MITOLOXÍA E LENDAS DO MUNDO RELACIONADAS COA AGRICULTURA
MITOLOXÍA GREGA Deméter é a deusa da agricultura. Represéntase sentada nun trono con diferentes atributos nas mans: espigas, un facho, un fouciño, un diadema, un cetro e unha longa túnica. Os seus animais son o cabalo, a serpe, o porco e a gralla. As súas plantas son o trigo, o narciso e a papoula.
Dioniso 辿 o deus do vi単o, alegre e festivo, pero pode ser terrible. Aparece representado como un mozo semiespido con pel de cabra ou pantera, coroado de hedra e vide. Adoita ir nun carro tirado por leopardos, acompa単ado por un cortexo. Aparece cun tirso. Leva unha copa de vi単o na man.
MITOLOXÍA ROMANA Ceres é deusa da agricultura. Ensinou aos homes a arte de cultivar a terra, de sementar, recoller o trigo e elaborar o pan, A palabra cereal deriva do seu nome. Atributos: a espiga, o narciso, a papoula e a grúa. Representacións: nun carro, asociada a imaxes de flores, froita e grans. Ás veces leva un facho ou unha serpe na man.
BACO: Deus do viño ( na mitoloxía grega, Dionisos). Representábase de maneira semellante ao deus grego Dionisos. Unha representación artística coñecida é
Os Borrachos, de Velázquez.
MITOLOXÍA MEXICANA A lenda do millo Anaya era un novo e fermoso guerreiro que pasaba o tempo conquistando a fermosas mozas, que caían rendidas aos seus pés. Pero un día, o amor chamou ás súas portas e namorouse de verdade da filla dun dos xefes guerreiros.
Como estaba disposto a conquistala, cambiou a súa maneira de comportarse e dedicouse á tarefa de obter o amor da fermosa moza. Pero ela, que sabía da súa fama de conquistador, non se fiaba del e rexeitaba todas as súas declaracións de amor. Anaya non puido soportar os desprezos da moza e un día que ela pasaba ao seu lado sacou un puñal e poñéndose fronte a ela para que o vira ben, espetouno no medio e medio do corazón. Ao velo, a moza correu a axudalo, pero xa era tarde. Anaya estaba morto e do seu corazón brotou unha fermosa planta..., a planta do millo.
MITOLOXÍA HINDÚ A lenda do arroz Conta unha lenda que o deus Shiva, creou unha muller fermosísima da que se namorou. Púxolle por nome Retua-Dumila, que significa “xoia esplendorosa“. Shiva observou a súa magnífica obra e sentiuse tan compracido que decidiu casar con ela. Pero ela púxolle como condición que lle fixera chegar un alimento que soubese tan ben, que nunca a chegara a aburrir. Shiva propúxose compracela e enviou emisarios por todo o mundo para que buscaran o apreciado manxar. Transcurriu o tempo e ningún deles regresou. Shiva non logrou atopar o alimento marabilloso e a doncela morreu de tristura. Corenta días despois, da súa tumba agromou una planta descoñecida que Shiva recoñeceu como o alimento que a súa amada desexaba. Shiva recolleu os seus grans e dixo estas palabras:
-Nestas plantas atópase a alma de Retua-Dumila, e, de aquí en diante, chamarémolas “pari”, que significa arroz. Repartide as súas sementes entre a xente, porque co tempo serán un dos seus máis apreciados alimentos e traeralles a felicidade. E así repartiron as sementes de arroz por toda a India.
MITOLOXÍA ANDINA A lenda da pataca Unha vella lenda andina conta que os homes que cultivaban a Quinua dominaron durante moitos anos os pobos das serras altas, pois roubábanlle as colleitas e estes non tiñan case alimentos para comer eles e os seus fillos. Ao bordo da morte, os homes das serras altas, imploraron ao ceo e del caeron unhas sementes redondas e carnosas que, despois de sementadas, convertíronse en fermosas e verdes matas verdes. Os dominadores deixaron que pasaran o traballo de sementar, e cando viron que as plantas empezaban a amarelear, roubáronlle toda a rama, deixando aos homes das serras altas desconsolados outra vez e sen nada que meter na boca e a piques de morrer de fame.
Os campesiños pediron outra vez axuda ao ceo, e unha voz dende as alturas díxolle: “Remexede a terra e sacade os froitos, que alí os escondín para burlar aos homes malos e axudar aos bos”. Así o fixeron e debaixo da terra apareceron aquelas fermosas e saborosas patacas que foron recollidas e gardadas en secreto. Grazas ás patacas, moi pronto recuperaron a súa enerxía e puideron coller forzas para expulsar aos invasores que fuxiron e non volveron máis roubar os alimentos dos campesiños das montañas.
LENDA CHINESA
O arroz malgastado A dinastía Song tivo dúas capitais: primeiro a do Norte e despois a do Sur. O traslado da capital debeuse, fundamentalmente ás invasións dos mongois. A pesar da ameaza constante contra a inseguridade do imperio, tanto o emperador como os ministros entregábanse a unha desmesurada dilapidación e ostentación. Houbo un emperador da dinastía Song que, tanto el coma os seus ministros, se dedicaban a malgastar constantemente. Este emperador tiña un ministro corrupto chamado Wang Fu, que, amparado polo emperador, vivía con moita opulencia malgastando os cartos públicos que pertencían a todos os cidadáns chineses, que pola contra, pasaban calamidades e miseria. Wang Fu mandou construir unha marabillosa mansión, que igualaba en luxo ao pazo do emperador A mansión foi adornada con fermosas pedras e fermosísimos xardíns privados, adornados con plantas exóticas. As paredes e teitos estaban decorados con belísimas pinturas e numerosos obxectos de xade, ouro e marfín.
Nas tres suculentas comidas de cada día non faltaba nunca o máis delicioso do mar e o máis nutritivo das montañas: aletas de tiburón, ovos de anduriña, cogomelos... O arrroz que acompañaba estas comidas era o “perla”, o máis exquisito de todos os arroces. Ao final de cada banquete ,caldeiros enteiros de arroz “perla” tirábanse a un canal de sumidoiro que corría cara un mosteiro próximo. Un monxe vía todos os días que as augas do curso superior arrastraban quilos de arroz branco. Indignado con tal dilapidación, recollía as “perlas” brancas cun coador, lavábaas con auga limpa e poñíaas ao sol para as secar. Cando pasaba un mendigo regaláballe o arroz deshidratado que tiña almacenado. Ao cabo de dous anos, conseguiu ter varias tinas de “perlas disecadas”. Cando os mongois atacaron a capital do norte, o emperador fuxiu cara o sur e deixou ao seu fillo gobernando. O pobo empezou a protestar nas rúas contra a corrupción dos ministros do emperador e o emperador mandou prender a varios ministros, entre eles o que tiraba as “perlas” brancas. No cárcere, o ministro corrupto non tiña ninguén que lle levase de comer. Cando xa ía desmaiarse de fame, apareceu un monxe que lle deu unha cunca de
arroz torrado que lle pareceu un manxar. Despois de comelo, o ministro corrupto díxolle ao monxe: —Vostede acaba de me salvar a vida. Estareille eternamente agradecido. Suplícolle que volva mañá coa mesma deliciosa comida. O monxe contestoulle : -Non Sabe que este arroz vén do canal do sumidoiro da súa ccasa? Nos seus tempos de riqueza non pensou nunca que a vida é unha roda. Da noite para a mañá, pode cambicambiar o destino. De rei a pobre e de pobre a rei, por ispor iso hai que ser precavidos, porque hoxe podes ter moito e mañá morrer de fame.