Time out in my town

Page 1

TÍTULO: TIME OUT IN MY TOWN NIVEL EDUCATIVO

A2, B1, B2

RECURSOS NECESARIOS:

ORDENADOR, INTERNET, EDI, DRIVE, ISSUU

CONTIDOS A TRATAR:

EDICIÓN DE TEXTOS, VOCABULARIO E ESTRUTURAS GRAMATICAIS NECESARIAS PARA DESENVOLVER O TEMA (CÓMO ESCRIBIR UNHA CRÍTICA, VOCABULARIO RELACIONADO COAS ACTIVIDADES DE OCIO, EXPRESAR SUXESTIÓNS, ETC.)

PROCEDEMENTOS A SEGUIR PARA LEVAR A ACTIVIDADE Á PRÁCTICA:

O obxectivo desta tarefa é deseñar unha revista con recomendacións para o tempo de lecer na vila ou cidade dos/as alumnos/as. Inicialmente traballaremos na clase sobre o tema de tempo de ocio (restaurantes, teatro, películas, instalacións deportivas, etc.) e analizaremos textos modelo para escribir recensións sobre películas ou restaurantes e concertos. Os/as alumnos/as poden crear unha conta en ISSUU para acceder a distintas publicacións sobre tempo libre. Despois distribuiremos á nosa clase en grupos. Cada un deles terá que se centrar nunha área relacionada co tempo de lecer no lugar onde viven (deportes, cine, teatro, concertos, restaurantes, actividades en asociacións culturais, espazos naturais...). Cada grupo escribirá unha sección da revista “Time Out in my Town” dedicada a unha área de lecer. Nesa sección tratarán as actividades existentes, horarios, prezos, dispoñibilidade, e expresarán a súa opinión. Poden traballar en Drive para que a súa colaboración sexa máis doada. Finalmente, faremos unha posta en común de todas as seccións e publicaremos o produto final en ISSUU.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.