARIOS: Que estudos universtarios ou de formación profesional hai que realizar para desempeñar esa profesión. 3. CARACTERÍSTICAS DO LUGAR DE TRABALLO: aire libre, recinto pechado, ambente agradable, en diversos lugares, ambente ruidoso, ... . 4. CONDICIÓNS LABORAIS: horario, vacacións, riscos ou perigos para a saúde, soldo aproximado (alto, medio, baixo), estabilidade laboral ou tipo de contrato, ... . 5. INSTRUMENTOS DE TRABALLO: Ferramentas manuais, máquinas complexas, vehículos de transporte, ordenadores, teléfono, ... . 6. PRINCIPAIS TAREFAS: De tipo manual, intelectual, forza física, ... .

Para atopar a información podes utilizar as seguintes fontes: • Blogue de Orientación: http://orientateenperillo.blogspot.com.es/ ( clickando na pestana de ocupacións e profesións ) • Entrevistas con profesionais do teu entorno.

Exposición dos profesiogramas: Como actividade final podemos realizar unha exposición pegando as fichas realizadas por vós nun mural na clase ou no corredor, para que todos e todas poidamos coñecer as distintas profesións.


EXEMPLO DUN PROFESIOGRAMA ESTUDIOS REQUERIDOS: - Estudios universitarios de Grao en Educación Infantil ou Grao en Educación Primaria.

PROFESIOGRAMA DE: MESTRE/A

CALIDADES OU HABILIDADES: - Interese por coñecer cousas - Formación continua - Capacidade para exercer autoridade - Habilidades comunicativas - Paciencia - Capacidade de adaptación ós cambios sociais e do sistema educativo

TAREFAS PRINCIPAIS: - Ensina a nenos en idade escolar - Planifica clases según as necesidades dos alumnos - Organiza actividades, resolve problemas disciplinares cos país, e realiza algunhas tarefas administrativas - Están especializados por materias

CARACTERISTICAS DO LUGAR DE TRABALLO: - Colexios públicos e privados. - Asesoramento e editoriais na elaboración de libros de texto. - Impartindo clases en academias ou particulares

INSTRUMENTOS DE TRABALLO: - Medios didácticos para o ensino das materias: mapas, libros, ordenadores e novas tecnoloxías, laboratorios….

CONDICIÓNS LABORAIS: - Disponibilidade para desprazarse e traballar lonxe do lugar de residencia - Xornada laboral fixa de 5 horas diarias con nenos e a completar no domicilio ou centro

Actividade de titoría do blogue de Monica Diz


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.