O sistema locomotor
O aparello locomotor está formado polos músculos e os ósos. Os estremos dos ósos están cubertos de cartilaxe, un tecido máis elástico que se atopa tamén nas orellas e no naris. Os ósos únense nas articulacións mediante os ligamentos. Pola súa parte, os músculos únense cos ósos mediante tendóns. O sistema locomotor está formado polos ósos, músculos, articulacións, tendóns e polos ligamentos.
O FUNCIONAMENTO DO APARELLO LOCOMOTOR O aparello locomotor produce o movimiento mediante o traballo conxunto dos músculos e dos ósos. Os músculos reciben ordes do cerebro ou da médula espiñal mediante os nervios motores, que chegan ata os músculos e fan contacto
con eles. O movemento prodúcese nas articulacións móviles do sistema óseo. Por exemplo, na articulación do cóbado, o bíceps e o tríceps son músculos antagonistas.
OS MOVEMENTOS VOLUNTARIOS Os movementos voluntarios son os que realiza o corpo, involuntariamente e dun modo consciente para camiñar, para comer etc... As ordes para estes movementos do cerebro é chegar aos músculos a través dos nervios.
OS MOVEMENTOS REFLEXOS Os movementos reflexos ocorren de forma autonómica, sen que deamos a orde conscientemente. Non obstante, cando ocorren, somos conscientes de que ocorreron. Moitos reflexos teñen función protectora, para evitar situacións perigosas. Por exemplo, pechamos os ollos cando algo se achega moito a eles ou retiramos a man se nos picamos con algo. En moitos reflexos non intervén o cerebro, senón a médula espiñal, que recibe a información e ordena o movemento. Deste modo, a resposta é aínda máis rápida. O proceso ocorre en varios pasos: -Un órgano dos sentidos capta un estímulo que pode ser dañino ou perigoso e manda a información ao cerebro ou á médula espiñal. -O cerebro ou a médula espiñal reciben a información e ordenan un movemento. -A orde viaxa aos músculos por un nervio motor e os músculos realizan o movemento.
O FUNCIONAMENTO O aparello locomotor produce o movemento mediante o traballo conxunto dos músculos e dos ósos, grazas á capacidade que teñen os músculos de variar o seu tamaño. Os músculos reciben orde do cerebro ou da médula espiñal mediante os nervios motores,que chegan ata os músculos e fan contacto con eles. Cando un músculo recibe a orde,contraese, é dicir, diminúe de tamaño, e tira dos ósos aos que está unido. Cando cesa a orde, o músculo reláxase e recupera o seu tamaño orixinal. Con iso, os ósos volven á súa posición inicial. O movemento prodúcese nas articulacións móviles do sistema óseo. A miúdo, no movemento dunas articulación participan dous músculos, chamados antagonistas, que realizan movementos opostos. Por exemplo, na articulación do cóbado, o bíceps e o tríceps son músculos antagonistas.