2 minute read

O MUVI achéganos unha mostra virtual sobre as mulleres nos videoxogos

Gamerse desenvolvedoras

O MUVI crea unha mostra virtual en 360º sobre mulleres e videoxogos

Advertisement

AFundación Museo do Videoxogo de Galicia colaborou os días pasados coa Universidade da Coruña nas segundas xornadas Mulleres detrás dos videoxogos. Ao abeiro destas actividades, a fundación achegou dende a súa sede en Cangas do Morrazo a que sería, en palabras dos seus responsábeis, “a primeira exposición de corte museístico, exclusivamente virtual interactiva, cun enfoque feminista, histórico e social”. Podemos vela na web do MUVI, nun apartado específico centrado nas xornadas, a través de http:// mulleresvideoxogos.muvi.gal/. Tamén é accesíbel por medio dos nosos móbiles. A fundación argallou a mostra a petición da Universidade da Coruña, nunca actividade enmarcada dentro das ditas xornadas. “O obxectivo da exposición”, sinalan dende o MUVI, “non soamente

se limita a ser unha solución tecnolóxica innovadora dentro do eido museístico, cultural e expositivo, senón que busca, a través da súa formulación físico-virtual, explorar novas vías de eficacia á hora de presentar e relacionar contidos, obxectos, obras ou ideas”.

Navegando por ela, os visitantes teñen a posibilidade de gozar “cunha experiencia profunda”, con gran cantidade de información audiovisual e con ligazóns externas que nos convidan a afondar en diferentes vertentes da temática tratada”, explican, engadindo que se “trata dun resumo práctico, elegante e innovador que trata de poñer cara e contexto a algunhas das mulleres máis relevantes da industria a través dun percorrido cultural, ambientado no único museo sobre videoxogos de Galicia”.

A xornadas

A Facultade de Ciencias de Comunicación da UDC organizou a segunda edición das xornadas internacionais Mulleres detrás dos videoxogos, que este ano celebráronse de forma virtual, dende o día 2 ao 9 de outubro. A actividade achegou un programa con relatorios e faladoiros en directo, abertos á participación do público, con outro tipo de contidos en vídeo e a devandita exposición virtual sobre pioneiras dos videoxogos. A exposición virtual

A Fundación Museo do Videoxogo de Galicia presenta un modelo de exposición que permitirá descubrir e analizar ao longo de case 50 anos de historia a obra dunha chea de mulleres vencelladas ao eido do lecer interactivo, dende os comezos ata a actualidade, “fomentando deste xeito a comprensión e alcance do seu legado”, explican dende o MUVI. Na visita virtual temos acceso íntegro aos espazos do museo e neles poderemos atopar instalacións expositivas distribuídas en puntos de referencia, con videoconsolas e videoxogos representativos das biografías de cada unha das mulleres abordadas na mostra. 

This article is from: