DOSSIER ESPECTÁCULO OLA EN GALEGO

Page 1

< LA OLA FLOTANTE > < THE FLOATING WAVE > < A ONDA FLOTANTE> < LA VAGUE BUOYANT > < UR GAINEKO OLATUA > Espectáculo Flotante (Xira de danza, piano e música sobre a auga)

Tour en paisaxes acuáticas de cidades e pobos do norte do Estado Co-produción Alpina-AsTur-Canta-Euskal-GaLaica


O proxecto A ONDA, foi crecendo e adquirindo a súa propia personalidade durante a súa presentación como “concerto flotante” nestos tres últimos anos no Festival La Xata la Rifa, sendo agora o momento de promocionarse de forma independente, con seu propio carácter, ao longo dun Tour por Cidades e Pobos do Cantábrico, onde o piano e os instrumentos musicais e a danza crean paisaxes acuáticas, realizándose a través dunha co-produción Alpina-Cantabro-AsTur-EuskalGaLaica de espazos e artistas. Presenta un claro posicionamento e respeto cara a idiosincrasia rural, costeira e tradicional dos pobos e cidades, así como unha mirada fresca mostrando traballos escénicos en espazos menos “culturizados”, menos convencionais, como fonte de inspiración e de achegamento a públicos non acostumados ou illados dos circuitos culturais contemporáneos. A ONDA, un repertorio de personaxes e ambientes sonoros, mostrados en espazos inusuais e acuáticos de cidades e pobos do Norte, coa co-produción alpina francesa, asturiana, vasca, cántabra e galega de diferentes artistas, para propiciar intercambios, colaboracións, fusións e enriquecemento artísticos - cidadáns, así como difundir novas linguaxes escénicas a públicos non habituados á escena actual, potenciando os escenarios naturais e a beleza de cada pobo, cidade partícipe na xira, sendo o propio evento o nexo de unión e fusión entre as culturas dos diferentes pobos.

< LA OLA > < THE WAVE > < A ON


NDA > < LA VAGUE > < OLATUA >


Desbordar o Cantábrico. Facer xirar a auga mostrando repertorios marinos, onde as personaxes son illas flotantes que se atopan por instantes en momentos azarosos, onde crean diferentes historias, a través dun mar que provoca cambios e adaptacións continuamente… onde o folclore, a chanson, o bucólico, o poético,… se unen para arrastrar ao espectador a lugares fronteirizos, oníricos de mundos subacuáticos e marinos, un recital para escoitar o ritmo musical da auga, o movemento das mareas, deixarse mexer e aturdir polas escenas que se van sucedendo, desembarcando, mareando os pes ao chegar a terra firme, envolvéndose na area...

< LA OLA > < THE WAVE > < A ON


NDA > < LA VAGUE > < OLATUA >


Dirección Coreo-escénica: Mónica Cofiño Piano e Chanson: Phillipe Serranne Acordeón, Tuba, Tonada e Copla: Rodrigo Cuevas Voces, Arpa, batería e danza: Sofía Fernández Guitarra, Banjo, violín: Fernando Oyánguez Reyes Asistencia escénica: Alicia Pilarte E Ana Fernández

Equipo Artístico

< LA OLA > < THE WAVE > < A ON


Produción, Distribución, Difusión e Prensa: Julen Abasolo, Cristina Balboa, Inés Bermejo e Manu Lago Idea e Construcción de Piano Flotante: Voel Martin Construcción plataforma Flotante: Patrick San Miguel Figuración: Pescador LoCaL, barquito y Gaitero Vestiario: Regina Dejiménez Video e Foto: Ines Bermejo, Tilo Martin E Agustín Pilarte Deseño gráfico: Manu Lago

Equipo Técnico

NDA > < LA VAGUE > < OLATUA >


Mónica Cofiño Bailarina, performer E productora de acontecementos Dirección coreoescénica

Diplomada en Turismo e licenciada en ballet clásico-español polo Conservatorio Profesional de Danza de Madrid. Completa a súa formación no Centro Coreográfico de León e no Institut del Teatre de Barcelona, ademáis de estudar en escolas e teatros de Budapest, Viena, Berlín, Bruselas, París, San José de Costa Rica e Amsterdam. Traballou en diferentes campos da arte e da escena contemporánea, en colaboracións con videocreadores (FiumFoTo, De Nooijer e Surasi kusolwong), performances para os artistas Marcelï Antunéz, Cuco Suárez, Jordi Val-lamora e Annie Sprinkle, así como produción con Rodrigo García, Rocio Molina e Carlos Marquerie. Cofunda a compañía de danza Bailarinas Parabólicas, e o espazo de La Pecera Elástica. Recibiu o premio Injuve a propostas escénicas 2009 e Astragal 2010. Na actualidade desenvolve Texto y danza Para vacas, laboratorio onde investiga outras formas de presentación, reivindica novos circuitos culturais e tempos na arte, cuestiona a mirada do espectador e responde a outros mecanismos de financiación. Recientemente organizou nos pobos de Asturias a terceira edición de La Xata La Rifa Festival e levou a cabo o seu XataTour, Cowshows e o seu propio cowfunding por cidades e pobos de EEUU, Cuba, Costa Rica, Francia, España e Llanes. Cociña FabadaDance desde a súa estrea en decembro de 2014, así como unha rede-tren artística para Creative Europe.

Phillipe Serranne Cantante e compositor, escritor, pianista e produtor Piano e Chanson

Ata 2006 e durante 15 anos realiza chanson francesa en grupos vocais. Publica en 2008 un cd-libro solo de piano “Saltimbanque mondialisé” e en 2013 “Je suis le fou”. Desde 2006 realiza máis de 250 concertos en Francia + Alemania, Hungría, Canadá, España, Portugal, Letonia e Rusia. ‘Pocket opera’ Je suis le fou para voz, acordeón, batería e pintura en vivo desde 2013. Flotante xiras de piano coa Compagnie Volière desde 2013 - www.lavoliere.org É director artístico do Festival Festifai (chanson e land art nos Alpes franceses) e Art Train “le Veyn’art” (actores, artistas plásticos, cantantes e músicos abordo dun vello ‘Micheline’ entre Marsella e os Alpes) - ver www.festifai.org www.philippeseranne.com

< LA OLA > < THE WAVE > < A ON


Rodrigo Cuevas Músico, creador e intérprete Acordeón, Tuba, Tonada e Copla

Fórmase cos graos medio e elemental da especialidade de Piano no conservatorio Eduardo Martínez Torner e comenza o Grado Superior de Sonoloxía na ESMUC de Barcelona. Realiza estudos de Tuba cos mestres David Moen, Mel Culbertson e Pablo Merino. Introdúcese no acordeón, o canto e no mundo do cabaré, o folclore e máis tarde a copla e o cuplé. No 2012 funda La Dolorosa Compañía, un dúo cómico-musical que revoluciona o mundo cabareteiro e cupletero en Galicia. Reciben o premio Manboleo do público ao mellor dúo musical 2014. Desde 2013 ten un espectáculo en solitario que profundiza nesa liña continuadora da parte máis sicalíptica do cuplé e da música tradicional, recibindo o premio Manboleo a mellor solista 2013.

Sofía Fernández Artista física, musical e actriz Voces, Arpa, Batería e Danza

Destacan os seus traballos coas compañías de teatro físico e performance The Whodowudoos, The Karavan Ensemble, Rabos de Lagartija, Hilly y Pollah e La Xata en Ascensión, e cos grupos musicais Zombi Zú, Link, The Technoillogical Myopia e máis recentemente con Fernández, formación para a que compón e toca a batería. Profesora de Artes Escénicas e de Lingua e Literatura imparte talleres e cursos relacionados coa creatividade e as disciplinas das artes do movemento e aa práctica de escritura desde 2010.

NDA > < LA VAGUE > < OLATUA >


< LA OLA > < THE WAVE > < A ON


NDA > < LA VAGUE > < OLATUA >


< LA OLA > < THE WAVE > < A ON


NDA > < LA VAGUE > < OLATUA >


A xira terรก lugar durante o mes de agosto de 2015, realizรกndose un cronograma adecuado aos lugares a visitar durante a mesma, buscando aproveitar as coincidencias con festas locais, festivais e demรกis eventos que poideran coincidir co pobo ou cidade destino.

< LA OLA > < THE WAVE > < A ON


CONTACTOS Asturias - Cantabria (+34) 653 954 337 Monica Cofiño monicaparabolica@gmail.com Galicia (+34) 607 186 224 Manu Lago malagra@gmail.com País Vasco (+34) 676 441 238 Inés Bermejo ines.bermejo@gmail.com Francia (+33) 06 68 19 15 21 Voël Martin voel.martin@gmail.com

NDA > < LA VAGUE > < OLATUA >


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.