DECEMBRO
2014 E.T. O Extraterrestre
CRIME OF THE CENTURY
1982 Dirixida por Steven Spielberg. Unha das películas que acadou maior recadación da historia é xa un clásico. Non pensedes que se trata dunha película para nenos pequenos. E.T. é unha película adulta disfrazada de conto infantil. Un canto a inocencia, aos bos sentimentos , ao respecto a diversidade e a solidariedade. Risas, emocións, aventuras e lágrimas. Non a esquecerás e repetirás de por vida: Teléfono, mi caaasaaaa!!!
Supertramp 1974 Co motivo do 40 aniversario do lanzamento de este disco, aproveitamos para recomendarvos a todos aqueles que queirades indagar nos clásicos do rock esta gravación. Un pop-rock progresivo, cheo de boas melodías, pasaxes instrumentais e unha gravación de son que fixo de este disco un clásico nas tendas de alta fidelidade. O primeiro tema chámase “school” e polo título xa é unha boa pista para saber que pode resultar interesante.
Ser o no ser 1942 Dirixida por Ernst Lubitsch. Un clásico da comedia. Unha das sátiras ao nazismo máis brillantes da historia do cine. Un grupo de actores durante a ocupación de Varsovia polos alemáns teñen que facerse pasar por nazis para intentar salvar a colaboradores da resistencia. A intriga é boa pero as actuacións e os diálogos son magníficos. Moitas risas aseguradas a costa de Hamlet.
E DO EDLG
E DO EDLG
www.bibliotecamontecarrasco.wordpress.com
Instituto de Ensino Secundario MONTE CARRASCO
FALCONES, Ildefonso
NEIRA VILAS, Xosé
Cantos de sol a sol
REIMÓNDEZ, María
Editorial GaliNova e Fundación Neira Vilas
Dende o conflito
La catedral del mar
Xerais
Grijalbo
Poemario con cd perfecto para ler e escoitar música. Son poemas de Neira Vilas musicados por Xosé Lueiro e ilustrados por Xosé Vizoso. Entre outros intérpretes, conta o disco coas voces de María do Ceo, Felisa Segade e Lucía Azurmendi.
Unha xornalista galega que cobre conflitos bélicos internacionais intenta atopar unn equilibrio entre o exercicio do xornalismo nestas condicións e a posición ética con respecto ás persoas esquecidas que sofren estas situacións. E todo isto só é posible coa anclaxe creada pola amizade e o amor que nos sosteñen a cada un de nós.
SACCO, Joe
La Catedral del Mar é a primeiro libro do autor. Está ambientado na Barcelona do século XIV, entre os anos 1320 e o 1368, durante a construción da catedral de Santa María do Mar. A través da vida de Bernat Estanyol o autor vainos mostrando as dificultades para a supervivencia na Idade Media, os abusos de poder, as guerras, a peste, as diferenzas sociais, a intolerancia relixiosa... Un extenso mosaico da sociedade medieval.
Palestina Editorial Rinoceronte As duras condicións de vida neste territorio tan castigado nas últimas décadas aparece maxistralmente reflectida nesta novela gráfica na que o autor nos conta a súa experiencia durante a primeira intifada (1991-1992). www.bibliotecamontecarrasco.wordpress.com
Todos estes libros están á vosa disposición na biblioteca do centro
VEHLMANN, Fabien
GARCÍA LORCA, Federico
Os cinco narradores de Bagdag
12 poemas de Federico García Lorca
Faktoría K de libros
Kalandraka
Vehlmann sitúa esta historia no Bagdag de As mil e unha noites e
Doce dos poemas de García Lorca máis próximos á canción popular, o xogo infantil e
móstranos neste cómic os cinco mellores narradores da cidade competindo no concurso de contadores de historias organizado polo califa da cidade. As ilustracións saen da man de Frantz Duchazeau.
o poema musical aparecen neste poemario ilustrados por Gabriel Pacheco que consegue unha perfecta harmonía entre imaxe e texto.