2 minute read
igualitarias O CITIC captará talento internacional cun innova
from Código Cero 212
O CITIC avanza en excelencia científica
O Centro de Investigación TIC captará talento internacional cun innovador programa de doutoramento
Advertisement
OCentro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña obtivo unha importante concesión da Comisión Europea, por valor de 650.000 euros, dentro da prestixiosa convocatoria COFUND, enmarcada dentro de las Acciones Marie Sklodowska Curie (MSCA).
O programa 3-i ICT (International, Interdisciplinary and Intersectoral Information and Communications Technology PhD Programme), polo que aposta a Comisión Europea, permitirá a captación internacional de 8 investigadores/as, que se integrarán nos equipos de investigación do CITIC.
Trátase do primeiro programa concedido a unha institución galega dentro da convocatoria COFUND 2020. Desta forma, o CITIC é unha das 11 entidades españolas que obteñen financiamento para fomentar a excelencia na formación do persoal investigador, a súa mobilidade e desenvolvemento da carreira profesional.
O programa 3-i ICT dispón dun orzamento total de 1,3 millóns de euros, contando
O programa 3-i ICT permitirá a captación internacional de 8 investigadores/as que se integrarán nos equipos de investigación do CITIC
tamén con co-financiamento da Secretaría Xeral de Universidades da Xunta de Galicia e a Axencia Galega de Innovación (GAIN), ademais da axuda concedida pola Comisión Europea.
A iniciativa terá unha duración de cinco anos e iniciarase nos vindeiros meses. O novo persoal investigador desenvolverá as súas teses doutorais interdisciplinarias relacionadas coas liñas de investigación principal do CITIC: Intelixencia Artificial, Ciencia e Enxeñaría de Datos, Computación de Altas Prestacións, Servizos e Redes intelixentes, así como a área de investigación transversal, a Ciberseguridade.
As teses doutorais contarán cun elevado compoñente intersectorial e internacional, posto que incluirán estancias en recoñecidas universidades, así como en prestixiosos centros de investigación e empresas de dentro e fóra de España. Esta formación proporcionará ao persoal investigador unha sólida vantaxe competitiva nas súas carreiras.
A obtención dun proxecto COFUND supón para o CITIC “un gran logro a nivel institucional”, que permite “aliñar as políticas e programas de captación de talento investigador cos estándares establecidos pola Comisión Europea en materia de recursos humanos en investigación”, explicaron fontes do centro da UDC, engadindo que este proxecto “constituirá unha mellora da excelencia científica, avanzando no posicionamento do centro a nivel internacional. 3-i TIC colocará ao CITIC como un novo hub de talento investigador en Galicia e Norte de Portugal, representando un salto para cumprir cos obxectivos da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3) e a Estratexia de Especialización Intelixente de la Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal (RIS3T)”.