Primeiro foi o Plano que pairaba nun subespazo xordo, nun silencio total, inaturábel ao mais varudo ouvido. De súpeto unha luz, un flash de infinitesimal cuantía subliñou un perfil: dous semiplanos e unha recta entre eles prisioneira. A Recta navegou, á guinada primeiro, entre magmas visguentos que lambían o seu estreito anchor, como océanos e marés de arxento vivo; despois evoluíu aboiando entre gases e vapores, xerou abarculadas superficies, e, ao cabo, proxectou, tras de crebarse na abóbada invisíbel até aquela, a súa esencia: o Punto: a presente infalíbel memoria devanceira Vítor Vaqueiro A fraga prateada