POEMAS Á BEIRA DO RÍO Entre a carballeira e o río
Traballo dos nenas/os de 1º ciclo - Proxecto AUGA. Coordinadora: Margarita Fernández Vázquez
Ao longo do curso, os nenos e nenas pasan a maior parte do tempo absorbendo as palabras dos profesores, dos libros, das lecturas, das películas... Poucas veces teñen a ocasión de se expresar, de ser eles os creadores. Por iso, estas ocasións, en contacto coa natureza, son momentos únicos para sentir, emocionarse e expresar o que cada un leva dentro de si. Cada un á súa maneira.
A AUGA Sentín que eu era a auga e que a auga subía polo meu corpo. A auga achegábase a min, e estaba moi fría e brillaba. Sentín que a auga viña do monte e falaba coas árbores, e que todo arredor de min estaba cuberto de auga. Sentín que a auga se marchaba e me dicía adeus, e que a auga, cando se marchaba, poñía un sorriso. E a auga díxome, que a Terra estaba cuberta de auga. E a auga, cada vez máis, íase. A auga ía caladiña, sen dar chío. Olaya Rodríguez Ramos
A AUGA O aire, a auga limpa, o sol dando calor, as pedras quentes, as árbores movéndose polo vento, as nubes, as pedras no chan, as pedras molladas pola auga, o río movéndose, as flores medrando, as flores amarelas, as vacas pacendo, a auga fría polo vento, as pedras suaves pola auga transparente, as herbas verdes. Cando tiras unha pedra ao río, salta a auga. A auga é preciosa. Quero que me leve a auga, coas súas mans profundas e longas. A herba movéndose, o campo cheo de herba, as plantas con auga, as pedras no chan, a terra. Gisela Servide Ferreiroa
O POEMA DA AUGA Pío, pío, pío, pío, pío. Plo, plo, ssss, ssss. Plo, plo, plo, píopío. Güit, güit, güit, güit, güit. Tlo, tlo, tlo, tlo, tlo. Pipío, pipío, pipío, pipío. Güit, güit, güit, tlo, tlo, tlo. Clo, clo, clo, clo, clo. Glo, glo, glo, glo glo. Pío, pío, pío, piopío, pío, pío. Clo, clo clo, clo, clo. Pío, pío, pío, piopío. Clo, clo clo, clo, clo. Tlo, tlo, pío, pío. Tlo, tlo, tlo, tlo. Cla, cla, cla, clo. Cla, cla cla, clo, pío, cla. Jesús Rodríguez Rama
O RÍO DEZA Sentín o canto dos paxaros, a auga, as árbores, as pedras, o vento, as nubes, a herba ao moverse. Penso no meu aniversario. Virei aquí e bañareime, na doce e fermosísima auga do río Deza. Ou se non, no campamento, viremos e bañarémonos todos no río Deza. E subireime as grandes pedras. E cando chegue o ano dous mil catorce, cazarei ras e collerei pedras da auga. Escoitarei os paxaros, que cantan que dá gusto oílos. Íker Taboada Rodríguez
SENTÍN Sentín que a auga se marchaba, que facía ruído, que petaba nas pedras, que os paxaros piaban. Álex Silva Lage
O QUE ESCOITEI Eu sentín que o río ía dicindo: ssssss... Sentín os paxaros. O río facía cloc, cloc, cloc, cloc. Sentín que eu era a auga. Sentín as árbores. Sentín que a auga levaba as pedras do río. Un avión ía axiña. A auga irá por todos os sitios bonitos. Sentín a auga fría e o bonito que é o río. Nuria Couto González
O RÍO DEZA PERCORRE MOITO Auga, río, ponte praia, fervenza, peixe, troita, rodaballo ra, mar, piscina, bañeira, caranguexo, sede, chuvia, serea, Neptuno, cuncha, regato, pozo, carballeira, terra, carballo. Non tiredes lixo ao chan, polo ben da natureza.
Ainara Froiz Lois
O QUE ESCOITO NO RÍO Eu, Abel Areán Neira, escoito a auga. Escoitei os paxaros, escoitei o vento, escoitei as pólas das árbores, escoitei o avión, escoitei as pedras, escoitei que as árbores me dicían que tiña que coidar a natureza. Escoitei as ondas, escoitei que a auga me dicía, que na casa non debiamos gastar tanta auga. Abel Areán Neira
O RÍO DEZA Sinto que vivo, que nazo, que me reproduzo, que me movo. Que ben vivo. Gustaríame ir co río. Gustaríame vivir co río. Gustaríame vivir á beira do río. Cristian Rodríguez Taín
PALABRAS QUE OÍN NO RÍO DEZA Os paxariños. A auga. As pedras. Un neno. O aire. Un ruído estraño. Unha folla que caeu. Risas. Sentín que Nuria me fixo cóxegas. Sentín que voaba unha folla. Sentín os merlos e andoriñas, que se movían as follas, que me subía unha formiga, que viñan lavar as mans, que viñan coller pedras; que viñan meterse no río, que viñan pescar. Laura Cacheda Fernández
A AUGA
Sentín o río. Está caladiño sen dar chío. Hai moitas pedras. Está moi bonito. Está bonito o que está arredor do río. Hai árbores e moitas pedras. Pasei o río. Teño ganas de meterme. Eu quero ser a auga e deixar beber aos nenos. Podía nadar e nadar. É unha marabilla. Verónica Servide Rebolo
PENSABA QUE CAMBIABAN O RÍO Pensaba que cambiaban o río, que levaban lixo ao río, que non importaba nada o planeta, nin o galego, nin as árbores e as plantas, nin a natureza, e tampouco o futuro. Pensaba que morrerían as persoas, os pais, os tíos, os avós e os animais. Pensaba que non lle importaba cortar as árbores.
Marcos Taboada González