OS HÓRREOS E OS MUÍÑOS
O hórreo galego é un edificio destinado a secar, curar e gardar o millo antes de debullalo e moelo. Consta dunha cámara de almacenaxe oblonga, estreita e permeable co paso do aire, separada do chan por varios piares para evitar a entrada da humidade e de animais coma os ratos. As partes do hórreo son: Os pés Os tornarratos Os claros A mesa A sopena O tellado Os remates
O muíño forma parte da arquitectura popular galega
Sempre á beira dos ríos, movidos polas súas augas, os muíños estaban atendidos ás veces polos muiñeiros que se encargaban do seu funcionamento. Outras veces eran os propios veciños, que ían levar o gran ao muíño, os que o poñían a funcionar. As partes do muíño son: O pé A moa O temón O rodicio (movido pola auga). O burro A buxa O corgo (onde se encora a auga)
Debaixo do muíño, a auga facía dar voltas ao rodicio.
Esquema do muíño con todas as súas partes.
O pĂŠ da moa e, enriba, mĂĄis estreita, a moa que xiraba moendo o gran.
Outra vez a moa.
Esta caixa de madeira ĂŠ a adella e nela botĂĄbase o gran para moer.
Outra vez o rodicio, debaixo do mui単o.
Nos muíños do Folón, a mesma auga fai mover varios muíños.