7 minute read

5. Igualdade de xénero: acadar a igualdade entre os xéneros e apoderar a todas as nenas e mulleres.

https://www.un.org/sustainabledevelopment/es/objetivos-de-desarrollo-sostenible/

Advertisement

Os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) son un grupo de obxectivos relativos ao desenvolvemento internacional futuro. Foron creados polas Nacións Unidas e promovidos coma Obxectivos Globais para o Desenvolvemento Sustentable. Substitúen aos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio que caducaron no 2015. Os ODS abarcan do 2015 ao 2030. Hai 17 obxectivos e 169 metas específicas para estes obxectivos.

1. Fin da pobreza: rematar coa pobreza en todas as súas formas, en todo o mundo. 2. Fame cero: eliminar a fame, acadar a seguridade alimentaria, mellorar a nutrición e promover a sostibilidade na agricultura. 3. Saúde e benestar: garantir unha vida saudable e procurar o benestar da poboación de todas as idades.

4. Educación de calidade: garantir o acceso para todas as persoas a unha educación de calidade, equitativa e inclusiva, e proporcionar oportunidades de formación ao longo da vida.

6. Auga limpa e saneamento: garantir o acceso á auga e ao saneamento para todas as persoas e promover a súa xestión sustentable. 7. Enerxía accesible e non contaminante: garantir o acceso seguro e estable a unha enerxía renovable e sustentable.

8. Traballo decente e crecemento económico: promover un crecemento que poida ser sostible e que inclúa a todas as persoas, acadar o pleno emprego e garantir traballos dignos. 9. Industria, innovación e infraestrutura: promover a construción de infraestruturas resistentes, a industrialización sustentable e a innovación. 10. Redución das desigualdades: acadar unha redución da desigualdade, tanto entre países como dentro deles. 11. Cidades e comunidades sustentables: acadar unhas cidades e poboacións seguras, inclusivas, resistentes e sostibles para todas as persoas. 12. Produción e consumo responsable: promover e acadar uns patróns de produción e de consumo que sexan sostibles.

13. Acción polo clima: adoptar medidas de carácter urxente que sirvan para combater o cambio climático e as súas consecuencias.

14. Vida submarina: facer un uso responsable dos océanos e dos recursos mariños, de cara á súa conservación.

15. Vida de ecosistemas terrestres: protexer e restaurar os ecosistemas terrestres, acadar un uso e xestión sostible dos bosques, reverter os procesos de desertización e degradación do solo, e deter a perda da biodiversidade. 16. Paz, xustiza e institucións sólidas: construír sociedades pacíficas, xustas e inclusivas para todos, garantir o acceso universal á xustiza e traballar por unhas institucións efectivas e responsables. 17. Alianzas para acadar obxectivos: robustecer as medidas para a implantación e a promoción dunha sociedade global comprometida coa consecución dun desenvolvemento global sustentable.

O CAMBIO COMEZA POR TI!

Os obxectivos mundiais son importantes, son obxectivos que cambiarán o mundo e para os que será precisa a cooperación entre os gobernos, as organizacións internacionais, os líderes mundiais, as empresas, as universidades, as asociacións...e a túa!

Todos e cada un dos seres humanos do mundo formamos parte da solución. Nacións Unidas axúdanos coa Guía de los Vagos para salvar el mundo. Recompilamos algunhas das moitas accións que podes facer para obter resultados.

Nivel 1. COUSAS QUE PODES FACER DESDE O SOFÁ

1. Aforra electricidade enchufando os electrodomésticos nunha regreta e desconectándoos por completo cando non os uses, incluso o teu ordenador. 2. Deixa de usar as notificacións en papel das compañías e bancos, paga as túas facturas en liña ou a través do teléfono móbil. Se non usas papel, non é preciso destruír bosques. 3. Comparte, non só fagas “me gusta”. Se ves unha publicación interesante nas redes sociais sobre os dereitos da muller ou o cambio climático, compártea para que as persoas da túa rede tamén a vexan.

4. Fala alto e claro! Pide ás autoridades locais e nacionais que participen en iniciativas que non fagan dano ás persoas nin ao planeta. 5. Non imprimas. Necesitas recordar algo que viches na rede? Apúntao nunha nota dixital e aforra papel. 6. Apaga as luces. A televisión e a pantalla do ordenador xa emiten unha luminosidade cómoda, así que apaga as outras luces se non as necesitas.

7. Investiga un pouco pola rede e compra só en empresas que apliquen prácticas sostibles e non afecten ao medio ambiente.

Nivel 2. COUSAS QUE PODES FACER EN CASA

1. Seca as cosas ao aire. Deixa que o pelo e a roupa sequen de forma natural. Asegúrate de encher ben a lavadora.

2. Toma duchas cortas (entre 5 e 10 minutos) 3. Come menos carne e pescado. Destínanse máis recursos para a obtención de carne que para o crecemento das plantas. 4. Conxela os produtos frescos e as sobras se non os vas comer, antes de que se boten a perder. 5. Fertilizantes orgánicos. Utilizar os restos de alimentos como abono pode reducir os efectos do cambio climático ao mesmo tempo que se reciclan os nutrientes.

6. A reciclaxe de papel, plástico, vidro e aluminio impide que os vertedoiros sigan crecendo. 7. Compra produtos que estean minimamente empaquetados. 8. Comeza a quentar a comida xusto ao acender o forno. 9. Illa as ventás e as portas para aumentar a eficiencia enerxética. 10. Axusta o termóstato, máis baixo no inverno e máis alto no verán. 11. Substitúe os electrodomésticos vellos por modelos que aporten un consumo enerxético máis eficiente e cambia as bombillas da casa.

12. Se podes, instala paneis solares na casa. 13. Utiliza mistos de cartón en lugar de chisqueiro, non precisan petróleo e non están feitos de plástico.

Nivel 3. COUSAS QUE PODES FACER FÓRA DA CASA

1. Compra produtos locais. Apoiar os negocios da zona axuda á xente a conservar o seu traballo e a impedir que os camións teñan que desprazarse grandes distancias. 2. Compra con cabeza: planifica as comidas, fai listas da compra e evita as compras impulsivas. 3. Compra froita de aspecto raro: moitas pezas de froita e verdura tíranse por non ter o tamaño, forma ou cor ‘axeitados’.

4. Cando pidas marisco nun restaurante pregunta se é marisco sostible.

5. Desprázate en bicicleta, andando ou en transporte público. 6. Utiliza unha botella de auga e unha cunca de café de varios usos.

7. Leva a túa propia bolsa á compra. 8. Compra produtos de segunda man. 9. Mantén o teu coche nun bo estado para non emitir moitos gases tóxicos. 10. Doa o que non utilizas. 11. Vacínate e vacina aos teus fillos. Protexer a túa familia de enfermidades axuda á saúde pública. 12. Fai uso do teu dereito a escoller os líderes do teu país e comunidade local.

Nivel 4. COUSAS QUE PODES FACER NO TRABALLO

1. Infórmate dos dereitos que tes no ámbito laboral. Loita contra a desigualdade.

2. Asesora ás persoas máis novas. 3. As mulleres gañan entre un 10% e un 30% menos que os homes por facer o mesmo traballo. Expresa o teu respaldo do principio de igual salario por traballo igual. 4. Asegúrate de que a túa empresa utiliza tecnoloxía de calefacción e refrixeración eficiente e axusta o termóstato a un nivel inferior en inverno e superior en verán. 5. Faite oír contra todo tipo de discriminación no teu traballo. 6. Anima a túa empresa a colaborar coa sociedade civil e a encontrar formas de axudar ás comunidades locais a lograr os obxectivos.

This article is from: