GUÍA DA FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA
IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas Departamento de Orientación http://orientateenperillo.blogspot.com.es/
GUIÁ DE INFORMAICÓN SOBRE A FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA
QUE É A FORMACIÓN BÁSICA? A formación profesional básica forma parte das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo. Estas ensinanzas responden a un perfil profesional que inclúe ao menos unha cualificación profesional completa de nivel 1 do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.
CANTO DURAN OS CICLOS DE FP BÁSICA?
Os ciclos formativos de formación profesional básica teñen unha duración de 2000 horas ou 2 cursos académicos.
QUE REQUISITOS TEÑO QUE CUMPRIR PARA ACCEDER A UNHA FP BÁSICA? Requisitos que debe cumprir o alumnado de forma simultánea: •
Ser proposto/a polo equipo docente
•
Consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais
•
Facer 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo
•
Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcionalmente, ter cursado o segundo curso
A proposta do equipo docente, tamén poderá solicitar a admisión na FP Básica o alumnado de 17 anos feitos no ano de inicio do ciclo formativo, escolarizado na educación secundaria obrigatoria. De quedar prazas vacantes, completaranse os grupos con persoas que cumpran os seguintes requisitos: •
Que fagan 18, 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo
•
Que non estean en posesión dun título de formación profesional ou calquera outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos.
CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, no caso de existir maior número delas que de postos escolares dispoñibles, asignaranse as prazas conforme os seguintes criterios de prioridade:
Alumnado que cursase 2º de ESO. Alumnado que cursase 3º de ESO. Alumnado que cursase 4º de ESO. Dentro de cada grupo, ordenarase de menor a maior idade. • • •
2
En caso de empate entre varias persoas solicitantes por un mesmo posto escolar e co obxectivo de favorecer o fomento das vocacións nas áreas con infrarrepresentación de mulleres ou de homes, seleccionarase en virtude do sexo menos representado na área profesional en que se demande a praza de formación. Se logo de aplicados estes criterios se mantén o empate, este resolverase aplicando o procedemento e o resultado do sorteo que anualmente realiza a consellería con competencias en educación para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos
QUE TEÑO QUE ESTUDAR NA FP BÁSICA? Módulos asociados a unidadesde competencia do Catálogo Nacional e Cualificacións Profesionais. Módulos asociados aos bloques comúns Módulo de Comunicación e Sociedade I e II
Lingua Galega, Lingua Castelá, Lingua Estranxeira e Ciencias Sociais Módulo de Ciencias aplicadas I e II Matemáticas e Ciencias aplicadas ao contexto persoal e de aprendizaxes dun campo profesional Módulo de Formación nun centro de traballo: prácticas en empresas Unha hora semanal de titoría
A AVALIACIÓN -Poderase permanecer cursando o ciclo durante catro anos - Poderase repetir unha soa vez cada un dos cursos. - Para promocionar haberá que superar todos os módulos ou cando os módulos profesionais asociados a unidades de competencia pendentes non superen o 20% do horario semanal, con todo, deberá matricularse dos módulos profesionais pendentes de primeiro curso. - A avaliación realizarase por módulos e haberá dúas convocatorias anuais para a superación dos módulos
O alumnado con necesidades educativas especiais ( NEE) poderá: -
• •
Solicitar flexibilización modular: temporalización distinta ou cursar o ciclo de xeito fragmentado. Cursar programas específicos adaptados as súas necesidades. 3
PERFÍS PROFESIONAIS Administración e xestión: CBADG01 - Servizos administrativos
Informática e comunicacións: CBIFC01 - Informática e comunicacións CBIFC02 - Informática de oficina
Agraria: CBAGA01 - Agroxardinaría e composicións florais CBAGA02 - Actividades agropecuarias CBAGA03 - Aproveitamentos forestais
Imaxe persoal: CBIMP01 - Peiteado e estética
Artes gráficas: CBARG01 - Artes gráficas
Industrias alimentarias: CBINA01 - Industrias alimentarias
Comercio e márketing: CBCOM01 - Servizos comerciais
Madeira, moble e cortiza: CBMAM01 - Carpintaría e moble
Electricidade e electrónica: CBELE01 - Electricidade e electrónica
Marítimo-pesqueiras: CBMAP01 - Actividades marítimo-pesqueiras
Edificación e obra civil: CBEOC01 - Reforma e mantemento de edificios
Téxtil, confección e pel: CBTCP01 - Arranxos e reparación de artigos téxtiles e de pel CBTCP02 - Tapizaría e cortinaxe
Fabricación mecánica: CBFME01 - Fabricación e montaxe
Transporte e mantemento de vehículos: CBTMV01 - Mantemento de vehículos
Hostalaría e turismo: CBHOT01 - Cociña e restauración CBHOT02 - Aloxamento e lavandaría
Vidro e cerámica: CBVIC01 - Vidraría e olaría
CALENDARIO DE ACCESO E ADMISIÓN Estas foron as datas do curso pasado
Solicitude de admisión: 1-10 Setembro
Lista de admi\dos: 11 de setembro
Matricula: 11-18 de setembro
4
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR -
Solicitude de admisión debidamente cuberta a entregar no centro no que se pretenda ser admitido Copia do DNI ou NIE Comunicación da incorporación á formación profesional básica Certificado de discapacidade se procede Consentimento asinado polo pai/nai ou titor legal
OFERTA DA FP BÁSICA NA ZONA EDUCATIVA
CONCELLO
CICLO DE FP BÁSICA
CENTRO EDUCATIVO
A Coruña
-Artes gráficas -Carpintaría e moble -Fabricación e montaxe -Electricidade e electrónica
IES Calvo Sotelo
-Informática e comunicacións
IES Fernando Wirtz
-Fabricación e montaxe -Mantemento de vehículos -Peiteado e peluquería -Aloxamento e lavandaría -Arranxos e reparación de artigos téxtiles e de pel -Servizos comerciais
CIFP Someso
-Informática e comunicacións -Servizos administrativos -Servizos administrativos
IES Urbano Lugrís
CIFP Paseo das pontes CPR Fogar de Santa Margarida CPR Nebrija Torre de Hércules CPR Plurilingüe La Grande de Atocha IES Alfonos X O Sabio
Cambre
-Informática de oficina
Culleredo
-Actividades marítimo-pesqueiras -Electricidade e electrónica -Fabricación e montaxe
IES Universidade Laboral
Oleiros
-Electricidade e electrónica
IES María Casares
5
QUE TÍTULO SE OBTÉN? Superando un ciclo de FP Básica obtense o título profesional básico correspondente ás ensinanzas cursadas. Permite o acceso ós ciclos formativos de grao medio. ANEXO I ( SOLICITUDE DE ADMISIÓN
6
Para ampliar información: -
http://www.edu.xunta.es/fp/fp-basica http://orientateenperillo.blogspot.com.es/search/label/FP%20B%C3%A1sica
Normativa de Referencia: •
•
•
- Orde do 13 de xullo de 2015 pola que se regulan as ensinanzas de formación profesional básica na Comunidade Autónoma de Galicia, así como o acceso e a admisión nestas ensinanzas. - Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regula a avaliación e a acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas de formación profesional inicial.
7