Poemas de hortalizas

Page 1

Poemas de hortalizas


QUEN VIVE NA LEITUGA? -Quen vive na leituga? -Unha lesma e unha eiruga. -Quen vive no pemento? -Un vermiño picoxento. -Quen vive no xirasol? -Un fermoso papasol. -E quen vive na cebola? -Un tabán que move a cola.

Ana María Fernández


A cebola choraba porque non tiña un noivo. Baixo da terra atopa cun allo e chóscalle un ollo. -Alliño bonito, queres ser o meu marido? E o allo, que era vampiro traboulle o pescozo cun dente postizo. Eu chorei chorín-choraba pola cebola asasinada. Gloria Sánchez


Fagamos a rolda da verde ensalada, comamaos a sopa e máis a empanada. Fagamos a rolda xiremos, xiremos que o lobo está lonxe e non o veremos. -Agora estou cerca, sen lobo malvado e visto camisa detrás do valado. Fagamos a rolda da verde ensalada, comamos a sopa e máis a empanada. Fagamos a rolda xiremos, xiremos que o lobo está lonxe e non o veremos. Ana María Fernández


AS ÁRBORES ALIMENTAN Senteime baixo a pereira e deume unha pera. Senteime baixo a ameixeira e deume unha ameixa. Senteime baixo a figueira e deume un figo. Senteime baixo a cerdeira e deume unha cereixa. Senteime baixo a maceira e deume unha mazá. Senteime baixo o pexegueiro e deume un pexego.

Senteime baixo o carballo e deume tanta alegría que comín peras, ameixas, figos, cereixas, mazás e pexegos todo o día.

Carlos Fontes


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.