TEMA 11: AS SOCIEDADES CAMBIAN:
IDADE MEDIA:
Comeza coa caída do Imperio Romano (cando os romanos foron derrotados por outros pobos que viñeron do leste de Europa) e remata co descubrimento de América. A súa duración é algo máis de mil anos (Séculos V ao XV)
Prehistoria
Idade Antiga
Idade Media
sociedade medieval (Clases sociais) Existen pequenos reinos con reis. Nobres: vivían en castelos. O rei dáballes terras . A cambio en caso de guerra loitaban co rei para conquistar terras. Clero: vivían en mosteiros .Adicabanse a rezar, á cultura: copiaban libros a man. Posuían terras Artesáns e comerciantes: vivían nas cidades. Nelas agrupábanse en gremios segúndo o traballo a realizar. Grazas a eles medraron o comercio e as cidades Campesiños: grupo máis numeroso. Vivían de cultivar os campos e de cuidar o gando dos nobres e clero: os únicos que tiñan riquezas
e así podían quedar cunha pequena parte do cultivado ou algún proveito do gando (leite, peles…) sempre en cantidades pequenas.
Que sucedeu na Idade Media? Na época medial España estaba dividida en pequenos reinos. Durante a Idade Media viviron no sur de España (Andalucia) os musulmáns que tiñan como relixión o Islám, falaban árabe e vivían nas mesquitas gobernados por un califa . Na zona norte de España vivían os cristiáns que eran gobernados por un rei que vívía nun castelo. O rei era axudado nas guerras polos nobres. Por axudalo, o rei dáballes terras. Os cristiáns deixáronos tamén monumentos feitos en pedra como a catedral de Santiago.
Os musulmáns que chegan polo sur, milloran as cidades, construiron mesquitas. Outras milloras foron en arquitectura, medicina, matemáticas e literatura. Aparece a imprenta en 1450 para copiar libros e deixalos de copiar a man e no 1492 descobre, Cristóbal Colón, América. A medida que avanza a Idade Media as cidades fóronse convirtindo no centro da vida da época. Os comerciantes e artesanos melloran e grazas a eles aumenta a cultura.
IDADE MODERNA:
Comeza co descubrimento de América e remata coa Revolución Francesa. Durou un pouco máis de 1000 anos.
Prehistoria
Idade Antiga
Idade Media
Idade Moderna
1. Xúntanse os pequenos reinos que estaban divididos na Idade Media en grandes nacións. Mandaban: o rei + nobres + ministros; porque tiñan poder e case toda a riqueza. 2. As Guerras eran frecuentes entre nacións, sobre todo por descubrir novas terras. Esas guerras eran costosas. A poboación: rural (campesiños) tiñan miseria, nas cidades os comerciantes eran ricos. 3. De América chegan barcos cargados de ouro e prata e cultivos como a pataca, millo, cacao ou o tomate. Todo esto provocou cambios na alimentación e houbo máis riqueza. Os cartos tíñanos os comerciantes. 4. Avanzou a ciencia e a técnica. Inventouse o telescopio, o microscopio e melloraron os medios de transportes e armas. 5. En Francia os campesiños empobrecidos loitan contra os reis e nobres nunha guerra chamada a Revolución Francesa que acabou en Francia cos reis e os nobres.
Revolución Francesa
IDADE CONTEMPORÁNEA:
Comeza coa Revolución Francesa até a actualidade. Por agora dura 200 anos.
Prehistoria
I. Antiga
I. media
I. Moderna
Idade Contemporánea
Houbo moitos cambios sociais: a) Nace coa Revolución Francesa un pensamento novo de liberdade e igualdade para todas as personas. Isto levou a que moitos países cambiasen o seu goberno para ser unha democracia. b) Invéntase a máquina de vapor e chegou a Revolución Industrial. Precísase carbón para as máquinas novas co cal explotan minas e contamínase máis. Aparece unha nova clase social : a clase obreira que traballa nas fábricas e industrias. c) Hai grandes avances científicos e técnicos que fan que viva mellor a xente e morran menos persoas. Por tanto hai un aumento da poboación.
Consecuencias da Revolución Industrial
Avances na medicina
obreiros nas fábricas
novos inventos
Constrúense fábricas nas cidades: os campesiños marchan do campo á cidade a traballar. Por tanto éstas aumentan a súa poboación. Aumentou tamén a poboación por melloras na mediciña: invéntase a radiografía, a penicilina co que se fan os antibióticos para curar infeccións, as vacinas, anestesias… Aparecen novos inventos para facer máis cómoda a vida das personas: electrodomésticos, automóbiles, trens, avións, foguetes espaciais…
Os novos inventos necesitan outras formas de enerxía polo que se comezou a utilizar o petróleo e a electricidade… Melloran as comunicacións: novos medios de transporte, radio, tv ou Internet.
GALICIA
IDADE MEDIA
IDADE MODERNA
Danse ben o millo e a pataca Chegan os suevos Logo os visigodos e os chegados de América, polo conquistan que crece a economía e 1º forma parte do Reino poboación Astur-leonés logo de Castela galega.
Cae o imperio romano
Descúbrense os restos do Apóstolo Santiago, comezan as peregrinacións e constrúese a catedral.
Logo houbo epidemias graves e épocas de escasez de alimentos. Remata cun novo crecemento de poboación especialmente nas costas, polos novos cultivos e industrias conserveiras. Baixa a mortalidade. Melloran cidades como: Coruña e Vigo polo comercio de América. Ferrol polos asteleiros
militares.
IDADE CONTEMPORÁNEA S. XIX: A Revolución Industrial chega tarde, chegando o 1º ferrocarril en 1873 Santiago – Carril. Crece menos a poboación pola emigración a América. S. XX: Segue a emigración a América e agora tamén a Europa. 1981: Apróbase o Estatuto Autonomía de Galicia.
de