Conversas vexetais

Page 1

CONVERSAS VEXETAIS E

OUTROS ENREDOS

M. Fernรกndez


DON COGOMBRO -Ola don Pepino! -Non me chamo son galego! -Perdoe vostede, -Don Cogombro, non lle importa! -De acordo, Don non me volverei

Pepino, don Pepi単o. por favor, se Cogombro, enganar!


A SEÑORA

CABAZA

-Bos días, señora Cabeza! -Cabaza, nena, Cabaza! -Que simpática! A señora Cabaza parece que fala co a! Se falara co e chamaríase Quebece! Se falara co i chamaríase Quibici! Se falara co o chamaríase Cobozo! Se falara co u chamaríase Cubuzu!


A CEBOLA -Por que me fas chorar? -E ti por que me cortas?


O ALLO -Non tes medo? -Non. -Nin siquera un chisco? -Nin siquera un chisco. -Por que? -Porque con s贸 ensinar un dente non hai vampiro que se me achegue nin meiga que me entre. -Que valente! En vez de Allo deb铆aste chamar Superallo!


O TOMATE -Señor Tomate, convídoo a un te. -Moitas grazas, pero non tomo te. -E logo que toma, señor Tomate? -Tomo mate. -Non se preocupe, señor Tomate, convídoo a un mate.


O HOME VEXETAL O home vexetal ten cabeza de cabaza, cabelos de grelos, ollos de allos orellas de cornellas boca de moca, sorriso de ourizo e nariz de anĂ­s.


O home vexetal ten tronco

de porro,

brazos de ravos, mans de grans, unllas de carabu帽a embigo de figo e coraz贸n de mel贸n.


O home vexetal ten pernas de peras pĂŠs de cogomelo e dedas de nĂŠsperas.


Din que o home vexetal ten voz de noz pensamentos de pementos

e so単os de amorodos!


CASAMENTO DE COLIFLOR E REPOLO Un día que estaba soa, na horta de miña avoa, asistín a un casamento. Xuro que non o invento! -E quen casaba? -Coliflor e Repolo. -Si? E que roupa levaban? -Coliflor, un traxe branco, de tul, e zapato baixo. -Ouh, que fermosa! -Repolo, un traxe verde, de seda do señor Verme. -Ouh, que exquisito! E os convidados, como ían vestidos?


-Remolacha e máis Ravo levaban traxe morado. -Ouh, que conxuntados! -O vello Allo puxo os dentes e estrenou modernos lentes. -Ouh, que rexuvenecido ! -Cebola lucía capa feita de ante e napa e choraba de emoción apoiada en don Limón. -Ouh, que sensible! -Cabaza acudiu coa filla, a fermosa cabaciña, as dúas con traxe longo e na cabeza un gran moño. -Ouh, que finas!


-Berenxena estrenaba, do morado estaba cansa, por iso puxo un vestido amarelo moi florido. -Ouh, que oricinal! -A delicada leituga levaba xombreiro e luvas. - Ouh,que distinguida!

-Tomate lucía gravata con traxe e camisa branca. -Ouh,que elegante! -Tapábase a calva Porro cun estrambótico gorro. -Ouh, que extravagante!


-E Pemento, o de Padrón, chaqueta e pantalón. -Ouh,que señorial! -Cenoria, con pamela e saia de cor canela. -Ouh, que refinada! E que máis? -Máis nada. Vou xogar, canseime de inventar!


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.