Orientación 3º eso

Page 1

ORIENTACIÓN 3º DE ESO

CURSO 2013/14


IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas

Departamento de Orientación

Tabla de Contido 1. INTRODUCCIÓN ..................................................................................................................................................... 2 2. ESTRUCTURA DO SISTEMA EDUCATIVO ....................................................................................................... 3 3. ESTRUCTURA DE 4º DE ESO .............................................................................................................................. 4 4. ITINERARIOS DE 4º DE ESO NO INSTITUTO E DOCUMENTOS DE MATRÍCULA ................................ 5 5. RELACIÓN ENTRE AS MATERIAS TRONCAIS DE 4º E AS MODALIDADES DE BACHARELATO ...... 8 6. . A ESO E DESPOIS… QUE ? ................................................................................................................................. 8 7. A FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA ........................................................................................................ 15 8. AS ENSINANZAS DE PERSOAS ADULTAS .................................................................................................... 18 9. ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO MEDIANTE PROBA ............................................ 18 10. PROBA LIBRE PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA ..................................................................................................................................................................................... 18 11. Contidos das materias de 4º de ESO: ........................................................................................................ 19

2


IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas

Departamento de Orientación

1. INTRODUCCIÓN

A Dirección do Instituto, o equipo de profesores, e de maneira especial os titores de 3° de ESO e o Departamento de Orientación, estamos interesados en que, cando remates este curso, teñas unha idea clara e realista do que queres facer no futuro, a curto e medio prazo. O programa titorial que estás a desenvolver nestas páxinas, ten esa finalidade.Este caderno ten un carácter orientativo. Nel atoparás unha descrición básica das distintas alternativas que terás ó remata-la ESO ( co título de Graduado ou sen el ).

2. ESTRUCTURA DO SISTEMA EDUCATIVO

3º ESO 4º ESO TiTULO ESO

2º 2º B BACHARELATO ACHARELATO

2º FP CICLO MEDIO

19 19 anos ano s

Titulo de Técnico ( nivel 1 )

TÍTULO DE BACHAREL Superar Bacharelato(60%)máis avaliación final 40%

PRUEBA DE ACCESO A CICLOS DE GS

1º FP CICLO SUPERIOR 2º FP CICLO T Titulo . de Tdécnico e SUPERIOR Técnico Superior Superior ( nivel ( nivel 3)

GRAO UNIVERSITARIO

3)

MÁSTER DOCTORADO 3

MUNDO LABORAL

1º FP CICLO MEDIO

1º 1º B BACHARELATO ACHARELATO


IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas

Departamento de Orientación

3. ESTRUCTURA DE 4º DE ESO

4º DE ESO

Lingua Galega e Literatura Lingua Castelá e Literatura Lingua Estranxeira Ciencias Sociais, Xeografía Matemáticas Educación Física Educación Ético-Cívica

Escoller tres

MTERIAS TRONCAIS • Bioloxía e Xeoloxía • Física e Química • Tencoloxía • Educación Plástica e Visual • Lstín • Música • 2ª Lingua Estranxeira • Informática Escoller unha

MATERIAS OPTATIVAS • Cultura Clásica • Taller de Iniciativas Emprendedoras • Algunha materia do apartado anterior

Relixión/Atención Educativa 4


IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas

Departamento de Orientación

4. ITINERARIOS DE 4º DE ESO NO INSTITUTO E DOCUMENTOS DE MATRÍCULA

4º de ESO

MATERIAS COMÚNS • Lingua Galega e Literatura • Lingua Castelá e Literatura • Lingua Estranxeira: Inglés • Ciencias Sociais, Xeografía • Matemáticas • Educación Física • Educación Ético-Cívica • Atención Educativa/Historia e cultura das relixións/Relixión Católica

OPCIÓN A - E. Plástica e Visual - Informática - Tecnoloxía

OPCIÓN B - Física e Química - Biloxía e Xeoloxía Sinalar só unha • E. Plástica • Tecnoloxía

OPCIÓN C • Latín • Música Sinalar só unha • Francés • Educación Plástica

Tecnoloxía -

• • • • • • • • • •

OPTATIVAS Bioloxía e Xeoloxía Cultura Clásica* E. Plástica e Visual Física e Química Obradoiro de I. Emprendedoras* Tecnoloxía Informática Latín Música 5 2ª Lingua Estranxeira: Francés

* Estas materias poden ser cursadas se non se cursaron en 3º de ESO


IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas Departamento de Orientación DOCUMENTO DE MATRÍCULA DE 4º DE ESO

1º BACHARLELATO DE CIENCIAS E TECNOLOXÍA

6


IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas

Departamento de Orientación

1º BACHARLELATO DE HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS

7


IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas

Departamento de Orientación

5. RELACIÓN ENTRE AS MATERIAS TRONCAIS DE 4º E AS MODALIDADES DE BACHARELATO OPCÍÓN DE BACHARELATO

MATERIAS DE 4º

ARTÍSTICO

CIENCIAS

TECNOLOXÍA

HUMANIDADES

CIENCIAS SOCIAIS

Educación Plástica e Visual

Música

Física e Química

Bioloxía e Xeoloxía

Tecnoloxía

Física e Química

Educación Plástica e Visual

Latín

Cultura Clásica

As

que

mellor

respondan

ós

intereses ou gustos

6. . A ESO E DESPOIS… QUE ? A ) SE TES O TÍTULO DE GRADUADO EN ESO Tes as seguintes opcións: •

Bacharelato

A Formación Profesional Específica

As Ensinanzas de Réxime Especial

B) SE NON TES O TÍTULO DE GRADUADO EN ESO Segues a ter varias posibilidades •

Formación Profesional Básica

A Ensinanza de Persoas Adultas

Proba de acceso a ciclos de formación profesonal de Grao Medio

Proba para acadar o título de Educación Secundaria

Acceder ós Ciclos Formativos de Grao Medio, mediante proba e con 17 anos .

8

teus


IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas

Departamento de Orientación

6.1 O BACHARELATO 6.1.1 Como está organizado É a última etapa da Educación Secundaria, non é obrigatoria e a súa duración é de dous cursos académicos. Tal e como establece o Decreto ( 126/2008) , que regula destas ensinanzas poderás escoller entre tres modalidades diferentes que están pensadas para atender tanto á diversidade de estudios posteriores como á variedade de intereses, capacidades e aptitudes de cada quen. As tres modalidades son: Ciencias e Tecnoloxía Humanidades e Ciencias Sociais Artes Dentro de cada modalidade hai opcións, itinerarios.Na modalidade que escollas cursarás materias de tres tipos: comúns, propias de modalidade e optativas. Poderás permanecer escolarizado no bacharelato durante catro cursos académicos. Repetirán 1° curso os alumnos que teñan avaliación negativa en máis de dúas materias. No bacharelato hai probas extraordinarias en setembro das materias nas que non se obtiveron calificación positiva. Os alumnos que ó término do 2º curso tiveran avaliación negativa en algunhas materias, poderán matricularse delas sen necesidade de cursar de novo, as materias suspensas 6.1.2 ¿Qué son os itinerairos? As ensinanzas do Bacharelato permítenche cursar estes estudios en función das túas preferencias: escoller unha modalidade entre tres previstas, unha opción dentro de cada modalidade e unhas determinadas optativas. Estas sucesivas eleccións configuran o teu itinerario persoal. É necesario, entón, que teñas unha idea clara do que queres para poder deseñar o itinerario máis acorde coas túas preferencias e necesidades. Estes itinerarios vanse configurando dende que inicias 4° , por eso é moi importante que fagas unha elección correcta das materias optativas que vas atopar neste curso, tendo en conta o mesmo tempo a modalidade que queres cursar no bacharelato. 9


IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas .

Departamento de Orientación

1.3 A que dá acceso o título de bacharelato? - Graos universitarios, superando a proba de acceso á universidade. - Ciclos formativos de Grao Superior e Ciclos Superiores de Artes Plásticas e Deseño. - Estudos superiores de Ensinanzas Artísticas. Os diferentes estudos están vinculados a cada modalidade e materias do bacharelato, de xeito que en función do bacharelato escollido poderás acceder a uns graos e ciclos superiores de formación profesional determinados. 6.2 . FORMACIÓN PROFESIONAL ESPECÍFICA A formación profesional é un conxunto de accións formativas, durante un período máximo de dous cursos, que te capacitan para o exercicio dunha profesión e te preparan para o acceso ao emprego. A formación profesional ordénase segundo un grupo de ocupacións: familias profesionais que configuran un sector económico e concorren nunha mesma actividade productiva ( comuniciación, imaxe e son, electricidade e electrónica, actividades marítimo pesqueiras ....) As familias profesionais están constituídas por ciclos formativos co obxectivo de formar profesionais de cada sector profesional con maís capacitación e cualificación. Cada ciclo formativo comprende un conxunto de módulos profesionais de formación teórica e práctica. Actualmente existen 142 ciclos formativos organizados en 26 familias profesionais. Os ciclos formativos poden ser de grao medio ou de grao superior, e a súa duración é de 2000 horas, cun máximo de dous cursos académicos. Tanto os de grao medio como os de grao superior inclúen un módulo de formación en centros de traballo ( FCT ), de duración comprendida entre tres e seis meses, para o que se dispón de axudas económicas Co ciclo de grao medio acádase o título de TECNICO na profesión correspondente. NON DA ACCESO DIRECTO ÓS CICLOS DE GRAO SUPERIOR Como consecuencia da implantación dunha nova lei educativa, a lei orgánica de educación ( LOE, Lei2/2006 ) conleva , entre outras cousas, modificación nos novos currículos dos títulos Formación Profesional e de acordo co novo Marco Europeo de Cualilficacións ( 2006 ) teremos 5 niveles de cualificación: 1. Nivel I: corresponde cos Programas de cualificación profesional inicial 2. Nivel II: Ciclos de Grao Medio 3. Nivel III: Ciclos de Grao Superior 4. Nivel IV: Ensinanzas de Grao 5. Nivel V: Ensinanzas de Post-Grao 10


IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas

Departamento de Orientación

FAMILIAS PROFESIONAIS

CICLOS MEDIOS

AGRARIA

Producción agrotecnolócica

Proucción agropecuaria

Xardinería e Floraría

Traballos forestais e de Conservación do MedioNatural

Condución de actividades físico-deportivas no

ACTIVIDADES FÍSICAS E DEPORTIVAS

medio natural ARTES GRÁFICAS

MARÍTIMO-PESQUEIRAS

Preimpresión dixital

Impresión en artes gráficas

Mergullo a media profundidade

Operación, contrl e mantemento de máquinas e instalacións do buque

Operacións de cultivo acuícola

Pesca e transporte marítimo

ADMINISTRACIÓN E XESTIÓN

Xestión Administrativa

COMERCIO E MARKETING

Comercio

IMAXE E SON

Laboratorio de imaxe

EDIFICACIÓN E OBRA CIVIL

Obras de interior, decoración e rehabilitación

ELECTRICIDADE E ELECTRÓNICA

Instalacións eléctricas e automáticas

Equipos electrónicos de consumo

Instalacións de telecomunicacións

Mecanizado

Soldadura e Calderería

FABRICACIÓN MECÁNICA

• 11


IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas HOSTELERÍA E TURISMO

Departamento de Orientación •

Cociña e gastronomía

Servizos en restauración

Estética persoal e decorativa

Peiteado e estética capilar

Caracterízación

Aceites de oliva e viños

Elaboración de produtos alimentarios

Panadería, repostería e confeitaría

INFORMÁTICA E COMUNICACIÓNS

Sistemas microinformáticos en rede

INSTALACIÓN E MANTEMENTO

Mantemento electromagnético

Instalacións frigoríficas e de climatización

Instalacións de produción de calor

Carpintería e moble

Instalación e amoblamento

TRANSPORTE E MANTEMENTO DE

Carrozaría

VEHÍCULOS

Electromecánica de vehículos automóbiles

QUÍMICA

Laboratorio

SANIDADE

Coidados auxiliares de enfermería

Farmacia e parafarmacia

Emerxencias sanitarias ( só en réxime de adultos

IMAXE PERSOAL

INDUSTRIAS ALIMENTARIAS

MADEIRA, MOBLE E CORTIZA

modular ) SERVIZOS SOCIOCULTURAIS E Á

Atención a persoas en situación de dependencia

Confección e moda

COMUNIDADE TÉXTIL, CONFECCIÓN E PEL

12


IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas

Departamento de Orientación

Estructura dos títulos: Cada ciclo está formado por un conxunto de módulos ( materias ) e cada un de estes módulos vai asociado a varias unidades de competencia profesionais, que no caso de ciclos de grao medio poden ser de Nivel I ou de Nivel II, de tal xeito que se algún alumno ten cursado un PC PI, pode ter convalidada algunha destas unidades de nivel I, se gardan equivalencia. Todos os ciclos tanto medios como superiores teñen os seguintes módulos: Formación e Orientación Laboral, Formación en Centros de Traballo

( FCT) e unicamente éstos non van asociados a

unidades de competencia profesional. 6.3. AS ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL 6.3 .1 Artes plásticas e deseño Comprenden estudios relacionados coas artes aplicadas, oficios artísticos, diversas modalidades de deseño e conservación e restauración de bens culturais. A estructura é a mesma que a da FPE: ciclos formativos de grao medio e superior, de xeito que despois da ESO podes acceder ós ciclos formativos de grao medio, e despois do bacharelato podes acceder ós ciclos formativos de grao superior, aínda que só terán acceso directo os alumnos que cursasen o bacharelato de artes, o resto dos alumnos deberán facer unha proba que valorará as súas aptitudes artísticas e que consiste básicamente na realización de debuxos e bosquexos sobre temas propostos. Os centros nos que se imparten estas ensinanzas son as escolas de artes plásticas e deseño, que en Galicia, se atopan en A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Vigo e Ferrol ( estas dúas últimas de titularidade privada ). Os ciclos que se imparten nestes centros son:

A CORUÑA(ESCOL A DE ARTES PABLO PICASSO)

CM Dourado e Policromía Artísticos CS Artes Aplicadas Da Escultura Taller cerámico, oferta modular. CS Fotografía Artística CS Ilustración

SANTIAGO (ESCOLA DE

LUGO (ESCOLA DE

ARTES MESTRE MATEO) PODES

ARTES RAMÓN FALCÓN)

ESTUDAR: CS Artes Aplicadas Da Escultura CS Fotografía Artística CS Xoiería Artística CS Arquitectura Taller de xoiería, oferta modular

CM Serigrafía artística CS Gravado e Técnicas de Estampación CS Cerámica Artística CS Fotografía Artística Taller de talla artística en madeira, oferta modular. Taller de ebanistería, oferta modular 13

OURENSE ( ESCOLA DE ARTES ANTONIO FAÍLDE)

CM Ebanistería Artística CS Fotografía Artística CS Ilustración


IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas

Departamento de Orientación

6.3 .2 Música e Danza Estas ensinanzas comprenden 3 graos: A)

Elemental

Teñen unha duración de 4 anos

A idade para realizalos é de 8 ata ós 14 anos

O rematar os estudios facilítase unha certificación

Accédese mediante proba

B)

Profesional

Comprende 3 ciclos de 2 cursos cada un

Accédese mediante proba

C)

Superior

Comprende un só ciclo de 4 ou 5 anos de duración

Accédese estando en posesión do título de bacharel, ter superados os estudios correspondentes ó terceiro ciclo de grao medio e superar unha proba específica para cada especialidade

6.3.3 Ensinanzas de idiomas O estudio dos idiomas pódesse relizar a través dunha carreira universitaria ou nas Escolas de Idiomas . .A idade mínima para cursar estas ensinanzas é de 16, excepto para aqueles alumnos que durante o 1º ciclo de ESO, que tiveran como primeira lengua estranxeira unha lengua diferente á que queren estudiar Un alumno que remate o bacharelato non tería que facer o nivel básico e entraría directamente no nivel intermedio e a maiores tamén podería facer unha proba de clasificación para entrar noutro curso máis avanzado. Nestas escolas a ordenacións das ensinanzas que entrou en vigor no curso 2007/08 , estructúranse en tres niveis , con dous cursos en cada un, sendo a Equivalencia no Marco Europeo de Referencia das Lenguas:

14


IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas

Departamento de Orientación

EQUIVALENCIA NO MARCO EUROPEO DE REFERENCIA DAS LINGUAS NIVEL BÁSICO

NIVEL INTERMEDIO

Básico 1

A 1

Básico 2

A 2

Intermedio 1

B1

Intermedio 2 NIVEL AVANZADO

Avanzado 1

B2

Avanzado 2

6.3.4 Ensinanzas deportivas Teñen como finalidade a formación de adestradores, monitores e técnicos na ensinanza dos deportes. Os ciclos medios que se impaten en Galicia son: a) Técnico Deportivo en fútbol b) Técnico Deportivo en fútbol sala c) Técnico Deportivo en atletismo d) Técnico Deportivo balonmán e) Técnico Deportivo en baloncesto

7. A FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA Que é? Son programas de iniciación profesional destinados ao alumnado que non acade os obxectivos da ESO e que teñen como finalidade proporcionarlle unha formación básica e profesional que lle posibilite incorporarse á vida laboral ou proseguir os estudos posteriores. Forman parte das ensinanzas de Formación Profesional do Sistema Educativo polo que se ordenan en ciclos organizados en módulos (materias) de duración variable. Que obxectivos teñen?

15


IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas Departamento de Orientación Por un lado ofrecer unha formación básica que che permita continuar estudos nos ciclos de formación profesional de grao medio. Por outro, Iniciarte nun oficio que che posibilite incorporarte a un posto de traballo como aprendiz ou axudante. Polo tanto a formación que se recibe vai encaminada a conseguir estes dous obxectivos. Que requisitos hai que cumprir para acceder a estes programas? Debes cumprir as seguintes condicións: 1a Ter entre 15 e 17 anos cumpridos no ano de incorporación ao programa. 2a Non estar en posesión do título de ESO. 3a Ter cursado 3o de ESO e excepcionalmente 2o de ESO. 4o Ser recomendado polo equipo docente e polo Orientador. 5o Ter o consentimento do pai/nai/ titor/a legal. Canto duran ? Estes programas teñen unha duración de dous cursos académicos, e poderase estar cursando un programa durante catro anos. Os programas de Formación Básica dual poderán durar 3 cursos. Que módulos se estudan no programa? Estes programas teñen tres tipos de módulos (materias). 1. Módulos asociados ás unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais. 2. Módulos formativos comúns e académicos: A) Módulo de Comunicación e Sociedade: Lingua Castelá, Lingua Galega, Lingua Estranxeira e Ciencias Sociais. B) Módulo de Ciencias Aplicadas: Matemáticas aplicadas ao contexto persoal e de aprendizaxe dun campo profesional. 3. Módulo de Formación en Centros de Traballo. Que especialidades se poden estudar? Polo momento poderase estudar as seguintes especialidades. Servizos Administrativos Electricidade e electrónica 16


IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas Fabricación e montaxe

Departamento de Orientación

Informática e comunicación Cociña e restauración Mantemento de vehículos Agricultura e xardinería Perrucaría e estética Servizos Comerciais Carpintería e moble Reforma e Mantemento de edificios Arreglo e reparación de artigos textiles e de pel Tapicería e cortiñaxe Vidriería e alfarería Como é a avaliación e a promoción? Poderase repetir unha sóla vez cada un dos cursos, e excepcionalmente, previo informe favorable do equipo docente, poderase repetir dúas veces un dos cursos. Para promocionar ao segundo curso con módulos pendentes, éstes non deberán superar o 20% do horario lectivo semanal. No caso de pasar a 2o con pendentes deberáse realizar a matrícula nos módulos de 1o curso. Que titulación se obtén? Obtense o título Profesional Básico da familia profesional correspondente, cuxa competencia profesional será o nivel 1 do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais. Este título dará acceso directo aos ciclos de Formación Profesional de grao Medio. Non se obterá o título de ESO, pero poderase obtelo presentándose e superando a proba de avaliación final de ESO (Reválida) . No caso de non obter o título obterase unha certificación académica onde constarán os módulos superados.

17


IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas

8. AS ENSINANZAS DE PERSOAS ADULTAS

Departamento de Orientación

Se non acadaches os obxetivos da ESO, e tes 18 anos podes cursar estas ensinanzas ou excepcionalmente poderán matricularse menores desta idade cando necesiten estar escolarizados para a realización dun contrato de formación ou por ter un contrato de traballo . O ensino básico para as persoas adultas organízase en tres niveis: Nivel I, Nivel II e Nivel III, dentro dos cales podemos facer a seguinte clasificación: A)

ENSINANZAS BÁSICAS OFICIAIS

Nivel I ou de alfabetización, para adquirir as técnicas básicas de lectura, escritura e cálculo

Nivel II ou de consolidación de coñecementos e técnicas instrumentais. Está distribuído en tres módulos trimestrais

B) ENSINANZAS CONDUCENTES Á OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA •

O Nivel III organízase en catro módulos. Comprende dous anos académicos e os módulos están distribuídos do seguinte xeito: Primeiro ano: Módulo 1 ( primeiro cuadrimestre ) Módulo 2 ( segundo cuadrimestre ) Segundo ano: Módulo 3 ( primeiro cuadrimestre ) Módulo 4 ( segundo cuadrimestre )

9. ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO MEDIANTE PROBA Pódese acceder a un ciclo formativo de grao medio mediante unha proba con 17 anos que se leva a cabo todos os anos no mes de Xuño. A proba estructúrase en tres partes: 1. Parte sociolingüística: Lingua Castelá-Lingua Galega-Ciencias Sociais. 2. Parte Matemática: Matemáticas. 3. Parte científico-técnica:Ciencias da Natureza-Tecnoloxía

10. PROBA LIBRE PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA Poderán inscribirse nesta proba todos aqueles alumnos que teñan cumpridos 18 anos o día anterior a data da celebración da proba.Contidos da proba: 18


IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas Departamento de Orientación Ámbito de comunicación: Lingua Castelá-Lingua Galega-Idioma estranx. Ámbito científico-tecnolóxico: Matemáticas-Ciencias da Natureza e Tecnoloxía e aspectos relacionados coa saúde e medio natural que se recollen na área de Educación Física. Ámbito Social: Ciencias Sociais,Xª e Hª-Educación para a Cidadanía-Educación Plástica e VisualMúsica.

11. CONTIDOS DAS MATERIAS DE 4º DE ESO

Latín 1º TRIMESTRE 1. A orixe e a evolución do latín. Clasificación das linguas indoeuropeas. 2. Abecedario e a pronunciación clásica e posclásica do latín. A regra da penúltima sílaba. Diferenza entre vocais breves e longas. 3. O latín como lingua flexiva. Os casos e os seus principais valores sintácticos. Recoñecemento das diferenzas e similitudes básicas entre a estrutura da lingua latina e a das linguas romances utilizadas polo alumno. 4. Clases de palabras. A flexión nominal e verbal. Recoñecemento das categorías gramaticais da flexión latina e comparación cos elementos flexivos das linguas actuais. 5. Compoñentes grecolatinos nas linguas romances. Identificación de lexemas, sufixos e prefixos grecolatinos usados na propia lingua: préstamos, derivación, composición e analoxía como mecanismos de enriquecemento do vocabulario. 6. O significado etimolóxico das palabras como guía para a adecuada utilización do vocabulario. 7. O marco xeográfico e histórico da sociedade romana. Gallaecia e o resto da Hispania. As vías romanas de Hispania e as grandes vías modernas: medio de difusión dunha civilización uniforme, de unidade política e económica e de relación humana. Uso de fontes primarias e secundarias para coñecer o pasado. 8. Lectura e interpretación de textos en latín de dificultade progresiva creados nunha variedade de contextos e situacións en que as palabras e as estruturas teñan sentido, de tal xeito que todo se deduza, sen ambigüidade, do contexto en que aparezan. 2º TRIMESTRE 19


IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas Departamento de Orientación 1. Clases de palabras. A flexión pronominal. Recoñecemento das categorías gramaticais da flexión latina e comparación cos elementos flexivos das linguas actuais. 2. Definición de palabras a partir dos seus étimos. 3. vocabulario da ciencia e da técnica. Os étimos gregos e latinos nas terminoloxías específicas. O significado etimolóxico das palabras como guía para a adecuada utilización do vocabulario. 4. Latinismos e locucións latinas. Recoñecemento das expresións latinas incorporadas á lingua falada e escrita. 5. As institucións e a vida cotiá. Ocio e negocio. Relación entre o relixioso e o festivo. Interpretación dos seus referentes desde a nosa perspectiva sociocultural. Comparación e análise crítica das estruturas sociais e familiares. 6. As pegadas materiais da romanización: o foro e a arquitectura do ocio en relación coa concepción do urbanismo posterior, a importancia do arco e a bóveda na arquitectura posterior. Valoración da conxunción da magnificencia e o xenio práctico. Emprego dos medios audiovisuais e das TIC para coñecer o patrimonio artístico e arqueolóxico. Observación directa. O papel de Roma na historia de Occidente, o patrimonio arqueolóxico, artístico e literario. Coñecemento especial do herdado en Galicia. 7. Lectura e interpretación de textos en latín de dificultade progresiva creados nunha variedade de contextos e situacións en que as palabras e as estruturas teñan sentido, de tal xeito que todo se deduza, sen ambigüidade, do contexto en que aparezan. 3º TRIMESTRE 1. As estruturas oracionais básicas. A concordancia e a orde flexible de palabras. Nexos coordinantes máis frecuentes. 2. Valoración da lingua latina como principal vía de transmisión e continuidade do mundo clásico e instrumento privilexiado para unha comprensión profunda do sistema das linguas romances. 3. Latín culto e latín vulgar: lingua de cultura e lingua de comunicación. O proceso de redución morfolóxica e sintáctica no latín vulgar. A formación das linguas romances. Análise dos procesos de evolución das linguas romances. 4. A evolución fonética. Termos patrimoniais, semicultismos e cultismos. Explicación dos cambios fonéticos máis frecuentes. Relación semántica entre palabras dunha mesma raíz latina e 20


IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas evolución fonética diferente.

Departamento de Orientación

5. A achega léxica do latín ás linguas modernas non derivadas del. 6. Os temas e argumentos mitolóxicos na literatura e nas artes plásticas e visuais. Recoñecemento de elementos da mitoloxía clásica en manifestacións culturais de todo tipo e interpretación do seu significado. 7. Lectura e interpretación de textos en latín de dificultade progresiva creados nunha variedade de contextos e situacións en que as palabras e as estruturas teñan sentido, de tal xeito que todo se deduza, sen ambigüidade, do contexto en que aparezan.

Cultura Clásica Todo o que somos o mundo occidental non é mais ca o produto do que fixeron hai case tres mil anos os homes duna pequena vila de Italia, Roma. Nos deixaron, non so a súa obra, senón que tamén actuaron como vehículos de transmisión da cultura doutro pobo, o grego. Ambas culturas se fundiron no que hoxe coñecemos como mundo clásico A lingua, a relixión cristiá, a literatura, as artes, os espectáculos, as técnicas de guerra, o dereito, a inxenería, a mitoloxía son herdanzas dese pobo, que se estendeu por todo o mundo coñecido e incluso lle deu nome a esta parte, onde para eles se acababa a terra, Finisterrae. O que tratamos de conseguir en cultura clásica é que o alumno se achegue a todos eses aspectos da cultura destes pobo e perciba a pervivencia deles no mundo actual. 1º TRIMESTRE · O mito fronte á razón: o espazo xeográfico mítico fronte ao real. A lenda fronte á historia. O pensamento mítico fronte ao lóxico. O heroe fronte ao home. A guerra de Troia. A lenda de Rómulo e Remo. · A pervivencia da mitoloxía clásica. · A relixión en Grecia e Roma. · Linguas clásicas e a súa orixe. Sistemas de escritura. Do alfabeto ao abecedario. As familias lingüísticas. O indoeuropeo. As linguas romances. As linguas flexivas. A evolución das linguas. O latín como orixe de galego e castelán.

21


IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas

Departamento de Orientación

2º TRIMESTRE · A infancia no mundo clásico. A educación. · A muller en Grecia e en Roma. O matrimonio. A vestimenta. · O home no mundo clásico. O traballo. A xornada diaria. A vestimenta. A comida. · A organización e o cómputo do tempo. · O vocabulario. Palabras patrimoniais, semicultismos, cultismos, latinismos, helenismos, prefixos, sufixos. Palabras procedentes doutras linguas: razón lingüísticas, históricas e culturais. 3º TRIMESTRE · A arte clásica. Restos arqueolóxicos. · Xogos e espectáculos. · Romanización de Europa: historia dun proceso. A supervivencia da cultura indíxena: ritos ligados aos ciclos da natureza, festas, topónimos, tradicións... · As fontes: as literaturas grega e romana: características xerais. Semellanzas e diferenzas. A literatura clásica e a súa continuidade en Europa. Os principais xéneros. INICIACIACIÓN Á ELECTRICIDADE ELECTRÓNICA OBXECTIVOS ESPECIFICOS: 1. Estudar as tecnoloxías de produccion, distribucción e consumo de enerxía eléctrica. 2. Analizar aparatos e compoñentes eléctricos e electrónicos. 3. Estudar as características dos diferentes tipos de condutores empregados nas instalacións eléctricas domésticas. 4. Comprender o funcionamento dos sistemas de mando e protección das instalacións eléctricas dunha vivenda. 5. Realizar cálculos sinxelos en circuítos eléctricos elementais. 6. Interpretas esquemas e símbolos empregados na representación de instalacións eléctricas. 7. Analizar con sentido crítico o uso racional dos sistemas eléctricos e electrónicos. 22


IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas

Departamento de Orientación

8. Coñecer e aplicar as normas básicas de seguridade nas instalacións eléctricas e a aplicación de normas de hixiene e seguridade na manipulacion de ferramentas e materiais. 9. Explicación e interpretación das tarifas eléctricas. Os obxectivos da materia atenden aos seguintes fins: 1. Dar una base para continuar estudos no Bacharelato Tecnolóxico e Científico. 2. Orienta e forma aos alumnos que opten por Ciclos Formativos relacionados coa electricidade e electrónica. 3. Dar confianza aos alumnos nas súas habilidades relacionadas co manexo de ferramentas, materiais, etc. Contidos: 1. A enerxía 2. Electricidade estática. 3. Corrente eléctrica. 4. Liñas de distribucción 5. Transformadores. 6. Circuítos eléctricos básicos. 7. Xeradores de corrente. 8. Circuítos usados habitualmente nas vivendas. 9. Aparatos de mando e protección. Metodoloxía: Alternaremos as clases teóricas e prácticas, dando maior importancia ás prácticas. Como mínimo o 70 % das clases serán prácticas.

23


IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas

Departamento de Orientación

Obradoiro de iniciativas emprendedoras Ten como obxectivo iniciar ao alumnado no coñecemento da importancia social e económica das persoas emprendedoras, a idea de empresa e o valor e utilidade da realización dun proxecto empresarial. Bloque I A persoa emprendedora: habilidades e calidades persoais, sociais e empresariais. O traballo en equipo: concepto e clases de equipos. Vantaxes e inconvenientes do traballo en equipo. Roles dentro dos equipos de traballo. Dinámicas de grupo. O proceso de comunicación na empresa. Comunicación verbal e non verbal. Habilidades e técnicas de comunicación. A escoita activa, a empatía e a asertividade. A función de dirección. Niveis directivos. O comportamento do directivo: teorías X, Y e Z. O liderado: teorías e estilos. Bloque II A solución de conflitos e a negociación. Elementos do proceso negociador. Fases e estilos de negociación. O proceso de toma de decisións: fases e ferramentas. Factores do macroentorno empresarial: xurídico-económicos, sociais, tecnolóxicos, políticos, do entorno natural e de recoñecemento social. Factores do microentorno empresarial: provedores, clientes, distribuidores, competencia, entidades financeiras e socios. Xeración e formulación da idea emprendedora. O pensamento creativo. Técnicas para estimular a creación de ideas. Inicio do proxecto de empresa. A actividade da empresa e os promotores. Investigación de mercados. Fontes de información primarias e secundarias. Investigación cuantitativa e cualitativa. Ferramentas de investigación: enquisas, observación e experimentación. Viabilidade do proxecto: técnica, institucional, persoal e financeira.

24


IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas

Departamento de Orientación

Bloque III O plan de marketing. Obxectivos e estratexias. O marketing mix: produto, prezo, promoción e distribución. O plan de organización e recursos humanos. Viabilidade persoal do proxecto de empresa. Deseño da organización da empresa. Xestión de recursos humanos: contratación de persoal e plan de formación. Plan económico-financeiro. Fontes de financiamento. Investimentos. Viabilidade económicofinanceira. O balance e o plan de tesourería. Área xurídica do proxecto: forma xurídica da empresa, protección xurídica, permisos e licenzas. A prevención de riscos laborais. Avaliación e control do proxecto.

25


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.