ÍNDICE 1. Os seres vivos.
3
1. 1 : Características
3
1.2: Funcións
3
2. Estamos formados por células
4
2.1 : Que son as células
4
2.2: Como son?
4
2.3: Virus
6
2.4: Microscopio
6
2.5: Clasificación dos seres vivos
6
3. Sistemas e aparellos
8
3.1: Sistema nervioso
8
3.2: Neuronas
9
3.3: Cerebro
9
3.4: Intelixencia
10
4. Bibliografía
12
2
1. SERES VIVOS: caracterísiticas Na Terra existe unha gran variedade de seres vivos: todas as plantas, os animais e as persoas son seres vivos. Pero hai algúns, que non podemos ver porque son microscópicos, como os microbios. A pesar destas diferencias entre uns e outros todos son capaces de realizar o mesmo tipo de actividades e teñen características comúns: Nacen doutros seres vivos. Crecen: cambian de tamaño e de forma ao longo da súa vida. Morren cando termina o seu ciclo de vida. Ademais todos os seres vivos comparten unha organización interna moi complicada, constituída polas mesmas estructuras: as células.
1.2.
Funcións vitais dos sers vivos
Os seres vivos son seres activos, e as accións que realizan cumpren unha función: sonlles útiles para seguir existindo ou para producir outros seres vivos iguais a eles, por iso son funcións vitais. As funcións vitais máis importantes dos seres vivos son: o A función de nutrición: consiste en tomar alimentos ou substancias necesarias para que os seres vivos medren, obteñen enerxía para que o seu organismo funcione e poder levar a cabo as súas actividades. o A función de relación: os seres vivos responden aos cambios que acontecen ao seu redor, actuando do xeito que máis os favorece. Por exemplo cando un animal oe un son que o asusta, corre a agocharse. o A función de reprodución: permítelles aos seres vivos ter descendentes da súa mesma especie. Ademais destas están as funcións de respiración (obteñen a enerxía que precisan combinando o osíxeno cos alimentos) ou a función de crecemento (todos os seres vivos aumentan de tamaño, e van sufrindo transformacións). Os seres vivos son sensibles ao que acontece ao seu redor para detectar os cambios no ambiente e poder realizar as actividades no momento axeitado. Pero algúns dos seres que nos rodean poden ser inertes: non realizan ningunha actividade, ningunha das funciñons vitais; como por exemplo: as pedras, as nubes...
3
2. ESTAMOS FORMADOS POR CÉLULAS 2.1.
Que son as células?
Todos os seres vivos estamos formados por células. As células están vivas, son moi pequenas, non se ven a simple vista, só se poden ver cun microscopio. As células realizan as tres funcións vitais : nutrición, relación e reprodución. 2.2.
Como son as células?
As células teñen formas moi diferentes (algunhas son redondas, outras con forma de polígono, ou alongadas...) CÉLULA VEXETAL
As células animais teñen formas variadas dependendo da función que realizan: as células da pel son planas, as da graxa son esféricas ou as do cerebro estreladas. Pero aínda que parezan moi diferentes, todas as células posúen a mesma estructura: - Núcleo: está no interior da célula, rodeado por unha membrana. Organiza e dirixe as actividades da célula. -
O citoplasma, é o líquido que rodea ao núcleo. Nel atópanse moitos orgánulos, que son as partes da célula encargadas de realizar distintas funcións.
-
A membrana, é a envoltura que rodea toda a célula.
4
Algúns seres vivos compóñense dunha soa célula: son unicelulares, esta única célula funciona como organismo e realiza todas as funcións necesarias para vivir. As bacterias son un grupo de unicelulares pequenos e moi sinxelos. Algúns unicelulares son capaces de fabricar o seu propio alimento, pero a maioría aliméntanse doutros seres vivos. Algúns causan enfermidades, mentres que outros son beneficiosos, como os que converten o leite en iogur ou queixo. Pero a maioría de seres vivos teñen moitas células, son pluricelulares. Todas as células dos organismos pluricelulares están vivas. Pero aínda así necesitan estar xuntas e cooperar entre elas para sobrevivir. As células dun organismo pluricelular son moi diversas, e non se reparten polo corpo de calquera xeito; agrúpanse nos seguintes niveis de organización:
-
As células que realizan unha mesma función agrúpanse e forman tecidos. Por exemplo as células dos ósos forman o tecido óseo.
-
Varios tecidos que realizan unha mesma función forman un órgano. Así, por exemplo, o tecido óseo forma os ósos.
-
Os órganos que realizan a mesma función forman un aparato ou sistema. Por exemplo os ósos forman parte do aparato locomotor.
-
O conxunto de todas as células, tecidos, órganos, aparatos e sistemas forma un organismo.
Un conxunto de células iguais forman un tecido.
Varios tecidos agrupados forman un órgano
TECIDO
5
2.3. Os virus Na natureza existen unhas estructuras chamadas virus. Os virus non son seres vivos, pero necesitan os seres vivos para sobrevivir. Teñen as seguintes caracterísiticas: • Son moi pequenos, non se poden ver a simple vista. • Son moi sinxelos, aínda que teñen formas moi distintas. • Son parásitos, xa que provocan enfermidades. 2.4.
O microscopio
O microscopio é un aparello que serve para ver estructuras moi pequenas, como as células e os seus compoñentes.
A parte principal deste aparello é un tubo metálico que leva en cada extremo unha lente: o obxectivo e o ocular. O material que se quere observar colócase debaixo do obxectivo, sobre a platina, que ten un orificio por onde pasa a luz procedente dunha lámpada ou espello. Para ver ben o material hai que enfocar mediante os parafusos de enfoque.
2. 5. A clasificación dos seres vivos Os seres vivos clasifícanse en cinco grandes grupos chamados reinos. Cada reino agrupa aos seres vivos con características parecidas e que os diferencian dos seres vivos doutros reinos. Os dous reinos máis sinxelos. Os seres vivos máis sinxelos agrúpanse en dous reinos. Moitos destes seres vivos son moi pequenos e case todos unicelulares. Son o grupo máis variado e numeroso da Terra. Hai unicelulares na auga, no solo e mesmo no interior doutros seres vivos. - As bacterias. Son células en que os seu núcleo non está separado do citoplasma por unha membrana. - Unicelulares superiores: amebas, paramecios ou as algas. O reino dos fungos. Os fungos non poden desprazarse e non fabrican o seu propio alimento,
6
senón que se alimentan dos restos doutros organismos, polo xeral mortos. Poden clasificarse en: - Fungos unicelulares: formados por unha soa célula, como os fermentos. - Fungos pluricelulares: formados por moitas células que se agrupan en filamentos chamados hifas. Os mofos e os fungos que forman cogomelos compoñen este grupo. O reino das plantas. As plantas ou vexetais son seres pluricelulares que non poden desprazarse. Fabrican o seu propio alimento a partir dos nutrientes que obteñen do solo, do aire, da auga e da luz do sol. Hai dous grupos de plantas: - Plantas con flores: reprodúcense mediante sementes (roseiras, cerdeiras...) - Plantas sen flores (fentos...) O reino dos animais. Os animais son pluricelulares. A maioría poden desprazarse e aliméntanse doutros seres vivos. Clasifícanse en: Animais vertebrados: teñen columna vertebral (aves, mamíferos...) Animais invertebrados: non teñen columna vertebral (insectos...)
FUNGOS
7
ANIMAIS
3. SISTEMAS E APARELLOS Os sistemas e aparellos do corpo humano son os compoñentes máis complexos do noso organismo. Están formados por conxuntos de órganos que realizan funcións complexas. 3.1.
Sistema nervioso O sistema nervioso funciona como o gran sistema de información do corpo humano: recopila, almacena e analiza todos os estímulos que o corpo recibe. Desempeña tarefas de control do corpo. Divídese en sistema nervioso central e sistema nervioso periférico.
Sistema nervioso central: Está composto polo encéfalo e a médula espiñal, e contén millóns de células nerviosas: as neuronas. A médula espiñal é un conxunto de nervios que transportan mensaxes entre o cerebro e outras partes do corpo. Está protexida pola columna vertebral O sistema nervioso central recibe e analiza toda a información do corpo humano. Regula as funcións voluntarias do organismo: a visión, os músculos... Sistema nervioso periférico: É a parte do cerebro que controla as extremidades e outros órganos que non entran dentro do ámbito de control do sistema nervioso central. Divídese en dúas partes: - Sistema nervioso somático: asóciase coa acción dos músculos do esqueleto. - Sistema nervioso autónomo: controla órganos como o corazón, o estómago e os intestinos. Regula as funcións involuntarias do corpo humano.
8
3.2.
Neuronas
As neuronas ou células nerviosas, son células especializadas que transportan mensaxes a través dos nervios. Cada neurona presenta varias prolongacións curtas e ramificadas: dendritas. Éstas son as encargadas de conducir información entre as distintas neuronas. Cada neurona conta con múltiples dendritas. As neuronas teñen diferentes tamaños e tipos.
3. 3. Cerebro O cerebro atópase no interior do cráneo, é o centro supervisor do sistema nervioso. Controla e coordina a actividade corporal e os sentidos. O cerebro está divido en dous hemisferios: esquerdo e dereito. Está cuberto por unha capa fina, chamada corteza cerebral. Desempeña funcións como controlar os procesos de pensamento, os movementos voluntarios, a fala, a capacidade de razoamento e a percepción. O cerebelo está na parte posterior do cerebro. Coordina os movementos do corpo humano. O tronco encefálico intervén na respiración, a regulación do ritmo cardíaco... O hipotálamo atópase na base do cerebro (con forma de guisante). Controla a temperatura corporal, as emocións, a fame, a sede...
9
3.4.
A intelixencia
A intelexencia é a capacidade que temos os seres humanos para entender, elaborar información... e utilizala para resolver problemas. Hai autores como Gadner que falan de diferentes tipos de intelixencia: intelixencias múltiples. •
Intelixencia lingüística: capacidade de usar as palabras de xeito adecuado.
•
Intelixencia lóxica-matemática: capacidade que permite resolver problemas.
•
Intelixencia musical: capacidade relacionada coas artes musicais.
•
Intelixencia espacial: a capacidad de distinguir aspectos como: a cor, línea, forma, figura, espacio, e as súas relacións en tres dimensións.
10
•
Intelixencia corporal-cinestésica: capacidade de controlar e coordinar os movementos do corpo e expresar sentimentos con el.
•
Intelixencia intrapersonal ou emocional: está relacionada coas emocións, e permite entenderse a un mesmo.
•
Intelixencia interpersonal ou social: capacidade para entender ás demáis persoas con empatía; está relacionada con las emociones.
11
4. BIBLIOGRAFÍA
CASAJUANE BOTINES, R. (otros), Medio 5, 2011. Editorial Vincens Vives (a Coruña) FRAILE, Ruth; CARBALLO Borja, (otros), Coñecemento do Medio, 2010, Xerme Edicións (España) VARIOS, Gran Libro del Cuerpo Humano, Ediciones Saldaña, S.A (Guipúzcoa) PÁXINAS WEB www.wikipedia.org https://www.google.es/url?sa=t&rct=j&q=&esrc=s&source=web&cd=1&cad=rja&ved= 0CC8QFjAA&url=http%3A%2F%2Fabalarceipquiroga.blogspot.com%2F2011%2F08 %2Fconecemento-do-medio-5santillana.html&ei=MxkzUqyuMPOO7Aa6v4HYDw&usg=AFQjCNGS_cqGq3CgfVi me9HV22hQBics_Q http://catedu.es/chuegos/kono/quinto/t1/seres2.swf https://www.google.es/url?sa=t&rct=j&q=&esrc=s&source=web&cd=4&cad=rja&ved= 0CEAQFjAD&url=http%3A%2F%2Fwww.ceipjuanherreraalcausa.es%2FRecursosdida cticos%2FQUINTO%2Fdatos%2F02_Cmedio%2Fdatos%2F05rdi%2F05recursos.htm& ei=sBgzUvb5Nqqg7Abg8YDYCQ&usg=AFQjCNGLUQaZLNNyEKVMf8wXNZejNi YfBw https://www.google.es/url?sa=t&rct=j&q=&esrc=s&source=web&cd=5&cad=rja&ved= 0CEgQFjAE&url=http%3A%2F%2Fwww.testeando.es%2Fasignatura.asp%3FidA%3D 46&ei=sBgzUvb5Nqqg7Abg8YDYCQ&usg=AFQjCNFQH1evsgyUuvb1RInDfe_0UL mliA http://nuestroblogde5primaria.wordpress.com/category/04-conocimiento-del-medio/0-2los-seres-vivos/ http://contenidos.proyectoagrega.es/visualizador1/Visualizar/Visualizar.do?idioma=es&identificador=es_20071217_3_0101300&secuen cia=false#
12