-Orde do 23 de novembro de 2007 pola que se regula a avaliación da Educación Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. -Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o regulamento orgánico das escolas de Educación infantil e os colexios de Educación Primaria. -Orde do 22 de xullo de 1997 (Cap. II).
A programación terá un carácter aberto e flexible, para así afrontar as dificultades que poidan presentarse nas aulas. Trátase de contribuír ao desenvolvemento integral d@s nos@s alumn@s, a conquerir as competencias básicas, a desenvolver un axeitado grao de madurez e a estimula-la súa socialización, nun intento de que @s alumn@s realicen aprendizaxes funcionais e significativas, sen esquece-la atención á propia diversidade. O C.E.I.P."DE MONFORTE DE LEMOS", de titularidade pública, pertence ao Concello de MONFORTE. A meirande parte do alumnado de 5 º Curso de Educación Primaria pertence a familias de clase media que teñen un bo concepto do colexio e colaboran abertamente co mesmo, tanto no referente á educación d@s seus fill@s coma no desenvolvemento das actividades complementarias organizadas polo centro. A lingua empregada polo alumnado, na súa maioría, é o castelán. O uso do galego e do castelán no entorno familiar e na comunidade educativa atópase recollido no Proxecto Lingüístico do Centro. O idioma estranxeiro que se está impartindo é o inglés.
_(
,
) ___