2 minute read
O CITIC obtén novos e im portantes recoñecementos ao seu labor
from Código Cero 209
Novo capítulo do libro de recoñecementos do CITIC
Advertisement
OCentro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña renovou a súa acreditación como Centro de Investigación do Sistema Universitario de Galicia. O pasado mes de decembro tivo lugar en Santiago de Compostela o acto de entrega de acreditacións a oito centros de investigación das tres universidades galegas, entre os que se atopa o CITIC.
Asistiron ao acto o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, os reitores das tres universidades galegas e os directores dos oito centros de investigación acreditados. O CITIC estivo representado polo seu diEsta concesión pon en valor as nosas capacidades e permitiranos situarnos como un centro de referencia nacional e internacional no ámbito das TIC. Manuel F. González Penedo
rector, Manuel F. González Penedo, e o reitor da UDC, Julio Abalde Alonso.
Os oito centros agruparanse baixo a marca común CIGUS (Centros de Investigación do Sistema Universitario Galego), unha etiqueta que a modo de “Galicia Calidade da Investigación”, segundo palabras de Nuñez Feijóo, permitirá proxectar e identificar a Galicia como referente no ámbito científico e investigador a nivel estatal e internacional.
“Esta concesión supón para o CITIC un recoñecemento ao traballo que se realiza desde o centro, que pon en valor as nosas capacidades e permitiranos situarnos como un centro de referencia nacional e internacional no ámbito das TIC”, indicou o director do centro, Manuel F. González Penedo. Amparo Alonso recibe o Premio María Josefa Wonenburger Planells A investigadora do CITIC Amparo Alonso recibiu o Premio María Josefa Wonenburger Planells, outorgado pola Xunta de Galicia a través da Unidade de Muller e Ciencia. Este galardón ten o obxectivo de recoñecer ás mulleres galegas que dedican a súa vida profesional a algún campo da ciencia ou a tecnoloxía. Este premio, que se entrega anualmente desde 2007, creouse coa finalidade de incrementar a presenza das mulleres galegas nestes ámbitos, situando nun primeiro plano a perspectiva de xénero na actividade científica. O premio leva o nome da investigadora e matemática galega María Josefa Wonenburger Planells, unha pioneira e referente feminino internacional no ámbito das ciencias.
Amparo Alonso é catedrática de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial da Universidade da Coruña e presidenta da Asociación Española para a Intelixencia Artificial (AEPIA). Ademais, este ano entrou a formar parte do recentemente constituído Consello Asesor de Intelixencia Artificial do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital do Goberno de España.