Issuu samuel malvar

Page 1

Samuel Malvar Mouco IES Laxeiro Curso Linguas_TIC ACTIVIDADE CON ISSUU TÍTULO: Revue de presse NIVEL EDUCATIVO: 1º-2º Bacharelato RECURSOS NECESARIOS: Ordenador con acceso a internet - Encerado Dixital Interactivo CONTIDOS A TRATAR: Selección dun texto en base a criterios persoais, identificación da estrutura e dos aspectos máis relevantes do texto, resumo do contido do texto, exposición oral do traballo desenvolvido. PROCEDEMENTO A SEGUIR PARA LEVAR A ACTIVIDADE Á PRÁCTICA: Cada alumn@ recibe os enlaces das publicacións previamente seleccionadas polo profesor na plataforma Issuu (revistas, xornais). O/a alumn@ escolle un texto que lle guste (artigo, reportaxe...) e prepara unha pequena exposición oral onde terá que presentar o texto elixido. Deberá explicar cales son os aspectos máis relevantes: publicación, título, autor, data, estrutura, resumo do contido. Tamén explicará por que elixiu o texto en cuestión, que aspectos lle pareceron máis interesantes (estéticos, textuais, estilísticos...) ou por que lle interesa o tema tratado.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.