CONTEXTUALIZACIÓN DO ALUMNADO Toda
programación
didáctica
é
un
instrumento
de
planificación,
desenvolvemento e avaliación de cada unha das áreas do currículo, na que se concretan os obxectivos, as competencias básicas, os contidos, os diferentes elementos que compoñen a metodoloxía, os criterios e procedementos de avaliación, a atención á diversidade, a educación en valores, etc., así como os concernentes ao Plan Lector, ao Plan das Tecnoloxías da información e da Comunicación, ao Plan de Convivencia, ao Proxecto Lingüístico, etc., no caso que nos ocupa, referidos ao 5º Curso de Educación Primaria.
As programacións didácticas intégranse na Programación xeral anual, de acordo co disposto no artigo 125 da Lei Orgánica 2/2006 e desenvolverán o currículo establecido para a Educación Primaria no Decreto 105/2014, de 4 de setembro, polo que se establece o currículo de Educación Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.
Como sabemos, unha programación deberá orientarse a planificar, de forma coherente e axeitada, as actividades que serán levadas a cabo durante o proceso de ensino — aprendizaxe para que @s nen@s sexan capaces de aprender a aprender e, así, posúan autonomía e iniciativa persoal na vida. Toda alternativa de programación precisará seguir o principio de racionalización do esforzo e do traballo, e estar orientada á práctica. Para realizar un ensino axeitado tomamos como referencia o "Proxecto Educativo" e o "Proxecto Curricular de Centro", así como as actuais leis: -Lei Orgánica de Educación 2/2006, do 3 de maio. -Decreto 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo de Educación Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.
_(
4
) ____