AS COMPETENCIAS BÁSICAS

Page 1


AS COMPETENCIAS BÁSICAS A Comisión Europea de Educación, ante a necesidade de crear un marco educativo común, estableceu unhas competencias clave ou destrezas básicas necesarias para a aprendizaxe das persoas ao longo da vida e animou os estados membros a dirixir as súas políticas educativas nesta dirección.

As competencias básicas concíbense como o conxunto de habilidades cognitivas, procedimentais e actitudinais que poden e deben ser alcanzadas ao longo da ensinanza obrigatoria por todo o alumnado, respectando as características individuais. Estas competencias son aquelas que todas as persoas precisan para a súa realización e o

seu desenvolvemento persoal, así como para a cidadanía activa, a inclusión social e o emprego. O desenvolvemento das competencias básicas debe permitirlles aos estudantes integrar as súas aprendizaxes, poñéndoos en relación con distintos tipos de contidos, utilizar eses contidos de maneira efectiva cando resulten necesarios e aplicalos en diferentes situacións e contextos.

De acordo co disposto na LOE, as competencias básicas forman parte das ensinanzas mínimas da educación obrigatoria, xunto cos obxectivos de cada área ou materia, cos contidos e cos criterios de avaliación. Polo tanto, non substitúen os elementos que actualmente se contemplan no currículo, senón que os completan formulando un enfoque integrado e integrador de todo o currículo escolar.

Establecéronse oito competencias básicas: - Competencia en comunicación lingüística. - Competencia matemática. - Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico. - Tratamento da información e competencia dixital. - Competencia social e cidadá. - Competencia cultural e artística.


- Competencia para aprender a aprender. - Autonomía e iniciativa persoal.

Estas competencias básicas non son independentes unhas das outras, senón que están entrelazadas. Algúns elementos delas compleméntanse, entrecrúzanse ou tratan perspectivas complementarias. Como norma, cada unha das áreas ha contribuír ao desenvolvemento de diferentes competencias e, á súa vez, cada unha das competencias básicas alcanzarase como consecuencia do traballo en varias áreas ou materias. Unicamente deste xeito se pode garantir que as aprendizaxes colaboren efectivamente ao desenvolvemento das competencias, na medida en que se integren na estrutura global do coñecemento e se facilite a súa aplicación a unha ampla variedade de situacións.


COMPETENCIA COMPETENCIA EN COMUNICACIÓN

ÁREAS IMPLICADAS • • •

Lingua Galega Literatura Lingua Castelá Literatura Lingua Estranxeira

Matemáticas.

Coñecemento do Medio Natural, Social e

LINGüÍSTICA

COMPETENCIA MATEMÁTICA

Cultural •

Lingua /lengua

Coñecemento do Medio Natural, Social e

COMPETENCIA NO COÑECEMENTO E NA INTERACCIÓN CO MUNDO FÍSICO

Cultural.

TRATAMENTO DA INFORMACIÓN E

Matemáticas

Lengua /lingua

Lingua estranxeira

Todas as áreas

Coñecemento

Lingua/lengua

Lingua estranxeira

Educación artística

Educación Artística.

Coñecemento do Medio Natural, Social e

COMPETENCIA DIXITAL

COMPETENCIA SOCIAL E CIDADÁ

Cultural.

COMPETENCIA CULTURAL E ARTÍSTICA •

Lengua/lingua

Lingua estranxeira

Educación física

Todas as áreas

Todas as áreas

COMPETENCIA PARA APRENDER A APRENDER

AUTONOMÍA E INICIATIVA PERSOAL



Competencia en comunicación lingüística. O desenvolvemento da competencia lingüística é clave para aprender a convivir, pois nela susténtase a resolución pacífica de conflitos.

Cando sabemos comunicar somos quen de establecer lazos con outras persoas e mesmo podemos achegarnos á cultura propia e a novas culturas que adquiren así consideración e afecto na medida en que as coñecemos. Comunicarnos en linguas estranxeiras vainos esixir asemade posuír capacidades como a mediación e a comprensión intercultural

Con esta competencia contribúese á creación dunha imaxe persoal positiva e foméntanse as relacións construtivas cos demais e co contorno.

Refírese á utilización da linguaxe como instrumento tanto de comunicación oral e escrita como de aprendizaxe e de regulación de condutas e emocións. Implica asemade o uso funcional de , polo menos, unha lingua estranxeira. • • •

Lingua Galega e Literatura Lingua Castelá e Literatura Lingua Estranxeira


1- FALAR E ESCOITAR

A-

Expresión de ideas, sentimentos, opinións e necesidades de xeito coherente • •

BC-

DE-

FG-

En galego En castelán

Utilización da linguaxe para establecer vinculos e relacións constructivas e afectivas cos demais e co entorno, así como para a resolución pacífica de conflictos e o achegamento a novas culturas . Uso de diversas formas de discurso en función da intención comunicativa (diálogo, conversación, exposición, debate, etc.), respectando as normas que facilitan a comunicación( aspectos culturais, convencións sociais..) e adaptándose ó contexto. Interpretación e utilización correcta das diversas manifestacións de linguaxe non verbal que acompañan ó discurso oral.. Demostración de que sabe ser un bo oínte: escoita, respecta os turnos de palabra, ten en conta outras opinións distintas a propia, con sensibilidade e espíritu crítico, acompaña a escoita coa linguaxe non verbal axeitada... Uso gramaticalmente correcto da lingua(artigos, concordancias, tempos verbais..). Comprensión das ideas expresadas en textos orais En castelán En galego

H-

Coñecemento e valoración das variantes do galego propias da súa zona.


2- LER

A-

Lectura de textos coa articulación , ritmo e entoación axeitados e

de xeito comprensivo e expresivo.

B-

Comprensión do sentido global dun texto.

C-

Extracción de información específica acerca dun texto lido.

D-

Búsqueda, recomplilación e procesamento da información .

E-

Aceptación da lectura coma unha fonte de enriquecemento

persoal, de búscqeda de información e de disfrute, tanto dentro coma dora da aula.

3- ESCRIBIR

A-

Coñecemento e utilización correcta das principias regras

ortográficas e gramaticais que rexen a lingua En galego En castelán

B-

Redacción de textos breves coa grafía adecuada, os sinos de

puntuación correspondentes e as palabras separadas.

C-

Escritura , con certa corrección , de diversos tipos de texto,

descripcións, narracións, diálogos, cartas... usando o máis axeitado en función da intencionalidade comunicativa ou creativa.

D-

Interese pola claridade, a orde e a limpieza das produccións

escritas propias .


4- USO FUNCIONAL DUNHA LINGUA ESTRANXEIRA

A- Adquisición do vocabulario necesario para entender o idioma e expresarse nel a un nivel básico e funcional.

B-

Coñecemento dalgunha das principais regras da gramática e da ortografía inglesa.

C- Participación efectiva, de xeito oral, en situacións comunicativas cotiáns( saudar, dar e pedir informació, indicar direccións, descripcións de persoas e lugares...).

D- Comprensión do sentido global dun texto sinxelo escrito na lengua estranxeira.

EF-

Extracción de información específica dun texto dado. Recoñecemento da grafía do vocabulario aprendido e comprensión e aceptación das diferentas entre o inglés e o castelán ou o galego no tocante a correspondencia son-grafía.

G- Producción de frases e textos sinxelos na lingua estranxeira, adaptados o seu nivel e facendo uso correcto das normas ortográficas e gramaticais aprendidas .

H- Actitude positiva cara a aprendizaje da lingua estranxeira , mostrando interese e motivación e entendendo a importancia do inglés na sociedade actual.

I-

Coñecemento dos principias rasgos da cultura dos países de fala inglesa, actitude de recpecto e tolerancia cara eles.



Competencia matemática. O desenvolvemento da competencia matemática vainos facilitar a produción e a interpretación de informacións cuantitativas e espaciais da realidade que nos rodea; de tal xeito que nos capacita para a resolución de problemas relacionados coa vida diaria e o mundo laboral.

Refírese á habilidade para utilizar números e as súas operacións básicas, os símbolos e as formas de expresión e razoamento matemático para producir e interpretar as informacións do contorno, para ter un coñecemento máis completo da realidade e para proporcionarnos estratexias de resolución de problemas aplicables a calquera circunstancia.

Matemáticas.

Coñecemento do Medio Natural, Social e Cultural .

Lingua galega e literatura

Lingua castelán e literatura


1- CÁLCULO A-Realización de aperacións matemáticas básicas B-Desarrollo de estratexias para a resolución de cálculo de operacións C-Realización de cálculos mentais sinxelos, de xeito áxil e eficaz

2- RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS

A. Comprensión e resolución de problemas referidos a unha situación real, aplicando pertinentemente a necesaria operación de cálculo matemático.

B. Formulación de problemas reais C. Expresión correcta dos resultados obtidos na resolución de problemas

3- EXPRESIÓN NA LINGUAXE MATEMÁTICA

A. Coñécemento, comprensión e utilización dos números -

asociación de número e cantidade

-

conta de xeito ascendente e descendente

- lectura

e escritura de cantidades coñecendo o valor

posicional de cada número

-

seriaciones

-

relaciones de orden y de equivalencia


B-Análise de

situacións desde o punto de vista matemático -

Razoamento

-

Deducción

-

Clasificación

-

Organización da información

C-Recollida, presentación e interpretación de información referida a situacións da vida cotián: táboas, diagramas, códigos, gráficas, planos)

D- Realización de medicións escollendo entre as unidades de medida

corporais e

instrumentais dispoñibles . Expresión correcta das medicións realizadas indicando a unidade utilizada: tempo, espazo, lonxitude...

E- Recoñecemento e descrición de corpos e formas

xeométricos do entorno

póximo, coñecendo algunha das súas propiedades

F- Trazado, con certa corrección das formas planas G- Identificación en planos e graficas de diferentes situacións espaciais: arriba/ abaixo; dereita/ esquerda; dentro/ fora...

H- Coñecemento da moeda e as súas equivalencias, sabendo usalas en situacións reais.

I- Recoñecemento da importancia das matemáticas, valoración da súa utilidade prácitca para a resolución de problemas da vida real e a comprensión do mundo que nos rodea .



Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico. A competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico vai ser o eixo que nos facilitará a comprensión de sucesos, a predición de consecuencias e as actividades de mellora e preservación da propia vida e da do resto das especies.

En concreto refírese a habilidade para interactuar co mundo físico, tanto nos seus aspectos naturais como nos xerados pola acción humana

Coñecemento do Medio Natural, Social e Cultural.

Matemáticas

Lingua galega e literatura

Lingua castelá e literatura

Lingua estranxeira


1. ÁMBITO FÍSICO

A. Habilidade para desenvolverse con autonomía e seguridade no espazo inmediato (moverse nel, resolver problemas, afrontar situación novas, etc.).

B. Coñecemento da influenza das actividades humanas no contorno: asentamentos, actividades, paisaxes, etc.

C. Valoración e contribución á conservación do medio natural e da súa diversidade. D. Recoñecemento da necesidade dun desenvolvemento sostible e práctica de hábitos de consumo responsables.

E. Interese por coñecer e preservar o medio natural da súa localidade. F. Realización de aportacións á mellora da calidade de vida propia e colectiva (saúde física e mental, hábitos, etc.) mediante a aplicación dos coñecementos obtidos.

G. Coñecemento do corpo humano e do seu funcionamento. H. Coñecemento do mundo físico.


2. ÁMBITO CIENTÍFICO-TECNOLÓXICO

A. Comprensión dos fenómenos naturais mediante a posta en práctica dos distintos coñecementos científicos adquiridos.

B. Valoración dos beneficios que conleva o desenvolvemento e valoración da investigación científica como constructora de coñecemento.

C. Desenvolvemento da curiosidade para observar e comprender a realidade. D. Planificación e manexo de solucións de económicas e eficaces na realización das súas tarefas cotiás.



Tratamento da información e competencia dixital. O desenvolvemento desta competencia vainos posibilitar a comunicación e a transmisión de información en distintos soportes, incluíndo a utilización das tecnoloxías da información e da comunicación como un elemento esencial . Esta competencia fai referencia ás habilidades para buscar, obter, procesar e comunicar a información e transformala en coñecemento.

Inclúe aspectos diferentes que van desde o acceso e selección da información ata o seu uso e transmisión en distintos soportes.

Todas as áreas.


1. TRATAMENTO DA INFORMACIÓN

A. Coñecemento de distintos medios e estratexias de procura de información. B. Capacidade de seleccionar a información máis importante e pertinente. C. Utilización de diversos sistemas de organización e rexistro da información obtida: cadernos, esquemas, índices, ficheiros, anotacións, etc.

D. Procesamento da información incluindo relacionala, analizala, sintetizala e comprendela.

E. Técnicas de representación e comunicación da información en diversos soportes e medios.

F. Dominio de linguaxes específicas básicas en que podemos atopar a información (textual, numérica, icónica, visual, gráfica e sonora).

G. Desenvolvemento dunha actitude crítica e reflexiva ante as mensaxes que recibe e elabora.


2. COMPETENCIA DIXITAL

A. Uso dos recursos tecnolóxicos para resolver problemas reais. B. Dominio de distintas ferramentas tecnolóxicas (ordenador, internet, medios audiovisuais, etc.).

C. Manexo de estratexias para identificar e resolver os problemas habituais de software e hardware que vaian xurdindo.

D. Valoración das posibilidades que ofrecen as tecnoloxías no tratamento da información, pero entendendo que non substitúen o proceso cognitivo persoal.

E. Aproveitamento dos recursos tecnolóxicos para ampliar o medio físico, social e cultural en que actuamos.

F. Utilización responsable das novas tecnoloxías (no tempo de lecer, protección de datos en liña…).



Competencia social e cidadá. A adquisición desta competencia capacítanos para poñernos no lugar das outras persoas, aceptar as diferenzas, ser tolerante e respectar os valores, as crenzas, as culturas e a historia persoal e colectiva dos outros seres humanos Esta competencia permite vivir en sociedade, comprender a realidade social do mundo no que se vive e exercer a cidadanía democrática. Incorpora formas de comportamento individual que capacitan as persoas para convivir nunha sociedade cada tros seres humanos.

vez máis plural, relacionarse cas demais persoas, cooperar, comprometerse e afrontar os conflitos.

Coñecemento do Medio Narural, Social e Cultural

Lingua galega e literatura

Lingua castelá e literatura

Lingua estranxeira

Educación artística


1 .HABILIDADES SOCIAIS PARA CONVIVIR EN SOCIEDADE A. Capacidade de coñecerse e valorarse a si mesmo e de relacionarse cos demais B. Habilidades para afrontar conflictos persoais ou interpersoais (diálogo, dramatización, etc)

C. Capacidade de traballo en equipo D. Valoración dos traballos dos seus compañeiros e dos seus propios E. Respeto, reflexión e interiorización das normas de convivencia da sociedade F. Coñecemento e respeto polos seus dereitos e deberes G. Actitude construtiva, solidaria e responsable ante o cumprimento dos dereitos e obrigas cívicas.

2. PARTICIPACIÓN NA VIDA CÍVICA E SOCIAL

A. Adopción de comportamentos e actitudes democráticas B. Participación de forma activa e responsable na acadación e cumprimento das normas das e das tareas do seu grupo (familia, escola, comunidade, etc)


C. Coñecemento, valoración e respeto polas tradicións e xogos do seu entorno, e participación activa nos xogos e festas tradicionais: Nadal, entroido, etc

D. Actitude respetuosa e receptiva ante os aspectos sociais, culturais e lingüísticos doutros países ou comunidades

E. Respeto, tolerancia e solidaridade hacia todo tipo de crenzas, ideas, culturas, relixions...

F. Contribución á conservación do seu entorno máis cercano escola, barrio, comunidade, e do medio ambiente en xeral

3. COMPRENSIÓN DA REALIDADE HISTÓRICA E SOCIAL DO MUNDO ACTUAL E A SÚA EVOLUCIÓN.

A. Coñecemento do seu propio territorio e das condicións socioeconómicas B. Coñecemento da organización dos grupos sociais do seu entorno: familiar, social, político...

C. Coñecemento dos rasgos xerais da organización da súa localidade, Comunidade Autónoma e do seu país

D. Coñecemento, valoración e respeto hacia os elementos do patrimonio, cultural, histórico e artístico da súa comunidade e a súa propia lingua como rasgo de identidade persoal.

E. Coñecemento e interpretación dos principais acontecementos históricos



Competencia cultural e artística. Desenvolver esta competencia vainos capacitar para apreciar e comprender distintas formas de manifestacións artísticas e culturais. Refírese á valoración crítica das diferentes manifestacións culturais e artísticas, o que nos permitirá utilizalas como fonte de goce e enriquecemento persoal e axudaranos a

consideralas como parte do patrimonio cultural dos pobos.

Educación Artística.

Coñecemento do Medio Natural, Social e Cultural.

Lingua Castelá e Literatura.

Lingua Galega e Literatura.

Lingua estranxeira

Educación Física


1. COMPRENSIÓN E APRECIACIÓN DA ARTE

A. Desenvolvemento de actitudes de percepción e valoración da orixinalidade nas artes.

B. Respecto e posta en valor da diversidade cultural. C. Identificación das diferentes manifestacións artísticas das épocas da historia da humanidade.

2. COÑECEMENTO E USO DOS ELEMENTOS E TÉCNICAS ARTÍSTICAS

A. Nomea os elementos presentes nas obras artísticas: forma, cor, e elementos do son. (Materias)

B. Identifica os códigos, técnicas e estilos dentro das obras artísticas. (Procedementos) C. Amosa disposición, planifica criterios propios e combina os elementos coñecidos para producir obras orixinais que plasmen as súas vivencias, ideas e sentimentos.

D. Reproduce, individualmente ou en grupo, danzas, ritmos e melodías cantadas ou instrumentadas.


3. AS MANIFESTACIÓNS ARTÍSTICAS PROPIAS E UNIVERSAIS COMO ENRIQUECEMENTO E GOZE PERSOAL A. Amosa interese pola vitalidade cultural do seu contorno. B. Recoñece a música popular galega e comproba o uso común dos ritmos, cancións e melodías que lle son propios.

C. Participación nas diferentes manifestacións artísticas dentro do contexto escolar. D. Aprecia o valor da transmisión xeracional da cultura popular. E. Emprega o seu contorno como fonte de inspiración para as súas expresións plásticas.



Competencia para aprender a aprender. Esta competencia vainos capacitar para prolongar as aprendizaxes ao longo de toda a vida, e así poderemos desenvolvernos mellor ante as incertezas, porque seremos quen de buscar respostas lóxicas e diversas. Aprender a aprender supón iniciarse na aprendizaxe e ser capaz de continuala de maneira autónoma. Supón tamén poder desenvolverse ante as incertezas tratando de buscar respostas que satisfagan a lóxica do coñecemento racional. Implica admitir diversidade de respostas posibles ante un mesmo problema e atopar motivación para buscalas desde diversos enfoques metodolóxicos.

Todas as áreas


1. APRENDER A COÑECERSE A SI MESMO (Ser consciente das propias capacidades: intelectuais, emocionais e físicas)

A. Consciencia do que pode facer por si mesmo e do que pode facer coa axuda dos demais.

B. Coñecemento do propio corpo, das súas posibilidades e limitacións. C. Capacidade de drescripción tanto do seu físico coma da súa persoalidade e dos seus gustos e aficións.

D. Identificación e verbalización de emocións e sentimentos propios e alleos. 2. VALORAR O ESFORZO E A MOTIVACIÓN (Capacidades que entran en xogo na aprendizaxe: atención, concentración, memoria, comprensión e expresión, motivación…)

A. Adopción de actitudes positivas cara o esforzo persoal. B. Demostración de interese e gusto polo traballo ben feito. C. Valoración da regularide e da constancia no traballo diario. D. Motivación (intrínseca) e curiosidade por aprender e por mellorar. E. Realización de actividades que impliquen esforzo e traballo persoal (memorización). F. Interiorización de actitudes coma a superación persoal.


G. Distinción entre tempo empregado nunha tarefa e grao de éxito na consecución da mesma.

3. ADQUIRIR HÁBITOS DE TRABALLO INTELECTUAL (Estratexias e técnicas de estudio).

A. Adquisición de hábitos para mellorar a atención e a comprensión. B. Coñecemento e utilización de diversas fontes e recursos de información. C. Desenvolvemento de técnicas para aprender, organizar, memorizar e recuperar a información. (Realización de resumos, esquemas ou mapas mentais)

D. Utilización dos coñecementos adquiridos en situacións diferentes (xeralización) E. Análise e avaliación dos acertos e erros cometidos no proceso de aprendizaxe. F. Verbalización do proceso seguido na aprendizaxe: reflexionar sobre o que e como se aprendeu.



Autonomía e iniciativa persoal. Cando falamos de autonomía e iniciativa persoal referímonos á posibilidade de optar con criterio propio e levar adiante as iniciativas necesarias para desenvolver a opción elixida e facerse responsable dela, tanto no ámbito persoal como no social ou laboral.

Todas as áreas


1. AUTONOMIA E HÁBITOS

A. Desenvolvemento de hábitos básicos de higiene e saúde corporal con autonomía. B. Aceptación da importancia de incorporar a vida cotiá hábitos de alimentación axeitados e saudabeis.

C. Recoñecemento da importancia da adopción de hábitos de descanso saudabeis. D. Adopción dunha axeitada higiene postural. E. Utilización adecuada da vestimenta atendendo a climatología e as actividades que se realicen (Saídas extraescolares, Educación Física…)

F. Uso responsable dos útiles persoais e dos espazos comúns do centro e tamén do entorno.

G. Recoñecemento dos efectos beneficiosos da actividade física na saúde. H. Utilización correcta e respectuosa do contorno, adoptando medidas de seguridade e de prevención de accidentes.


2. INICIATIVA E TOMA DE DECISIÓNS

A. Coñecemento das fases de desenvolvemento dun proxecto: deseño dun plan de acción, toma de decisións, actuación, avaliación e valoración das posibilidades de mellora.

B. Integración en proxectos de traballo en equipo, sendo capaz de seguir as normas do grupo.

C. Adquisición de coñecementos e busqueda de solucións a partir da exploración e da indagación.

D. Demostración de actitudes persoais de perseveranza e responsabilidade. E. Desenvolvemento de actitudes sociais como o respecto aos demais, o dialogo, o agradecemento, a cooperación e o traballo en equipo valorando positivamente o traballo cooperativo na realización de proxectos.

F. Imaxinación de proxectos e posta en práctica das accións necesarias para poder desenvolvelos transformando as ideas en accións (reelaborar pensamentos previos para chegar a novas ideas)


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.