OS FAROS DA PROVINCIA DE LUGO
FARO ILLA PANCHA
Está en O Faro atópase na marxe dereita da Ría de Ribadeo, na provincia de Lugo, polo tanto está no Mar Cantábrico. Preto del, a uns nove quilómetros, podemos visitar a Praia das Catedrais. Unha das mais fermosas do mundo. A súa historia É un edificio cadrado, de fachadas brancas, coa lanterna no centro. O Faro orixinal o construíron no ano 1880. É dicir, que ten 135 anos! En 1883 cambiouse a lámpada por unha de petróleo dunha mecha, e a aparencia permaneceu ata 1917. Dende 1983 hai outra fonte de luz, unha torre de formigón cilíndrica, de franxas azuis e brancas, que lle dá ao faro un alcance de 21 millas. É dicir, uns 33 quilómetros. Na primavera un fermoso manto de flores violetas cubre a rocha onde se atopa o faro. Para qué serve? Para que os navegantes das embarcación que van preto da costa, non se choquen con ela cando hai néboa, é de noite, ou hai tormentas fortes.
FARO DE RINLO
SABES ONDE ESTÁ? Este faro atópase en Rinlo, que é un pequeno pobo mariñeiro que se atopa a uns sete quilómetros de Ribadeo, na provincia de Lugo.
Preto deste fermosa vila podemos visitar tamén a Praia das Catedrais. No ano 2008, un forte temporal e as olas arrasaron parte do muro do faro, e tivo que ser reconstruído.
SABES PARA QUÉ SERVE UN FARO? Un faro serve para que os barcos que viaxan preto da costa poidan ver e orientarse vendo a súa luz que emite, e así evitar accidentes e naufraxios que poderían ocorrer se estrelaran nas noites de escuridade ou de moita néboa.
FARO PEDRA BURELA
O Faro atópase no porto de Burela, na provincia de Lugo. Ten una característica principal que o fai diferente dos demais: sitúase a oitocentos metros da costa de Burela. É dicir, está rodeado de auga! O Faro é de cor negro, e ten una franxa amarela para que se vexa mellor. Ten moitas rochas ao seu redor, e ten oito metros de altura. Tamén parece unha pequena illa.
No ano 2013 sufriu moitos danos a causa dun forte temporal que axexou a costa de Lugo no inverno. Con olas de ata 14 metros, e ventos de case cen quilómetros por hora!
Volverá a estar operativa neste ano 2015, e a súa reparación tivo un custo de 300.000 euros. Vai funcionar con dúas novas baterías, e ademais, cuns módulos solares para aproveitar este recurso da natureza. Foi construído no ano 1959. E xa é todo un símbolo do municipio.
OS FAROS DA PROVINCIA DE A CORUÑA
FARO DAS ILLAS SISARGAS Este faro atópase na Illa Grande, nas Illas Sisargas, en Malpica, na Costa da Morte. Na provincia de A Coruña. Acendeuse por primeira vez o 29 de xuño do 1853. É o segundo Faro máis antigo da Costa da Morte. O Faro está a máis de cen metros sobre o nivel do mar, e a altura dende o chan ata á lanterna é de case oito metros. Ademais, ten tamén un patio interior e un balcón.
VIVE ALGUÉN ALÍ? Hoxe en día non vive ninguén no faro. Xa que dende o ano 2002 foi automatizado. Antes encargábanse de mantelo funcionando catro fareiros que facían quendas de dous. Aínda que noutros tempos o fareiro vivía sempre alí. O seu traballo era tan importante como os dos policías ou bombeiros.
PARA QUÉ SERVE? O Faro serve para alumear ós barcos cando hai moita néboa, e tamén cando é de noite. Se no tivéramos a súa axuda, habería moitos mais naufraxios na perigosa Costa da Morte.
FARO CABO VILÁN Este faro foi o primeiro que funcionou con luz eléctrica en España, e ten unha arquitectura particular que o fai único. No seu interior alberga unha sala de exposicións, un centro de información turística, e ata un pequeño bar. Conta tamén cun pasadizo escuro que vai dende o edificio principal ata a torre do Faro. É un percorrido apaixoante para facer.
Cabo Vilán, que en castelán siginfica Cabo Villano, situado na Costa da Morte, no municipio de Camariñas,que pertence á provincia de A Coruña. Os alrededores do faro son de unha espectacular beleza e a perspectiva do faro cambia a medida que imos recorrendo a costa. Está a uns 105 metros sobre o nivel do mar. A torre ten 24 metros de altura. E a súa luz pode ser vista dende 50 km mar adentro! O Faro actual substituíu no ano 1896 ó antigo e orixinal, que funcionaba dende 1854 a vapor. A función do faro é… que as embarcacións que se achegan a costa vexan que están preto dela, e que terán que ter coidado de non chocar. A néboa, os temporais, ou as noites escuras fan que o faro sexa imprescindible para navegar.
FARO CABO TOURIÑÁN O faro atópase no municipio de Muxía, na provincia de A Coruña. Serve para que os barcos poidan ver cando están preto da costa, principalmente cando é de noite ou cando hai néboa e tormenta.
Este faro ten una particularidade, xa que conta con dous faros: Un é o orixinal, que se asemella a una casa, que foi construído no ano 1898, aproveitando o aparello óptico en desuso do faro de Cabo Vilán.
Por outro lado, temos o faro novo, que funciona dende o ano 1981, e que ten mais capacidade de alumeado. Aínda que á xente non lle gustou moito, xa que o ven como un monumento inexpresivo e pouco tradicional.
Curiosidade: Atópase no punto máis occidental de Galicia. Isto quere dicir que é o Faro que está máis ao oeste que ningún outro de España.
O FARO FISTERRE ONDE ESTÁ? O faro atópase na zona da Costa da Morte, no municipio de fisterre, na provincia de A Coruña. PARA QUÉ SERVE? Coa súa luz guía aos barcos na súa navegación por esas augas perigosas, xa que hai moitos temporais.
CANDO O FIXERON? Foi construído en 1853, polo que ten 162 anos. COMO É? A torre do faro está feita en pedra, e mide 17 metros de altura. Está a 143 metros sobre o nivel do mar. A súa luz, pode alumear ata máis de 55 quilómetros de distancia. CURIOSIDADES O significado de Finisterre, é o seguinte: Final da terra. Xa que en latín FINIS é final, e TERRE é terra. O Faro Fisterre é o último punto do Camiño de Santiago. Moitos peregrinos seguen outros noventa quilómetros dende Compostela ata chegar aquí. A rexión chámase Costa da Morte porque houbo moitísimos naufraxios debido ao mal tempo e ao mar moi forte e perigoso.
FARO MONTE LOURO Este faro atopámolo no comezo da Costa da Morte, nun dos extremos da bocana da Ría de Muros e Noia, coñecido como Punta Carreiro. Na provincia de A Coruña.
Está enriba dunha enorme rocha, a uns 230 metros de altura sobre o nivel do mar. Consiste nunha torre rematada por un local estanco cilíndrico que contén o raio luminoso e un sistema óptico que se sitúa ó pé do Monte Louro, e que sirve de sinal e aviso para os navegantes dunha das zonas costeiras máis concorridas de Europa , xa que cando hai pouca visibilidade, ou mal tempo, é preciso alumear e avisar aos navegantes Este Faro e uns dos máis novos dos faros emblemáticos da costa galega. Aínda así, foi construído no ano 1962, é dicir, ten xa 53 anos de antigüidade. Xunto ao recinto do faro sobreviven os restos dunha construción de pedra cuxa antigüidade e función descoñecemos. É posible que fose a vivenda dalgún faro anterior ou un antigo refuxio de mariscadores. Parece ser que houbo un faro anterior de mediados do século XIX.
FARO DE CORRUBEDO
Cando o construíron? A construción do faro se iniciou en maio de 1852, e inaugurouse o vinte de febreiro de 1854. Ónde está? Atópase no municipio de Ribeira, na entrada da Ría de Muros, na provincia de A Coruña. Para qué serve? Serve para que as embarcacións, cando hai néboa ou é de noite, vexan a costa, e así evitar chocar con ela e naufragar. Cómo é? O edificio ten unha fachada semicircular que da cara ao mar, para facer fronte os fortes temporais. A Torre ten unha altura de 14 metros. E o foco de luz atópase a 32 metros do nivel do mar. Ten unha luz vermella, que foi posta para diferencialo do Faro de Sálvora, xa que había moitas confusións por parte dos mariñeiros.
FARO DE SÁLVORA Situación O Faro atópase na Illa de Sálvora, que está na Ría de Arousa, aínda que pertence ó municipio de Ribeira, provincia de A Coruña. O orixinal foi construído no ano 1852, e foi substituído en 1904 por outro faro novo, nun punto mais elevado e que puidera alumear mais lonxe. Foi inaugurado en 1921 despois de nove anos de obras.
Cómo é? Ten unha torre octogonal, é dicir, con oito lados, de doce metros de altura. E pode alumear ata 38 quilómetros de distancia, para que os barcos o vexan dende o mar.
Dende o 2002 pertence ó Parque Nacional das Illas Atlánticas. E no ano 2007 foi adquirido por CaixaGalicia por máis de corenta millóns de euros.
Conta con enerxía solar, xa que ten instalados uns paneis na parte superior.
OS FAROS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA
FARO PUNTA CABALO Está en… Atópase na Illa de Arousa, na ría que leva o mesmo nome, na provincia de Pontevedra. É do ano… Foi construído no ano 1852, é dicir, ten xa 163 anos de antigüidade! Está a cargo de… Os encargados do Faro, nos seus comezos, foron dous fareiros, levando varias reformas ao cabo, ata a súa supresión a comezos do século pasado (Lembra: O século pasado é o 1900). Na actualidade funciona como restaurante. O fixeron para… Alumear aos barcos que navegan pola noite. Tamén para cando hai tormenta, néboa e malas condicións de visibilidade na ría. Qué hai preto del… A uns cen metros temos una cala para botar un mergullo, e a cincocentos atópase a praia Area da secada, que conta con moitos servizos.
FARO DE ONS
CÓMO É O FARO? Está formado por unha torre octogonal (recorda, octogonal quere dicir que ten oito lados), e ten unha lanterna de case catro metros de diámetro para alumear cun alcance de vinte catro millas. Conta tamén con paneis solares. ONDE ESTÁ? O Faro atópase no Monte Cucarno, no punto máis alto das Illas Ons, a uns 120 metros de altura. Estas illas atópanse na entrada da Ría de Pontevedra. Estas illas están nun entorno natural pouco habitado, e por tanto mantén o seu aspecto salvaxe que o fai moi atractivo. CANTO TEMPO TEN? Este monumento é do ano 1865, polo tanto ten 150 anos de antigüidade. En 1902 houbo unha reforma importante no Faro.
PÓDESE VISITAR? Si, no verán podemos chegar ata ó faro en barcos, que saen dende Bueu, Aldán, Portonovo, Sanxenxo e Marín.
FARO MONTE DA GUÍA
O Faro do Monte da guía acendeuse por primeira vez no mes de abril de 1844 e permanece así ata que, en 1914, se constrúe o faro actual en substitución do orixinal, o cal supuxo unha enorme mellora na calidade da iluminación. É o segundo faro mais antigo de Galicia. Sitúase entre a denominada Punta do Areiño e o principio da Senda Litoral do Monte dá Guía, no barrio de Teis, na cidade e na Ría de Vigo, na provincia de Pontevedra. O entorno do Faro foi rehabilitado no ano 2010, e agora ten un bonito paseo marítimo. A localización onde se construíu o actual faro foi dende sempre un punto estratéxico para a vixilancia da costa e a defensa contra os invasores. O Faro actual é unha torre cilíndrica revestida de azulexos brancos e con tres ventás rectangulares, e hai moitos anos tiña unha caseta de servizo pegada onde vivía o fareiro, pero que desapareceu co tempo. Agora está protexida cunha vaia para que a xente non faga destrozos.
FARO MUSEO DO MAR
Este faro atópase en Vigo, provincia de Pontevedra, na parroquia de Alcabre. Sitúase na Punta do Muíño. Pertence ao Museo do Mar, que foi construído en 2002 sobre una antiga fábrica de salgadura. Os deseñadores foron o galego César Portela, e o italiano Aldo Rossi A función deste faro é iluminar de noite aos barcos, para que non se acheguen ás rochas ou acantilados. E tamén cando hai moita néboa e pouca visibilidade. Pódese visitar polas mañás de dez a dúas da tarde. E pola tarde, de cinco a sete da tarde. O Faro é de reducidas dimensións, e serve tamén como miradoiro da Ría de Pontevedra para ollar outros faros, outras praias, os barcos, e as postas de sol da Ría de Vigo coas illas Cíes de fondo.
FARO DO MONTE FARO - ILLAS CÍES
O faro atópase nunha das Illas Cíes, que están na Ría de Vigo, na provincia de Pontevedra. É o faro máis importante e máis visitado das illas. Ademais de este, temos o Faro da Porta, e o Faro de Monteagudo. Foi construído entre os anos 1851 e 1853. Ten unha altura de 178 metros sobre o nivel do mar. Para chegar ó seu punto máis alto, temos que facer o camiño en zigzag, que é moi longo pero tamén agradable. Serve, ata o día de hoxe, para que os barcos que se atopan preto da zona das illas, vexan a luz e poidan evitar un accidente nas escuras noites ou cando hai pouca visibilidade.
Interesante! O Faro estivo habitado ata os anos sesenta. O Fareiro, que vivía nel, o coidaba, e mantiña en funcionamento, era tamén o mestre da Escola. Os nenos da illa se achegaban ata alí para asistir ás clases
CABO SILLEIRO O Faro de Cabo Silleiro inaugurouse en 1866. É dicir, ten xa 149 anos! Está na parroquia de Baredo, preto de Baiona, na provincia de Pontevedra. Pódese considerar este cabo como un extremo da bocana da Ría de Vigo, que xunto con cabo home son os dos extremos da mesma. Sabías que estivo en perigo? Cando levaba tan só cinco meses funcionando, ocorreu un incendio na torre, onde os dous fareiros que traballaban alí, e mais a filla dun deles sufriron queimaduras, e non foron capaces de parar o lume. A causa do mesmo foi a caída dunha pequena lámpada enriba duns algodóns con petróleo. Esa noite houbo unha forte tormenta, e a lámpada perdeu uns dezaoito cristais. Nun primeiro momento funcionaba cunha lámpada con aceite vexetal como combustible, e que foi substituída en 1909 por unha lámpada de petróleo. Ata o ano 1932 non comezou a funcionar con electricidade. Este faro atópase a uns 85 metros de altura sobre o nivel do mar. Hoxe é un dos puntos principais de orientación dos navíos que surcan as augas.
FIN