A LENDA DO PANTASMA DE VILASOBROSO

Page 1

A LENDA DA PANTASMA DE VILASOBROSO Recollida polo alumno Adriรกn Romero, de 2ยบA. Narrada pola avoa de Adriรกn na parroquia de Frades (Mondariz). Personaxes: O rei D. Pedro e Mariana (personaxes lexendarios)


Conta a historia que, antigamente, no castelo de Vilasobroso, vivía unha parella de reis namorados, recén casados, que se amaban profundamente. O seu amor infinito crecía día a día… A vida na corte transcorría apacibelmente e a felicidade reinaba en todas as posesións do reino.

Mais… no medio de tanta alegría, apenas un ser era infeliz. Tratábase de Mariana, a xoven serventa que atendía os aposentos reais. Ela non podía remediar aquel sentimento de amor polo rei que a levaba a imaxinar unha vida irreal ao seu lado. Tan namorada estaba de D. Pedro que a cada oportunidade tentaba atraer a súa atención, mais sempre fracasaba porque o rei nin daba por ela.


Un día de outono, a raíña, tal e como gustaba de facer, saíra a procurar cogomelos ao bosque. Foi ela soíña, sen a compañía das súas damas, pois considerou que non era necesaria a súa presenza. Pasou a tarde e chegou o lusco-fusco sen que a raíña tivese regresado aos pazos reais, o que provocou certa inquietude no rei que, moi logo, organizou unha partida para ir na súa procura. Durante días rastrearon as fragas e montes próximos, mais nada acharon. O rei comezaba a se desesperar coa idea de que talvez nunca aparecese, e foi nese estado de desespero, que Mariana tentou aproveitar para se facer valer ante o rei e consolar a súa angustia. Ela tentou convencer o monarca de que a raíña había estar morta e que debía ir esquecéndoa e pensando en substituíla por outra muller que o merecese. E, como era de esperar, ofereceuselle ela propia para ser a súa nova esposa e asumir as funcións de raíña.


Don Pedro rexeitouna sen calquera consideración, polo que Mariana ficou doída, chea de raiva e rancor. Desesperada, ofreceu diñeiro a un cabaleiro que sempre sentira grande envexa polo rei, para que o asasinase e axudoulle a trazar o plan que lle segaría a vida.

Algúns días despois, durante a noite, cando todos no castelo durmían, aquel cabaleiro entrou na cámara real e con grande sixilo e precisión, dun só golpe de espada, decapitou o rei. Este, durmido, nin tempo tivo de percibir que a súa cabeza rolaba polo chan, ensangrentada.


Tras as cerimonias reais de enterramento, viñeron os días de luto e tristeza, e despois… o silencio. O castelo ficou sumido no abandono e co paso dos anos os seus muros foron enchéndose de silveiras. Da súa amada esposa nunca máis se soubo, mais a lenda conta que todas as noites do 14 de novembro, alá pola media noite, a pantasma do rei decapitado, como unha sombra melancólica, vaga polas murallas e torres do castelo, aínda na esperanza de ver a súa amada raíña aparecer entre os neboeiros da noite.”


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.