MEDIACIÓN
Estimados pais e nais: O noso centro, IES “Isidro Parga Pondal,leva desenvolvendo dende o ano 2007 un proxecto de “Mediación e resolución de conflitos no ámbito escolar. O traballo de mediación vai encamiñado á solución de conflitos “entre iguais”. Este boletín quere servir para informar aos pais e nais do traballo que se leva a cabo por parte do departamento de Mediación, cales son as súas características e cal é a súa finalidade.
Que é a mediación? Un método de resolución de conflitos no que mediante o diálogo se chega a un acordo satisfactorio por ambas partes, axudados por unha persoa imparcial chamada mediadora.
A quen se pode recorrer? Calquera profesor/a do Centro pode facilitar o contacto co departamento de mediación para iniciar o proceso.
Que características ten a mediación?
É voluntaria. É confidencial. Os mediadores e mediadoras deben ser neutrais e imparciais.
Vantaxes da mediación.
Prevén a violencia.
Maduración persoal.
Participación activa e responsable.
Saída positiva aos conflitos. Contribúe ao fomento de vínculos máis democráticos no centro.
Mellora a convivencia Que conflitos se poden resolver coa mediación?
Insultos,ameazas e malas relacións interpersoais..
Amizades que se deterioraron.
Situacións inxustas e degradantes
Quen pode ser mediador/a? Todas as persoas que desexen formarse e comprometerse na xestión construtiva dos conflitos cotiáns.
Que fan os mediadores/as?
Acollen as persoas en conflito.
Escoitan activamente e centran o proceso na transformación do conflito.
Promoven a comprensión mutua.
Non xulgan. Non sancionan. Non aconsellan. Non dan solu-
Podedes atopar máis información en: http://mediacionpargapondal.blogspot.com/