EXPERIMENTOS CEIP VILAVERDE: - PEIXES DE CORES, PEIXES Á CARREIRA
- REACIÓNS DA COL LOMBARDA. CAMBIOS DE COR - O CICLO DA AUGA, AS NUBES E A CHOIVA - A FLOTABILIDADE - A DENSIDADE DOS LÍQUIDOS REALIZADO POR: SUSANA GONZÁLEZ MÁRQUEZ MARÍA TERESA VÁZQUEZ VÁZQUEZ
PEIXES DE CORES (3 ANOS) XUSTIFICACIÓN:
LECTURA DO CONTO “O PEIXE SEN CORES E A NENA”. PEDÍMOSLLE AO ALUMNADO COLABORACIÓN PARA POÑERLLE COR AOS PEIXIÑOS. MATERIAIS:
- PAPEL DE FILTRO DE CAFÉ, RECORTADO CON FORMA DE PEIXE.
- ROTULADOR CARIOCA NEGRO - PRATO CON AUGA
MANS Á OBRA:
1. DEBUXAMOS E RECORTAMOS OS
PEIXES EN PAPEL DE FILTRO. 2. DEBUXAMOS UNHA OU DÚAS RAIAS NOS PEIXES CO ROTULADOR
NEGRO CARIOCA. 3. POÑEMOS UN PRATO CON AUGA 4. METEMOS O RABO DO PEIXE NA AUGA E OBSERVAMOS
¿QUE SUCEDE?
A AUGA SOBE POLO PAPEL DENDE O RABO DO PEIXE , CANDO CHEGA A RAIA DO ROTULADOR ARRASTRA A TINTA DESCOMPOÑÉNDOA EN DIFERENTES CORES. A MEDIDA QUE A AUGA SE VAI DESPRAZANDO POLO PAPEL DE FILTRO ARRASTRA CONSIGO OS
PIGMENTOS QUE CONTEN A RAIA DO ROTULADOR E O QUE SE COÑECE COMO
CROMATOGRAFÍA (SEPARANDO SUBSTANCIAS).
PEIXES NADADORES (3 ANOS) XUSTIFICACIÓN: XURDIU DESPOIS DO PRIMEIRO EXPERIMENTO, O ALUMNADO QUERÍA QUE OS PEIXES NADARAN.
MATERIAIS: -
PAPEL ALBAL DAS MERENDAS RECORTADO CON FORMA DE PEIXE
-
RECIPIENTE CON AUGA
-
XABÓN LÍQUIDO
-
PALILLO
MANS Á OBRA:
1. RECORTAMOS OS PEIXES NO PAPEL ALBAL .
2. BOTAMOS AUGA NO RECIPIENTE. 3. POÑEMOS OS PEIXES POR RIBA DA AUGA CON COIDADO.
4. MOLAMOS O PALILLO NO XABÓN E DESPOIS NA AUGA. 5. OBSERVAMOS QUE OCORRE.
¿QUE SUCEDE?
AS MOLÉCULAS DA AUGA DA SUPERFICIE FORMAN UNHA FINA PELÍCULA QUE OFRECE UNHA RESISTENCIA E A COÑECIDA TENSIÓN SUPERFICIAL. AO INTRODUCIR O XABÓN NA AUGA ROMPEMOS A TENSIÓN SUPERICIAL E PROVOCAMOS UN MOVEMENTO DAS MOLÉCULAS QUE FAN QUE OS PEIXES SE MOVAN E SE DESPRACEN ATA OS EXTREMOS DO RECIPIENTE.
REACIÓNS DA COL LOMBARDA. CAMBIOS DE COR (4 ANOS) XUSTIFICACIÓN: O ALUMNADO ESTÁ DESENVOLVENDO O PROXECTO “AS PLANTAS”: CULTIVADAS, ARBOREAS, INVASORAS, AROMÁTICAS… NO HORTO DO COLE COA AXUDA DOS MAIORES PLANTARON ALGUNHAS DAS CULTIVADAS. TAMÉN APROVEITAMOS PARA EXPERIMENTAR COAS MENOS RECOÑECIDAS, NESTE CASO A COL LOMBARDA. MATERIAIS:
-
¼ DE COL LOMBARDA
-
VINAGRE, BICARBONATO
-
XABÓN EN PO
-
UN COITELO, UN MORTEIRO,
UN COADOR E
3 VASOS
MANS Á OBRA: 1. CORTAR A LOMBARDA EN ANACOS CO COITELO, UN ADULTO. 2. BOTAR OS CACHIÑOS NUN MORTEIRO CUN POUCO DE AGUA. ESMAGAR A LOMBARDA CO MAZO. 3. ENGADIR UN POUCO MÁIS DE AGUA E MESTURAR. 4. VERTER A AGUA DA LOMBARDA EN TRES VASOS. EMPREGAR UN COADOR. 5. A AGUA DOS TRES VASOS TEN UNHA COR OSCURA AZUL VIOLETA. 6. SE BOTAMOS UN POUCO DE VINAGRE NO PRIMEIRO VASO, COMO POR ARTE DE MAXIA, ¡DE REPENTE O LÍQUIDO VÓLVESE VERMELLO! SE BOTAMOS UN POUCO DE XABÓN EN PO NO SEGUNDO VASO, MUDA VERDE AMARELO! SE BOTAMOS BICARBONATO DE SODIO NO TERCEIRO VASO VERÁS COMO MUDA A AZUL.
¿QUE SUCEDE? ÁCIDOS E BASES: A LOMBARDA TEN UN COLORANTE ESPECIAL QUE SE PODE EXTRAER CORTÁNDO AS SÚAS FOLLAS. NUN LÍQUIDO NEUTRO, ESTE COLORANTE É AZUL VIOLETA. PERO CAMBIA DE COR SEGUNDO O QUE SE LLE ENGADA A ESE LÍQUIDO. NUNHA SOLUCIÓN ÁCIDA, VÓLVESE VERMELLA. NUNHA SOLUCIÓN BÁSICA, VÓLVESE AZUL. SE A SOLUCIÓN É TODAVÍA MÁIS BÁSICA, ENTÓN VÓLVESE AMARELA. ASÍ QUE O CAMBIO DE COR INDÍCANOS SE UN LÍQUIDO É ÁCIDO OU BÁSICO.
O CICLO DA AUGA (4 ANOS) XUSTIFICACIÓN:
O ALUMNADO DESENVOLVE O PROXECTO “AS PLANTAS”. TIVEMOS QUE ESPERAR UNS DÍAS PARA PLANTAR
PORQUE CHOVIA. XURDIRON PREGUNTAS SOBRE AS NUBES E A CHUVIA. MATERIAIS: -
BOLSA HERMÉTICA DE PLÁSTICO
-
ROTULADORES
-
AUGA FRÍA E COLORANTES
-
GOTEIROS E XERINGAS
-
VASOS
MANS Á OBRA CICLO DA AUGA: 1. TINGUIMOS A AUGA COS COLORANTES 2. DEBUXAMOS COS ROTULADORES NAS BOLSAS O SOL QUE PROVOCA A EVAPORACIÓN E A LIÑA POR ONDE IMOS POÑER A AUGA EN ESTADO LÍQUIDO. 3. INTRODUCIMOS A AUGA NA BOLSA 4. COLGAMOS NUNHA VENTÁ SOLEADA E OBSERVAMOS COMO SE EVAPORA E CONDENSA A AUGA COA CALOR DO SOL.
¿QUE SUCEDE? NA BOLSA SIMULAMOS UNHA ATMOSFERA CONTROLADA, ONDE TEMOS A AUGA EN ESTADO LÍQUIDO QUE SE VAI EVAPORANDO COA CALOR DO SOL, ELÉVASE NO AIRE EN ESTADO GASEOSO, ATA QUE COMEZA A BAIXAR A TEMPERATURA E SE CONDENSA, FORMANDO GOTAS DE AUGA QUE SE UNEN E FORMAN AS NUBES. CANDO PESAN MOITO PRECIPITAN E DESCARGAN EN FORMA DE CHOIVA. COMEZANDO DE NOVO O PROCESO POR ISO SE CHAMA CICLO DA AUGA.
AS NUBES E A CHOIVA (4 ANOS) XUSTIFICACIÓN: O ALUMNADO DESENVOLVE O PROXECTO “AS PLANTAS”. TIVEMOS QUE ESPERAR UNS DÍAS PARA PLANTAR PORQUE CHOVIA. XURDIRON PREGUNTAS SOBRE AS NUBES E A CHUVIA. MATERIAIS: -
BOTE DE CRISTAL
-
ESCUMA DE AFEITAR
-
VASOS CON AUGA
-
COLORANTES
-
GOTEIROS E XERINGAS
MANS Á OBRA: 1.
2. 3. 4.
ENCHEMOS UN BOTE DE CRISTAL ATA ALGO MÁIS DA METADE, SIMULANDO A ATMOSFERA. BOTAMOS ESCUMA POR RIBA DA AUGA DO BOTE, SIMULANDO A NUBE ALGODONADA- CÚMULO COA AUGA MOI CONDENSADA. PREPARAMOS 4 VASOS DE AUGA CON COLORANTE, SIMULARÁN AS GOTAS DA CHOIVA DE CORES. COS GOTEIROS E AS XERINGAS BOTAMOS AUGA POR RIBA DA NUBE QUE PRECIPITARÁ EN FORMA DE GOTAS DE CHUVIA DE CORES.
¿QUE SUCEDE?
A NUBE ALGODONADA OU CÚMULO, NUBE ALTA CON BORDES DEFINIDOS, NON DEIXA CAER AS GOTAS (PRECIPITAR) ATA QUE SE SATURA, SE ENCHE DE AUGA, MOMENTO NO QUE A AUGA CON COLORANTE VAI ABRINDO PASO ATA CHEGAR A AUGA CLARA PARA FORMAR FERMOSAS FIGURAS OU GOTAS.
FLOTABILIDADE (5 ANOS) XUSTIFICACIÓN:
O ALUMNADO DESENVOLVE O PROXECTO “O DESCUBRIMENTO DE AMÉRICA”. APROVEITANDO A NAVEGACIÓN E AS CARABELAS INTRODUCIMOS A FLOTABILIDADE. MATERIAIS: -
DOUS RECIPIENTES CON AUGA
-
MATERIAIS DIVERSOS: MADEIRA, PLÁSTICO PLASTILINA, CORCHO, CLIP, CUBERTOS…
MANS Á OBRA 1ª PARTE: 1. 2.
DISPOÑEMOS DOUS RECIPIENTES CON AUGA. HIPOTIZAMOS SOBRE A FLOTABILIDADE DOS MATERIAIS PRESENTES.
3.
COMPROBAMOS AS HIPÓTESES.
MANS Á OBRA 2ª PARTE: 1.
XURDEN NOVAS HIPÓTESES E COMPROBÁMOLAS: - SE FACEMOS BÓLAS DE PLASTILINA MÁIS PEQUENAS FLOTAN
2. QUE PASARÍA SE LLE DÉSEMOS FORMA DE BARCO, CAL SERÍA A MÁIS NAVEGABLE E RESISTENTE.
¿QUE SUCEDE? A AUGA EXERCE UNHA FORZA CARA ARRIBA QUE ACTÚA SOBRE OS CORPOS QUE SE SOMERXEN NELA. PRINCIPIO DE ARQUÍMIDES. CANTA MÁIS AUGA DESALOXA UN OBXECTO NA SÚA INMERSIÓN , MAIOR É O EMPUXE CARA ARRIBA.
A BÓLA DE PLASTILINA AFUNDESE PORQUE É MÁIS DENSA QUE A AUGA, DESALOXA POUCA AUGA E O EMPUXE CARA ARRIBA É INSUFICIENTE. SE LLE DAMOS FORMA DE BOTE OCUPA MAIOR VOLUME E DESALOXA MOITA MÁIS AUGA, O EMPUXE É MAIOR E PERMITE QUE O BOTE FLOTE.
AUGA DOCE – AUGA SALGADA (5 ANOS) XUSTIFICACIÓN:
O ALUMNADO DESENVOLVE O PROXECTO “O DESCUBRIMENTO DE AMÉRICA”. DESPOIS DO 1º EXPERIMENTO XORDE A SEGUINTE DÚBIDA: ONDE FLOTAMOS MÁIS. MATERIAIS: -
DOUS BOTES DE AUGA
-
DOUS OVOS
-
SAL
MANS Á OBRA: 1. DISPOÑEMOS AUGA NOS DOUS BOTES 2. NO PRIMEIRO INTRODUCIMOS UN DOS OVOS E OBSERVAMOS. 3. NO OUTRO ENVASE BOTAMOS 4 CULLERADAS DE SAL, REMEXEMOS, BOTAMOS O OUTRO OVO E OBSERVAMOS.
¿QUE SUCEDE? SOBRE O OVO ACTÚAN DÚAS FORZAS: O SEU PESO (A GRAVIDADE QUE O EMPUXA CARA ABAIXO) E O EMPUXE DA AUGA (RESISTENCIA DA AUGA QUE O EMPUXA CARA ARRIBA). SE O PESO É MAIOR QUE O EMPUXE DA AUGA O OVO AFÚNDESE. EN CASO CONTRARIO FLOTA E SE SON IGUAIS O OVO QUEDA NO MEDIO. O OVO AFÚNDESE NA AUGA DOCE PORQUE A SÚA DENSIDADE É MAIOR QUE A DA AUGA. AO ENGADIRLLE SAL A DENSIDADE DA AUGA É MAIOR QUE A DO OVO E O OVO FLOTA. A AUGA EXERCE UNHA FORZA CARA ARRIBA QUE ACTÚA SOBRE OS CORPOS QUE SE SOMERXEN NELA. PRINCIPIO DE ARQUÍMIDES.
DENSIDADE DOS LÍQUIDOS (OBRADOIRO EP) XUSTIFICACIÓN:
APROVEITANDO QUE NOS DIFERENTES NIVEIS DE EP ESTÁN TRABALLANDO OS LÍQUIDOS LEVAMOS A CABO ESTE EXPERIMENTO NO LABORATORIO NO TEMPO DE RECREO CON ALUMNADO DIFERENTES IDADES. MATERIAIS: -
PROBETAS
-
COLORANTES
-
AUGA, ACEITE, ALCOHOL E XABÓN LÍQUIDO
MANS Á OBRA: 1.
PRESENTAMOS OS LÍQUIDOS E HIPOTIZAMOS SOBRE A SÚA DENSIDADE, COMO PODERÍAMOS VERTELOS NAS PROBETAS PARA QUE NON SE MESTURARAN. 2. TINGUIMOS A AUGA DE VERMELLO E O ALCOHOL DE AZUL PARA DIFERENCIALOS. 3. OS DIFERENTES GRUPOS COINCIDEN NAS HIPÓTESES E PASAMOS A COMPROBALAS.
¿QUE SUCEDE?
LÍQUIDOS QUE OCUPAN O MESMO ESPACIO (50ML) PODEN TER MAIOR OU MENOR DENSIDADE. O LÍQUIDO MÁIS DENSO É O QUE PESA MÁIS E DEPOSÍTASE ABAIXO NA TORRE. O QUE TEN UNHA DENSIDADE MENOR SITÚASE ENRIBA, É DICIR, É MENOS DENSO QUE O ANTERIOR E MÁIS QUE O POSTERIOR. PARA QUE AS CORES QUEDEN CLARAMENTE DEFINIDAS É IMPORTANTE INTRODUCIR OS LÍQUIDOS POR ORDE DE DENSIDADE.
OUTRAS EXPERIENCIAS: BRÚXULA CASEIRA
COCHE AUTOPROPULSADO