2014
Muller escríbese con “i” de igualdade “Mulleres e homes libres e iguais” É necesario construir unha sociedade máis xusta e igual para mulleres e homes, nenos e nenas e este proxecto nace coa idea de contribuir a dito obxectivo, aprendendo aos mozos e ás mozas que unha relación entre iguais, alonxada de todo tipo de violencia e respectuosa, axuda a convertilos en persoas máis completas e felices.
IES “LUÍS SEOANE”- PONTEVEDRA 07/06/2014
“Daquelas que cantan as pombas i as frores todos din que teñen alma de muller, pois eu que n’as canto, Virxe da Paloma, ¡ Ai!, ¿de que a terei?” Rosalía de Castro in Follas Novas, 1880
ÍNDICE 1. 2. 3. 4.
XUSTIFICACIÓN CONTEXTO DO CENTRO ANTECEDENTES DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO NO CURSO 2013/2014 A) Presentación B) Obxectivo Xeral C) Obxectivos específicos para Dona de Sí D) Obxectivos específicos para 365 Días de Respecto e Igualdade E) Competencias traballadas F) Metodoloxía G) Áreas e niveis involucrados 5. DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO “365 Días de Respecto e Igualdade” Contidos traballados 1º Trimestre : Que Pasa? 2º Trimestre: Por que pasa? 3º Trimestre: Como pasa? Actividades 6. DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO “Dona de sí” Contidos traballados 1º Trimestre 2º Trimestre 3º Trimestre Actividades Desenvolvemento específico para o PDC 3º. Atención á diversidade 7. AVALIACIÓN 8. PRODUTOS ELABORADOS 9. BIBLIOGRAFÍA 10. WEBGRAFÍA 11. VIDEOGRAFÍA 12. PELÍCULAS 13. PARA SABER MÁIS
1. XUSTIFICACIÓN A igualdade entre mozas e mozos, homes e mulleres está contemplada no noso ordenamento xurídico e a “igualdade” como principio aparece recollida na Constitución Española de 1978 e nos acordos asinados polo goberno a nivel internacional: “Declaración Universal do Dereitos Humanos”. Falar de dereitos das mulleres, das mozas e das nenas e dignificar o seu papel no mundo, promover o seu empoderamento, dar cumprimento á carta Mundial das Mulleres e aos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM). Fronte a isto, a historia da humanidade é a historia da desigualdade entre mulleres e homes, desigualdade baseada na inxustiza, na violencia, no control económico e na discriminación dun sexo sobre outro, xustificándose a través de compendios relixiosos, filosóficos, legais e culturais que certificaban e certifican a inferioridade das mulleres, limitando ao tempo a súa liberdade, os seus dereitos e a súa capacidade de decisión. 2. CONTEXTO DO CENTRO O noso centro, o IES Luís “Seoane” atópase no barrio de Monte Porreiro de Pontevedra, un barrio de aluvión nacido nos anos 70 e que, iniciamente, presentou graves problemas asistenciais, culturais ou educativos. Esta situación foi cambiando ao longo dos anos grazas ao labor do movimiento veciñal, á atención prestada polo Concello e aos Programas de Intervención Comunitaria. Hoxe en día conta, de ámbito público, con unha Escola Infantil (de 0 aos 3 anos), outra de Educación Infantil (de 3 aos 5 anos), una Colexio de Primaria e o Instituto de Ensino Secundario que oferta diversos niveis educativos: Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional de grado medio e superior. Tamén atópase no barrio a sede da Universidad Nacional a Distancia (UNED), e un Centro de Atención a alumnas e alumnos con discapacidade. Ademais conta cunha Casa da Cultura e un Centro de Saúde. É un barrio de, aproximadamente 8.000 habitantes, cunha abundante poboación xoven, de nivel económico baixo ou medio-baixo, con unha importante presenza de familias monoparentais, entre as que destacan mulleres con fill@s, de baixo nivel educativo e traballos pouco cualificados e en precario. Na actualidade a crise está golpeando fortemente no barrio. Outro trazo esencial do mesmo é a importante presenza da comunidade xitana, marroquí e latina.
O noso centro responde ás características do propio barrio e respecto ao traballo en prol da igualdade non debemos perder de vista certas peculiariedades: o número significativo de alumnado xitano, marroquí e latino. Mozas e mozos procedentes do Centro de Acollida “Príncipe Felipe”con historias familiares complicadas. Desde a súa fundación aceptou un compromiso por unha escola pública, integradora, diversa, de calidade e que fixera realidade a igualdade de oportunidades, compromiso reforzado coa súa incorporación á Rede de Escolas Asociadas á UNESCO en 1997. 3. ANTECEDENTES Ao comezo do curso 2012/2013 plantexámonos a necesidade de traballar de xeito sistemático pola igualdade entre mozas e mozos fronte a unha realidade teimuda e con comportamentos resistentes ao cambio e cunha volta atrás a posición moi conservadoras no ámbito social. Así que deseñemos o proxecto “Muller escríbese con “I” de igualdade” para traballar conxuntamente co IES “Pazo da Mercé” de As Neves e o IES “Pedra da Auga” de Ponteareas e incorporámonos ao Plan Proxecta da Xunta de Galicia nos programas Galicons.net e Quérote+. Un relato exhaustivo das actividades do curso pódese atopar en: http://issuu.com/luisa-marquez/docs/muller_escr__bese_con 4. DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO NO CURSO 2013/2014 A. PRESENTACIÓN Ao comezo de curso, plantexámonos a necesidade de dar continuidade ao proxecto xa que entendemos que o cambio nos comportamentos e nas actitudes é un proceso lento e educar e vivir en igualdade require un compromiso permanente por parte de toda a comunidade educativa. O que xa tiñamos percibido é o interés amosado por parte do alumnado, a participación das familias e do profesorado e el papel xogado polo mesmo na mellora da convivencia e das relacións entre as mozas e os mozos. Este curso presentamosde novo ao Plan Proxecta da Xunta de Galicia, dúas propostas, unha ligada ao empoderamento da muller, programa “Dona de sí” e outra á prevención da violencia de xénero, programa “365 días de respecto e igualdade”.
B. OBXECTIVO XERAL Promover o empoderamento da muller recoñecendo as súas aportación ao campo da ciencia, a educación ou a cultura e promover a loita contra a violencia de xénero no marco das relacións entre mozas e mozos. C. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS PARA “DONA DE SÍ” Reflexionar sobre o pasado, recordando ás mulleres que ao longo da historia se rebelaron contra un destino inxusto, loitando polos seus dereitos e contribuíndo ao desenvolvemento da humanidade. Poñer en valor o papel das mulleres galegas no desenvolvemento. Coñecer e difundir o papel das mulleres galegas no desenvolvemento. Coñecer e difundir o papel das mulleres na cultura, a ciencia, a política, a empresa. Sensibilizar sobre a existencia de un teito de cristal na participación da muller. Coñecer a loita das mulleres pola súa emancipación. Recoñecer a importancia da muller na escrita galega desde unha perspectiva diacrónica; Idade Media, Séculos Escuros, Rexurdimento (Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán). D. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS PARA “365 DÍAS DE RESPECTO E IGUALDADE” Revisar estereotipos, pensar novos modelos de ser muller e de ser home. Reforzar as relacións de xénero desde o respecto, a corresponsabilidade e o recoñecemento mutuo. Aprender que a igualdade nos beneficia a todas e todos, poñendo en valor non só o espazo público senón tamén o ámbito familiar e persoal. Recoñecer que a igualdade é imprescindible para o benestar dos pobos e sen a plena participación das mulleres non se pode acadar. Aprender a atopar un equilibrio entre a vida laboral, privada, social e persoal. Impulsar a corresponsabilidade nas tarefas domésticas.
E. COMPETENCIAS TRABALLADAS Todo o proxecto, nas súas diferentes fases, culmina coa elaboración de produtos que reforzan de maneira significativa algunhas das competencias básicas e o desenvolvemento de valores pro-socias. No campo das competencias sinalamos: a. A competencia en comunicación lingüística en galego, castelán e inglés. b. A competencia cultural e artística, expresión dramática, canto, artes plásticas. c. Autonomía e iniciativa persoal, reforzando a autoestima e a capacidade de superar os retos. d. Competencia para aprender a aprender. e. Competencia dixital: elaboración de videos, arquivos fotográficos, presentacións informáticas, carteies dixitais, etc. f. Competencia social e cidadá: a igualdade é un valor que permite o desevolvemento dunha sociedade máis xusta, equitativa e feliz. No campo dos valores pro-socias, resaltamos: a. A capacidade para traballar en equipos diversos. b. O ser capaz de chegar a acordos e consensos. c. A responsabilidade na tarea individual e colectiva para poder chegar a resultados compartibles. d. O valor do diálogo para solucionar os conflitos. e. A superación das dificultades. f. O funcionamento democrático. g. A solidariedade coas persoas diferentes e de idades diversas. h. A capacidade de integrar e de non rexeitar. i. A aceptación das diferentes opción sexuais e modos de vida. F. METODOLOXÍA Será unha metodoloxía activa, socio-afectiva, baseada no traballo cooperativo en equipos interdisciplinares e en comunidades de aprendizaxe, nas que participarán estudantes de diferentes niveis educativos, profesoras e profesores de diferentes áreas, nais e país, persoal non docente, persoas externas, expertas e expertos no mundo laboral, cultural e de prevención da violencia de xénero.
G. ÁREAS E NIVEIS INVOLUCRADOS As dúas propostas teñen niveis e áreas de participación que se mesturan aínda que debemos suliñar o feito de que o traballo realizado en prol da igualdade se estendeu como unha marea por todo o centro e acabou invlucrando a niveis inicialmente non contemplados nas mesmas. Así o proxecto “365 días de respecto e igualdade” naceu ligado aos:
Ciclo formativo de garo medio de Comercio Educación Secundaria Obrigatoria: 3º e 4º
E no de “Dona de sí”:
Educación Secundaria Obrigatoria: 3º e 4º PDC 3º Bacharelato: 1º e 2º
No desenvolvemento do mesmo incorporouse 2º de Educación Secundaria Obrigatoria e estudantes de 1º de ESO integrantes do Comité. Áreas involucradas:
Lingua e Literatura Galega Filosofía Tecnoloxía Economía Xeografía e Historia Antropoloxía Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras Ética Historia do Mundo Contemporáneo Historia e Xeografía de Galicia
5. DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO “365 DÍAS DE RESPECTO E IGUALDADE” Contidos traballados o Que entendemos por igualdade o Igualdade real e igualdade legal: identificanse? o Os avances en igualdade: novos comportamentos sociais o Estereotipos de xénero o Novas masculinidades o A violencia de xénero: Alternativas
o o o o o o
Análise dos países máis perigosos para ser muller A violencia de xénero no noso país A violencia nas relacións entre mozas e mozos: Alternativas O papel da publicidade na transmisión da desigualdade O papel da igrexa na desigualdade de xénero A lexislación autonómica, nacional e internacional sobre os dereitos das mulleres e a igualdade de xénero o O papel da mocidade no cambio Secuencia 1º Trimestre. A) Inicio do proxecto Ao comezo do curso 2013/2014 presentamos o proxecto aos grupos participantes. As claves recolléronse nun power point que se colgou nos seus blog. http://www.slideshare.net/alcoipontevedra/plan-proxecta365-das Coñecemos a realidade das mozas e mozos españois a través dunha enquisa realizada entre os seus compañeiros e compañeiras por Vanessa e Zoe(4º ESO). Os resultados recolléronse nunha presentación. http://www.slideshare.net/alcoipontevedra/xvenes-espaois E Alba e Carla (4º ESO) investigaron como a igualdade se vive entre as mozas e os mozos. http://www.slideshare.net/alcoipontevedra/igualdade-entre-rapaces-e-rapazas Neste primeiro trimestre analizamos QUE PASA? Nos centramos en catro ámbitos fundamentais.
Igualdade real e igualdade legal van da man? Investigamos se os comportamentos responden aos valores de igualdade Usamos os medios de comunicación para descubrir situacións de desigualdade As novas masculinidades A violencia contra as mulleres e as nenas
Tras o proceso investigativo, fíxéronse as presentación públicas, e nas discusións e debates posteriores fumos quen tirar conclusións e de detectar importantes áreas de desigualdade na sociedade que nos rodea. Conclusión: “A violencia contra as mulleres é unha realidade en todos os países e en
todos os grupos sociais e é responsabilidade de tod@s combatila e decirlle NON. 2º Trimestre POR QUE PASA? Neste trimestre traballamos fundamentalmente en dous aspectos:
Pervivencia de ideoloxías, crenzas e comportamentos que reforzan a desigualdade. Leis de igualdade.
Presentáronse os resultados das investigación públicamente e tiráronse conclusións. Algúns dos resultados das investigación podemos atopalos nos seguintes link: http://www.slideshare.net/alcoipontevedra/dona-de-s-35622746 http://www.slideshare.net/alcoipontevedra/carlos-emma-alicia-sociales-2 http://www.slideshare.net/alcoipontevedra/dona-de-si-35622643 http://www.slideshare.net/alcoipontevedra/dona-de-s-35622354 http://www.slideshare.net/alcoipontevedra/o-movemento-feminista-35622305 http://www.slideshare.net/alcoipontevedra/nuevo-presentacin-de-microsoft-powerpoint-35622291 http://www.slideshare.net/alcoipontevedra/dona-de-s http://www.slideshare.net/alcoipontevedra/a-muller-na-relixin http://www.slideshare.net/alcoipontevedra/dona-de-si-35621905
3º Trimestre COMO PASA?
Violencia de xénero Desigualdade nas oportunidades Pervivencia de estereotipos sobre o que é ser home e ser muller
Investigacións, presentación dos resultados e difusión das claves do comportamento humano e das relacións interpersonais.
Actividades Traballos de investigación cooperativos e interdisciplinares Coñecer e debatir sobre documentos diversos:
Participación na campaña de Nacións Unidas “Di No á Violencia contra as Mulleres” (do 25 de Novembro ao 10 de Decembro) http://www.slideshare.net/alcoipontevedra/exposicin-25-de-novembro http://www.slideshare.net/alcoipontevedra/declaracin-universal-dosdereitos-humanos e viste de laranxa o planeta. Participaron estudantes de todos os niveis educativos.
Exposición e Obradoiro “Cartas de amor” Obradoiro a cargo da policía nacional ”A prevención da violencia na rede”
Qué habría ocurrido en este país si el año pasado hubiesen sido asesinados 68 futbolistas …” Autora: Nuria Varela. Podes ver o artigo completo en: http://issuu.com/luisamarquez/docs/qu___habr__a_ocurrido_en_este_pa__s/ 3?e=3903650/765500 Participamos na Campaña internacional “Bring Back our girls” https://www.youtube.com/watch?v=1AAKOMsWAW0
Exposición: “As mulleres e os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio”
6. DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO “DONA DE SÍ” a) Contidos traballados
O papel da muller ao longo da historia O papel da muller no ámbito público e privado O papel da relixión, a filosofía e a lei na súa proxección O movimento feminista Leis de igualdade no ámbito europeo Desigualdade no ámbito laboral Participación da muller no ámbito social, laboral, político e as dificultades coas que se enfronta Mulleres galegas campesiñas e mariñeiras O papel da muller no desenvolvemento A muller nos cancioneiros A muller nos século oscuros O Rexurdimento: Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán A Real Academia Galega
b) Secuencia 1º trimestre 1ª FASE Investigamos o papel da muller ao longo da historia, o seu papel público e privado. O papel das ideoloxías e crenzas na súa proxección. O movimento feminista. http://www.slideshare.net/alcoipontevedra/o-papel-da-muller-ao-largo-da-historia http://www.slideshare.net/alcoipontevedra/dona-de-si-35622002 http://www.slideshare.net/alcoipontevedra/o-movemento-feminista http://www.slideshare.net/alcoipontevedra/dona-de-s-35622746 Lectura da obra “A condessa rebelde” polo grupo de teatro Fiúncho, trátase de facer unha interpretación do papel da muller ao longo do século XX, tomando como punto de partida a proposta. Escritura do guión e inicio dos ensaios.
2º trimestre 2ª FASE Neste trimestre, coincidindo coa celebración do 8 de Marzo, traballouse sobre as leis de igualdade, a participación da muller no ámbito laboral, social e político e as dificultades coas que se enfronta. Tamén fixéronse investigacións sobre mulleres galegas campesinas e mariñeiras asi como de outras profesións; carpinteira, queixeira, mestra. http://www.slideshare.net/alcoipontevedra/carlos-2c http://www.slideshare.net/alcoipontevedra/alicia-estevez http://www.slideshare.net/alcoipontevedra/a-muhler-no-mundo-rural-30105062 http://www.slideshare.net/alcoipontevedra/traballo-angel-e-fran http://www.slideshare.net/alcoipontevedra/trabajo-wenceslao http://www.slideshare.net/alcoipontevedra/marisqueo http://www.slideshare.net/alcoipontevedra/mariscadoras-de-allns
Ou o papel da muller no desenvolvemento ou a “figura da muller na obra de Luís Seoane” http://www.slideshare.net/alcoipontevedra/traballo-de-borja-e-nico http://www.slideshare.net/alcoipontevedra/dona-de-s-35622598 Proseguiron os ensaios e a montaxe da obra “Mulleres, mulleres” http://www.slideshare.net/alcoipontevedra/igualdade-de-xnero-entre-xvenes 3º Trimestre 3ª FASE As preguntas plantexadas foron: Que podemos facer para cambiar? Cal é o papel da mocidade no cambio? Realizáronse debates por níveis e tiráronse conclusións. Falamos de o “empoderamento das mulleres e de como rachar o “teito de cristal”. http://www.slideshare.net/alcoipontevedra/victor-victor-vanesa-y-zoe http://www.slideshare.net/alcoipontevedra/presentacin1-35763598
http://www.slideshare.net/alcoipontevedra/nerea-sanmartnalbacorredoiracarlosricardo http://www.slideshare.net/alcoipontevedra/alba-martimeznerea-fernandezeli-y-carla http://www.slideshare.net/alcoipontevedra/violencia-de-xnero-35876061 http://www.slideshare.net/alcoipontevedra/365-das http://www.slideshare.net/alcoipontevedra/365-das-de-respeto-e-igualdade http://www.slideshare.net/alcoipontevedra/nuevos-modelos-de-familia-mara-y-rika http://www.slideshare.net/alcoipontevedra/discriminacin-pola-orientacin-sexual http://www.slideshare.net/alcoipontevedra/afectos-e-emocins-o-amor-romntico
ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS Desenvolvemento dos proxectos investigativos
Presentacións públicas dos traballos realizados Exposición 8 de Marzo: Digamos NON á desigualdade salarial Charlas coloquio na Biblioteca: “Memoria de Mulleres”con Dona Araminta
Márquez, Dona Mª Teresa Justo e Dona Maruja Santomé.
http://www.slideshare.net/alcoipontevedra/semana-da-muller-35783724 Exposición “MullerEmprende” da Secretaría Xeral de Igualdade
Libro de Receitas “a comida máis rica do mundo é ______________________ que cociña a miña avoa As Mulleres na obra de Luís Seoane Obra de Teatro “Mulleres, mulleres”
Visita ás Casas de Emilio Pardo Bazán e María Pita na Coruña asemade a
Academia Galega da Lingua.
Secuencia para o grupo de 3º PDC O grupo de PDC presenta unhas caraterísticas específicas e por isso adaptou-se o proxecto ás súas particulariedades. 1.- INTRODUCIÓN O curso de 3º ESO D, Programa de Diversificación Curricular, está composto de tres alumnos e tres alumnas, repetidores, con diferentes graos de coñecemento e particularidades situacións de aprendizaxe, que nunha das aulas habituais estarían destinados ao fracaso escolar. É por iso que este curso se organiza de xeito especial no relativo á denominación das materias, aos contidos, á metodoloxía e á temporalización. No noso caso, a materia de Ámbito Lingüístico Social (ALS) desenvólvese durante nove sesións semanais de 50 minutos nas que se estudan unidades didácticas relativas a: - a xeografía física - a xeografía económica - a política - as linguas galega e castelá - a literatura galega e castelán 2.- OBXECTIVOS Os obxectivos fundamentais da participación no proxecto “Donas de Si” por parte do curso de 3º ESO D, son: 2.1 Recoñecer a importancia da muller na escrita galega desde unha perspectiva diacrónica; Idade Media, Séculos Escuros, Rexurdimento (Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán). 2.2 Analizar o papel da muller na Real Academia Galega. 2.3 Integrar o proxecto no currículo de 3º ESO. 2.3 Desenvolver “Donas de Si” de xeito interdisciplinar dentro do Ámbito Lingüístico Social. 3. BLOQUES DE CONTIDO (RESUMO) 3.1 A MULLER NOS CANCIONEIROS
Analizáronse cantigas de amigo, de amor e de escarnio e maldizer: na cantiga de amigo, o trobador pon en boca de moza sentimentos relacionados coa ausencia do seu namorado e moitas veces a muller diríxese a uns confidentes femeninos (a nai, as irmás, as amigas, as ondas…) dentro dun ambiente a miúdo doméstico; na cantiga de amor a voz do home idealiza a dona até o máximo establecéndose comparacións entre as cualidades das mulleres (sempre relativas ao seu “bon sentido” e aos seus “valores morais” ou á súa “fermosura física”) mentres que o se trobador mostra como un suplicante ante a “senhor”, como se dun vasalo se tratase; e na cantiga de escarnio e maldizer, calquera muller é obxecto de burla máxima, acusándoa sempre de promiscuidade (mulleres, soldadeiras, relixiosas). Todas as composicións poéticas da Idade Media son escritas por homes. 3.2 OS SÉCULOS ESCUROS Durante os séculos XVI, XVII e XVIII pouco uso escrito tivo a lingua galega. Podemos resumir a produción literaria desta época baixo o epígrafe de mostras literarias: vilancicos, un entremés teatral, dúas cartas en prosa, poesía popular e poesía culta. Dentro da poesía culta encontramos as composicións das Festas Minervais, as Décimas ao Apóstolo Santiago e catro únicas composicións poéticas de tipo renacentista e barroco. É precisamente dentro destas catro composicións onde encontramos un único poema de autoría feminina: o Soneto da Condesa de Altamira, de tipo renacentista, escrito pola propia Isabel Castro e Andrade. Tematicamente, poucas novidades na consideración da muller ofrecen o resto de textos da época e as figuras que se ensalzan serán sempre ou santas ou nobres: a Virxe María, Santa Teresa de Xesús, a Raíña Margarida. 3.3 O REXURDIMENTO 3.3.1 ROSALÍA DE CASTRO Rosalía de Castro (1837-1885) toma a pluma en Cantares gallegos para, conscientemente, realizar unha defensa furibunda fronte aos ataques que se reciben de Castela en tres aspectos fundamentais: a lingua galega, o pobo galego, a Terra galega. Trato igualitario e respectuoso para a lingua, as xentes e a Terra serán as demandas fundamentais da autora do Rexurdimento. A aceptación desta obra foi plena por parte do público debido á fácil comprensión que presenta e á identificación dos lectores (e lectoras) cos temas expostos. En Follas novas, a escritora irá un paso máis adiante ao tomar a bandeira das reivindicaciones femininas: o dereito da muller a ter “outros” sentimentos (o dereito á felicidade, a suicidarse, a non crer en Deus, a sentir a saudade ontolóxica propia do ser
humano), o dereito a rebelarse contra as inxustizas, o dereito a cuestionarse sobre o sentido da propia existencia humana, e por riba de todo, o dereito da muller a escribir nun idioma desprestixiado e minusvalorado. Por atreverse a entrar en temáticas “propias da intelixencia masculina” en todas esas poesías que habitan en Follas novas, a autora foi repudiada polos seus contemporáneos, tanto que se negará a volver a escribir en galego (iso si, en En las orillas del Sar, os contidos serán os mesmos pero esta vez en castelán). 3.3.2 EMILIA PARDO BAZÁN Emilia Pardo Bazán (1851-1921) foi a personalidade que se nos visibilizou con máis forza durante a nosa visita á Coruña, onde aprendemos da súa personalidade innovadora e o seu pensamento fondamente reivindicativo que a afastan dos estereotipos propios da muller escritora da época. Os logros conseguidos por ela inician a emancipación feminina: “fóra miriñaques e corsés”. 3.4 A REAL ACADEMIA GALEGA No piso inferior da casa de Emilia Pardo Bazán, na rúa Tabernas nº 11, encontramos a sede actual da RAG. Coñecemos o Salón Plenario e informóusenos da actividade, sección e membros que integran esta institución fundada en 1906 cuxo primeiro presidente foi Manuel Murguía, o home de Rosalía de Castro. Tamén coñecemos as catro clases de Académicos existentes (de honra -10-, numerarios -40-, supernumerarios -sen límite- e correspondentes - até un máximo de 60) e as cinco Seccións denominadas: de Matemáticas, Física e Física do Cosmos, de Química e Xeoloxía, de Farmacia e Bioloxía, de Ciencias Técnicas e de Ciencias Sociais e Económicas. 4. CONCLUSIÓNS A XEITO DE AVALIACIÓN A reflexión á que nos levou a participación no proxecto “Donas de Si” pretende concluír cunha avaliación que sintetiza as ideas analizadas diacronicamente en dous grupos: negativas (aquelas que manteñen unha visión tradicional e chea de estereotipos arredor da muller) e positivas (aquelas que suponen unha ruptura por querer facela visible). 4.1 NEGATIVAS
- A cantiga de amigo está protagonizada por mozas namoradas en ambientes domésticos e son obxecto de amor, pero esta muller nunca presenta outras preocupacións fóra das amorosas. - A cantiga de amor presenta unha muller ideal e tópica para a época. - A cantiga de escarnio e maldizer ofende a muller outorgándolle a sátira máis atroz só polo feito de que mantén relacións sexuais. - No século XIX, mentres unha muller escriba sobre contidos “lixeiros” todo está ben; cando unha muller escribe sobre contidos “profundos, vedados á nula intelixencia feminina”, a sociedade vaina repudiar de inmediato (e moito máis se o fai nun idioma minorizado). - Emilia Pardo Bazán non puido ser membro da Real Academia Española, institución vedada ás mulleres. - A Real Academia Galega só homenaxeou a tres mulleres no Día das Letras Galegas desde a súa creación en 1963: - Rosalía de Castro (1963) - Francisca Herrera Garrido (1987), a primeira académica electa da RAG - María Mariño (2007), a “dinamiteira da fala” - A Real Academia Galega presenta na Comisión Executiva actual dúas mulleres: Rosario Álvarez Blanco (como Tesoureira) e Margarita Ledo Andión (como Arquiveirabibliotecaria). Os outros tres cargos (Presidente, Secretario e Vicesecretario) están ocupados por Xesús Alonso Montero, Henrique Monteagudo Romero e Andrés Torres Queiruga, respectivamente. - Na páxina web da institución utilízanse os termos de “Tesoureiro” e “Arquiveirobibliotecario”. - Desde a súa fundación, só sete mulleres formaron parte da RAG, as dúas primeiras xa falecidas: - Francisca Herrera Garrido: ingresa en 1945 cun discurso pronunciado sobre Rosalía de Castro. É a primeia muller que utiliza a lingua galega no xénero da narrativa, tanto de ficción (novela) como de non ficción (ensaio) - Olga Gallego Domínguez: ingresa en 1986 - Luz Pozo Garza: ingresa en 1996 - Xohana Torres Fernández: ingresa en 2001
- Rosario Álvarez Blanco: ingresa en 2003 - Margarita Ledo Andión: ingresa en 2009 - Fina Casalderrey Fraga: ingresa en 2013 4.2 POSITIVAS - Na cantiga de amor o namorado sitúase nunha posición inferior á dona, louvándoa, respectándoa e suplicándolle o seu amor (artificiosamente “morre de amor”). - Dentro da escasa produción en galego durante os Séculos Escuros, encontramos unha composición de autoría feminina: o soneto da Condesa de Altamira. - A literatura galega é a única no mundo que ten como figura central contemporánea unha muller: Rosalía de Castro. - Rosalía de Castro dá voz e fai visible todas as mulleres nos seus poemarios. - Emilia Pardo Bazán é pioneira na participación da muller en numerosos campos culturais. Foi a primeira… - profesora do Ateneo de Madrid, - Presidenta de Honra do Centro Gallego de Madrid, - Presidenta da Sección de Literatura do Ateneo de Madrid, - Presidenta de Honra da Real Academia Galega, - Consejera de Instrucción Pública, e - catedrática. - O día da publicación de Cantares gallegos é a data escollida pola Real Academia Galega para celebrar o Día das Letras Galegas. Cen anos despois, o primeiro Día das Letras Galega foi dedicado a Rosalía de Castro. - A profesora da Universidade de Santiago, Dolores Vilavedra creou a iniciativa denominada “O xogo das Cadeiras” na que reivindica a paridade á hora de nomear os integrantes da RAG, reclamando a importancia da muller nunha institución que tivo como orixe unha Comisión Xestora promovida precisamente por Emilia Pardo Bazán en Folklore Gallego. BIBLIOGRAFÍA http://www.casamuseoemiliapardobazan.org/ http://www.culturagalega.org/
http://realacademiagalega.org/ Anotacións baseadas nas explicacións durante a visita guiada á Coruña. 7. Avaliación A avaliación foi contínua, das actividades e dos processos. Desenvolvéronse em diferentes momentos e por níveis, así: A) 1. 2. 3. 4.
Avaliación iniciala través dunha enquisa: Eres capaz de identificar tres situacións de violencia contra as mulleres? Pensas que se da tamén entre os mozos e as mozas? Dirias que existe igualdade entre mozas e mozos? En que aspectos? Eres capaz de escribir o nome de tres mulleres pintoras, tres científicas, três políticas. B) Avaliación ao longo dos trimestres a través de cualificacións obxectivables: Os resultados dos procesos de investigación A participación nos eventos do centro As presentacións públicas dos resultados A cooperación no traballo en equipo E outros que fan referencia a critérios subxectivos, tales como:
Os cambios de actitude nos comportamentos diarios A Asunción da igualdade como um valor persoal e social fundamental
C) Enquisa de avaliación final Nela se fixaron diferentes item que deberían ser punteados de 1 ao 5 (onde 1 era nada e 5 moito). 1. Servíronte os Proxectos 365 Días e Dona de sí para aprender sobre as desigualdades existentes na sociedade 2. Eres capaz de detectar os sinais de violência no namoro 3. Aprendiche estratexias para axudar a unha companheira vítima da violência de xénero 4. Cres que as mulleres teñen avanzado o suficiente em materia de igualdade 5. Pensas que igualdade legal e igualdade real van da man? 6. Sitúa en orde decrecente as tres actividades que mais che gustaron 7. Onde te situarías en materia de igualdade Informe Global: Como está o noso centro em materia de igualdade?
8. Produtos elaborados Os produtos foron de variados tipos, uns ligados ás investigacións realizadas polo estudantado, um resumen das mesmas pódense ver nos link repartidos ao longo da secuencia. Outros tiveron que ver coa elaboración de materiais para as Exposicións do 8 de marzo, da campaña “Únete contra a violencia contra as Mulleres de Nacións Unidas e viste de laranxa o planeta”. Video “Bring back our girls” https://www.youtube.com/watch?v=1AAKOMsWAW0 Videos: Frases pola igualdade https://www.youtube.com/watch?v=u_KwHhcaEh0 https://www.youtube.com/watch?v=DSuFWjtMjRA https://www.youtube.com/watch?v=q25yNA1SKmo 9. Bibliografía 1. “Mujer conoce tus derechos” Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales- 2005 2. “Hechos y cifras: Acabar con la violencia contra mujeres y niñas” 3. “Reglas y normas mundiales: Poner fin a la violencia contra mujeres y niñas”. ONU Mujer 4. “Violencia de xénero NON” STEG, 2012 5. “Adolescentes como bisabuelos” Javier Marias, 2011 6. ¿Qué piensan los jóvenes? UNICEF, Argentina 2001 7. “Víctimas del machismo a los 15” María R. Sahuquillo, Octubre 2013 8. “REPRESENTACIONES Y VIVENCIAS DE LA VIOLENCIA DE GÉNERO EN ESTUDIANTES DE INGENIERÍAS Y ARQUITECTURA DE LA UNIVERSIDAD DE ZARAGOZA”. Junio 2013 10. “GUÍA DE PREVENCIÓNDE LA VIOLENCIA DE GÉNERO EN LAS ADOLESCENTES” Ayuntamiento de Boadilla del Monte 11. “No te líes con los chicos malos”. Guía no sexista dirigida a chicas. 12. “TALLER PARA LA PREVENCIÓN DE LAVIOLENCIA DE GÉNERO EN LA ADOLESCENCIA” Consejería de Salud de la Junta de Andalucía. 13. Trabajadora98. Revista de noviembre 14. Relaciones de pareja entre adolescentes y jóvenes. Prevención de la violencia de género. Ayuntamiento de Irún. 15. “25 de Noviembre Día Internacional contra la violencia de género”. Branca Guerreiro, por la Organización de Mujeres de la Confederación de STEs. 16. “Situación de las niñas en el mundo” María Consuelo Arnaiz Pedrosa Coordinadora del Área Mujeres, Desarrollo y Ciudadanía De FUNSAREP.
17. 365 Días para la Acción. Gobierno de Aragón. 18. “150 canciones para trabajar la prevención de la violencia de género en el marco educativo”. Ajuntament de Valéncia 19. “Guía para chicas. Como prevenir y defenderte de las agresiones” Mª José Urruzola. 20. POR 365 DÍAS DE RESPECTO EIGUALDADE:Prevención da violencia de xénero no ámbito educativo. Xunta de Galicia, 2013 21. UNESCO and EDUCATION 22. A que chamamos violencia no namoro? Programa de Xuventude das e dos estudantes da S.B Sá de Bandeira – Santarem 23. “Cómo compartir la vida en igualdad” Consejo de las Mujeres de Madrid 24. “Convenio del Consejo de Europa sobre prevención y lucha contra la violencia contra las mujeres y la violencia doméstica” 2011 25. “Fórmulas para la igualdad nº 5” 2007 26. “Educar en Igualdad” 27. “Nuestros sentimientos: expresión e interpretación”. 28. 1º Encuesta Nacional de Juventud. Costa Rica 29. ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2013 (1º semestre) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25801. Xunta de Galicia 30. “Porque somos niñas: Esperanzas y sueños”. Plan Internacional 31. CONSTRUYENDO LA IGUALDAD, PREVENIMOS LA VIOLENCIA DE GÉNERO. GUÍA DIDÁCTICA PARA SECUNDARIA. 32. GUÍA PARA LA INCORPORACIÓN DE LA PERSPECTIVA DE GÉNERO. Ministerio de Trabajo y Bienestar social. 33. Guía para Mujeres maltratadas. Castilla-La Mancha 34. IGUALDAD Y PREVENCIÓN DE LA VIOLENCIA DE GÉNERO EN LA ADOLESCENCIA. Dirección: María José Díaz-Aguado Jalón. María Isabel Carvajal Gómez. 35. “El viaje de Laia” 36. ¿Qué hacer si mi hija ha sido maltratada? Guía para madres y padres, familiares y amistades. Madrid 37. “Prevención de la violencia sexista desde la escuela”. Mª José Urruzola. 38. “Violencia de género, educación y socialización: acciones y reacciones”. Miguel Lorente Acosta 39. “Políticas de Igualdad, equidad y Gender Mainstreaming”. ¿De qué estamos hablando? Programa de las Naciones Unidas para el desarrollo. PNUD 40. “LA PROSTITUCIÓN DE MUJERES, UNA ESCUELA DEDESIGUALDAD HUMANA”. Ana de Miguel Álvarez. 41. Gaceta Sinsical de CCOO. Nº 179. Noviembre de 2013 42. LA VIOLENCIA CONTRA LAS MUJERES. Derechos Laborales y de la Seguridad Social. Secretaría de la Mujer de CCOO
43. “Sexismo lingüístico y visibilidad de la mujer”. Ignacio Bosque. Marzo de 2012. 44. “No son cifras, son vidas” STEG 2013 45. Una actividad para adolescentes pensada para que a través del debate sobre las letras de algunas canciones se adquiera conciencia de que la violencia de género es una de las formas de violencia más comunes y más desconocidas. 46. “Violencia contra las mujeres” ONU 47. “La Condesa Rebelde”. 48. “Guía básica para la igualdad efectiva de mujeres y hombres”. CCOO 49. “La brecha salarial: Realidades y desafios”. 2009 50. “Fíos Violeta. Convivir em igualdade” María Hermelo Iglesias 51. “Tirando do fío” 52. “A ditadura da beleza” 53. “Relixión e Cultura” 10. Webgrafía http://www.unwomen.org/es/what-we-do/ending-violence-against-women/facts-andfigures#sthash.86s0pR8T.dpuf http://www.unwomen.org/es/what-we-do/ending-violence-against-women/globalnorms-and-standards#sthash.l9cG7OYh.dpuf http://www.unwomen.org/es/what-we-do/ending-violence-against-women/passingstrong-laws-and-policies#sthash.zXbUczZ1.dpuf http://www.unwomen.org/es/what-we-do/ending-violence-against-women/servicesfor-all-women#sthash.1j4fYbti.dpuf http://www.unwomen.org/es/what-we-do/ending-violence-againstwomen/increasing-knowledge-and-awareness#sthash.cBr9pt8o.dpuf http://www.unwomen.org/es/what-we-do/ending-violence-against-women/creatingsafe-public-spaces#sthash.ewh1LxCz.dpuf http://www.unwomen.org/es/what-we-do/ending-violence-againstwomen/prevention#sthash.45yEuzTK.dpuf http://www.acnur.org/nuevaspaginas/presentacionmujer/25nov_violencia_contra_m ujer.htm www.malostratos.org https://www.es.amnesty.org/temas/mujeres/violencia-contra-las-mujeres-y-las-ninas/ http://www.womenshealth.gov/espanol/violencia-contra-mujer/
http://www.unwomen.org/es/what-we-do/ending-violence-against-women/takeaction http://www.emakunde.euskadi.net/u7220010/es/contenidos/informacion/u72_iv_plan/es_emakunde/iv_plan_es.html 11. VIDEO GRAFÍA https://www.youtube.com/watch?v=mA4D6Tn8_Ao#t=10 https://www.youtube.com/watch?v=T4HaXUCbytA https://www.youtube.com/watch?v=IPrgb-qqsEw http://www.youtube.com/watch?v=zT6LBXLGAgo http://www.youtube.com/watch?v=KZjQvMnzzSU http://www.youtube.com/watch?v=vexpy_VrXhw http://www.youtube.com/watch?v=GwQ4Ngc9GIg http://www.youtube.com/watch?v=V1cHabtVrc4 http://www.youtube.com/watch?v=m8M61N3p1mQ http://www.youtube.com/watch?v=ksWtBbz7cck http://www.youtube.com/watch?v=bbfq8Rx9AXM http://www.youtube.com/watch?v=LWs6Z8FkBoU http://www.youtube.com/watch?v=29BBLw0NRCo http://www.youtube.com/watch?v=8NuMKHdU3Ys http://www.youtube.com/watch?v=ziIU2V_2C2A http://www.youtube.com/watch?v=z3Ac5GvbRvA http://www.youtube.com/watch?v=3bb4OAZLCRE 12. PELÍCULAS RECOMENDADAS “Te doy mis ojos” de Icíar Bollaín “Solo mía” de Javier Balaguer “La Captura” de Carole Laure “Celos” de Vicente Aranda ¿Qué he hecho yo para merecer esto? De Pedro Almodóvar
“Cicatrices” de Paco del Toro “Durmiendo con su enemigo” de Joseph Ruben “Nunca más” de Michael Apted “María la portuguesa” de Dácil Pérez de Guzmán “Antigua vida mía” de Héctor Olivera “No sin mi hija” de Brian Gilbert “Irreversible” de Gaspar Noé (moi forte) “Calibre 45” de Gary Lennon “La lapidación de Soraya” de Cyrus Nowrasteh “El color púrpura” de Steven Spielberg “Kandahar” de Mohsen Makhmalbaf “Agua” de Deepa Mehta PELÍCULAS FEMINISTAS “Persépolis” por Marjani Satrapi “Libertarias” de Vicente aranda “Ágora” de Alejandro Amenábar “La sonrisa de Mona Lisa” por julia Roberts “La voz dormida” de Benito zambrano “Las trece Rosas” de Emilio Martínez Lázaro “Chocolat” de Lasse Hallström “Las horas” de Stephen Daldry “Thelma y Louise” de Ridley Scott “La fuente de las mujeres” de Radu Mihaileanu “Pan y Rosas” de Ken Loach “Ángeles de hierro” (movimiento feminista) “En tierra de hombres” “Ciudad de silencio” de Jennifer López “Ni dios, ni padre ni patrón” de Laura Mañá “Yo, la peor de todas” de Mª Luisa Bemberg “Señora de nadie” de Mª Luisa Bemberg “Quiero ser como Beckham” de Gurinder Chadha “El secreto de Vera Drake” de Mike Leigh “El Círculo” de Jafar Panahi “Moolaadé” de Ousmane Sembene “Buda explotó por vergüenza” de Hana Makhmalbaf 13. PARA SABER MÁIS VISITA O NOSO BLOG http://emprendedoresobradoiro.blogspot.com