Departamento de Orientación
1. ESQUEMA BÁSICO DO SISTEMA EDUCATIVO
2. DATOS DO NOSO CENTRO Número aproximado de alumnos: 279 Número de profesores: 35 Número de Persoal non docente: 5 Director Agustín Fernández
Secretaria Esther Díaz
EQUIPO DIRECTIVO
Vicedirector Javier Seoane
Xefa de Estudos Laura Fernández
É recomendable consultar a seguinte ligazón, na que se recolle a información máis destacada e que foi transmitida polos titores, na xuntanza cos pais dos alumnos da súa titoría, a principios de curso. http://orientateenperillo.blogspot.com.es/search/label/Reuni%C3%B3n%20familias 2
Departamento de Orientación
3. PROCEDEMENTO DE DARSE DE ALTA NA BIBLIOTECA RIALEDA DE PERILLO Unha das bibliotecas dentro da nosa contorna está situada no edificio denominado
Rialeda. Está dentro da rede de Bibliotecas de Galicia. Para poder facer uso do seu catálogo tes que darte de alta e así poder levar libros en préstamo. Para esto precisas:
Algunha foto tamaño carnet DNI ou NIE para estranxeiros Cubrir un impreso, que en caso de ser menor de idade, precisa ser asinado pola persoa responsable e aportar tamén o seu DNI ou NIE
As bibliotecas de Oleiros teñen un blog con publicacións moi diversas. http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/
4. CONSULTAR A PÁXINA DO INSTITUTO Para ir sabendo cousas sobre o centro no que estarán matriculado os vosos fill@s, esta é a nosa páxina web. O seu enderezo é enderezo: https://iesneiravilas.es/
5. CONSULTAR O BLOG DE ORIENTACIÓN Outro recurso que podes consultar e sobre todo se tedes curiosidade por saber como axudar e guiar na toma de decisión, tedes o blog de orientación.
http://orientateenperillo.blogspot.com.es/
3
Departamento de Orientación
6. EXENCIÓN DA LINGA GALEGA A lexislación posibilita para aqueles alumnos que non estiveron escolarizados na nosa Comunidade Autónoma poder estar exentos durante dous cursos académicos, aínda que terá a obriga de asistir como oínte sen ser avaliado. A asistencia ás clases como medio de integación lingüística e coa finalidade de que co esforzo persoal, con materiais didácticos específicos e coa axuda do profesorado poida ter cando remate o prazo de exención, un dominio adecuado para seguir as ensinanzas. Non terán dereito á exención da Lingua Galega aqueles alumnos que tivesen realizados estudos en Galicia e curse fóra da Comunidade Autónoma tres cursos completos ou menos e se reincorpore ao sistema educativo galego. Deberá presentarse unha solicitude asinada polo alumno ou pola persoa solicitante, dirixida á persoa titular da Dirección do centro docente onde o alumno curse os seus estudos. O prazo de presentación empeza o 1 de setembro de cada ano e remata o 5 de outubro para Educación Primaria e Secundaria e o 20 de outubro para bacharelato. Cando se trate dun alumno con traslado de matrícula, procedente doutra comunidade autónoma ou do estranxeiro, o prazo de presentación será de vinte días seguintes o da presentación da matrícula. 7. DARSE DE ALTA NA APLICACIÓN SIXA FAMILIAS Sixa familias é unha aplicación web que permite coñecer puntualmente calquera incidencia ou información relacionada co proceso educativo dos vosos fillo@s ( faltas de asistencia e puntualidade, faltas de conduta, informes do profesorado, cualificacións...). Consiste nun sitio web que se actualiza diariamente ( as 6:00 a.m.) incorporando as novidades que se teñan producido nas últimas 24 horas no sistema. Precísase un usuario e contrasinal que se facilita no centro. A súa ligazón está na páxina web do centro. NON SE DEBE FACILITAR O USUARIO E CONTRASINAL Ó ALUMNADO.
4
Departamento de Orientación
8. CALENDARIO DE EXAMES NA APLICACIÓN CALENDAR Na páxina web tamén tedes a posibiliade de saber as datas e horas dos exames. De igual xeito todas as actividades que se organizan no Instituto polos diferentes departamentos están tamén publicadas.
9. LIBROS DE TEXTO A Consellería de Educación convoca axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o alumnado matriculado en educación primaria e educación secundaria obrigatoria. O prazo de presentación é dende o 23 de maio ó 23 de xuño de 2017. O alumnado que, unha vez transcorrido o prazo indicado, se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos procedente de fóra de Galicia poderá presentar a solicitude no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2017. Pódese consulta máis información na seguinte ligazón: http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros
5
Departamento de Orientación
10. UTILIZACIÓN DA AXENDA É sumamente importante a utilización da axenda para a consecución de hábitos de estudo e traballo. Polo tanto acoséllase que o alumno poida dispoñer dun exemplar dende o primeiro día de clase. De igual xeito pode servir como canle de comunicación entre o profesorado e as familias.
11. PRAEMO (PROGRAMA REFORZO EDUCATIVO E APOIO MUNICIPAL DE OLEIROS) Vai dirixido aos alumnos de Primaria e Secundaria do Concello de Oleiros. Ten unha duración de dúas horas semanais. Hai distintos puntos donde se imparten estas clases.
Coordinación co departamento de Orientación do centro, nas reunións de titores. Nestas ligazóns pódese consultar o díptico con toda a información e a ficha para cubrir a solicitude https://drive.google.com/file/d/1CRLCfUmOeEO6xU5yskyDnr_6gE3O3CwS/view?usp= sharing https://drive.google.com/file/d/14oT6a_39KF3zHWPQyU7yN1j6eQ6uZiyJ/view?usp=s haring
6