Prebenúmero6

Page 1


Prebe#6.............ABRIL DE 2018 Revista gráfica de alumnos do IES Manuel García Barros de A Estrada (Pontevedra) Esta publicación quere pór en valor o traballo dos alumnos do Bacharelato de Artes e de Plástica do noso IES, algúns dos cales serán pronto artistas, creadores visuais e traballadores relacionados coa imaxen visual e audiovisual da nosa comarca. Prebe é un escaparate ao traballo destes alumnos, unha ponte que os conecte coas empresas e institucións que nun futuro poidan precisar do talento creativo tan necesario hoxe en día, moitas veces pouco aproveitado, ou pouco recoñecido como creador de valor engadido a nivel económico, social e cultural. A portada é un deseño de Ivette Cabrera. A contraportada é un collage con debuxos a lápices de cores de Amneris García, Alicia González, Eva Dapena, María López e Inés Maneiro. Maquetación : Mariano Casas, Abel Carbajal, Catarina Barcala e Sara Valcárcel Edita: Departamento de EPV do IES Manuel García Barros. Os traballos que figuran no interior da revista, así coma os das capas desta publicación son propiedade intelectual dos seus autores. Esta publicación está baixo unha licenza CC, coa que é posible a súa distribución sempre que sexa sen ánimo de lucro e citando sempre ao autor o autores en caso de exposición parcial de contidos. Calquera uso das imaxes ou obras dos autores que aparecen en Prebe debe ser negociado directamente con eles. A recadación da venda da revista Prebe (en papel) destinarase a recadar cartos para a actividade cultural de fín de ESO na que os alumnos de 4º viaxarán á cidade de Roma.


Adicamos este nĂşmero da nosa revista ĂĄ memoria de Clara Correa.



A NOSA MAQUETA Xa está rematada a maqueta topográfica feita polos alumnos de volume de 1º Bac. Un traballo moi elaborado, no que os alumnos foron recortando planchas de cartón seguindo as isocotas ou liñas topográficas dos mapas baixados do Instituto Xeográfico Nacional (poden baixarse gratuitamente). Formando pequenos grupos de traballo foron calcando sobre o cartón as "lonchas" de terreo que formaban esas isocotas nos mapas topográficos, recortándoas e pegándoas unha enriba da outra sucesivamente. É dicir, básicamente o que fixemos foi darlle VOLUME, tridimensionalidade e relieve ao mapa topográfico do noso (grande, moi grande) concello. Sobre os relieves pegamos os propios mapas topográficos, para ter máis precisión á hora de debuxar carreteras, accidentes xeográficos e cotas verticais. O territorio do noso concello, marcado polos ríos Umia e Liñares, e coroado polo ULLA, que fai de frontera cos concellos da provincia veciña, Coruña, faise agora máis visible e comprensible ante os nosos ollos, e agardamos que ante os de todos os que pasedes a partires de agora ante a maqueta. O proceso de traballo foi pesado e laborioso, aínda que as distintas etapas polas que pasamos o fixeron agradecido. Sen dúbida a parte máis pesada foi a de cortar e pegar as láminas de cartón, etapa que comezou alá polo mes de setembro, a principios de trimestre. Aquí temos nas imaxes a Mario, Alex e Xián cun dos sectores que lles tocou en "sorte”


Pero antes tivemos que baixar os mapas topográficos das páxinas do ITN e da Xunta. Podemos ver o mapa topográfico de todo o estado no enlace de abaixo, e para descargar os mapas da base topográfica do IGN poderemos facelo por follas (como fixemos nós) ou por concellos e outras divisións administrativas. Estas son as follas nas que se divide a efectos topográficos o territorio nacional:


Se facemos zoom sobre a imaxe veremos que o concello no que estamos ocupa parte das follas 120, 121 e 153, así que deberemos ir a esas páxinas para descargar o que precisemos para comezar a construción da maqueta.. Teremos que ter en conta que as follas están á súa vez subdivididas en 64 sectores (oito filas e oito columnas), e o concello ocupará so algún deses sectores. Aquío temos un exemplo, o SECTOR 54 da páxina 121. Nesta numeración (que pode variar segundo o ano ao que pertenza o estudo topográfico, os números 5 e 4 do 54 corresponden á colmna e á fila respectivamente na que se encadra a zona escollida. Na ampliación da lenda do mapa pódese localizar visulmente de esquerda a dereita a folla no mapa, o sector na folla, e tamén aparece a ESCALA. A escala é un concepto relativo, xa que os mapas pódense imprimir en diferentes tamaños. Nós imprimimos os sectores a tamaño A3 (42x29 cts).


O tamaño resultante da nosa maqueta foi aproximadamente de 2,80 metros por 2,45 (alto x ancho).

Esa mesma distancia na realidade, como podemos calcular no google maps, é duns 23 kmts, ou sexa que a escala de redución da nosa maqueta é de 1/8214 . Cada centímetro, pois, na maqueta equivale a uns 82 metros


Volvendo ao traballo na aula, os equipos de alumnos foron rematando o "levantamento" a escala dos sectores correspondentes ao concello. Despois houbo que ensamblalos. Para que o pegado fora firme e duradeiro, botamos man da cola de carpinteiro. Tamén de papel hixiénico, para darlle continuidade á forma dos valles e montañas nos espazos intermedios sen que se notaran escalóns. Aquí temos a Marcos, Andrea e Jesús ensamblando algunhas pezas, e xa PEGANDO os mapas topográficos dos sectores correspondentes enriba dos cartóns. O pegado destes mapas non so nos fixo máis sinxelo a posterior marca de pobos, vilas, aldeas, estradas e accidentes xeográficos, senón que ademáis axudou a APLANAR a maqueta e facer pouco visible o aspecto "escalonado" resultante dos cartóns superpostos.


Agora veu un das partes máis agradecidas, o pintado da maqueta, poñendo todas as cousas que teñen que estar nela, comezando polo noso IES (a ver se o atopades). Seguindo o esquema visual dos propios planos topográficos nos que nos baseamos, pintamos os ríos de azul, o territorio de ocre (verde para zonas forestais) e a pegada humana (construcións) en tonos vermellos (estradas en laranxa). Poemos ver nas imaxes a moitos dos alumnos facendo este traballo, que esixe boa vista e o apoio dos planos do concello que tiñamos impresos algo máis pequeños (sectores en follas a4 en vez de a3). Por sorte, Jaqueline, a quen vemos nas imaxes, trouxo unha lupa que fixo máis doada (se se pode chamar así) a cousa. Vemos tamén a Jennifer, Daniel, Borja, Mario, Jesús, Alba...aínda que este é un traballo no que participaron todos, en maior ou menor medida.


É importante destacar que a maqueta tivo que facerse en DOUS BLOQUES, xa que de outra maneira non cabería polas portas. Estes dous bloques foron pegados xa no lugar onde a maqueta vai quedar exposta, entre a xefatura de estudios e a direción. Tamén usamos ESPUMA DE POLIURETANO no interior da maqueta para facer o corpo máis sólido e estable, e sobre todo,máis lixeiro, xa que a idea é que permaneza pendurada. O excesivo peso pode facer que acabe caendo, como outra maqueta (non do concello completo) que fixemos fai varios cursos. E xa, rematado o máis duro, veu o máis divertido, que foi levala ó seu lugar, cousa que tampouco foi doada de todo...


Quizáis o máis importante deste traballo sexa ver o produto do TRABALLO COLECTIVO, algo que seguramente non estamos moi afeitos a valorar, e que precisamos coñecer porque así é a realidade e así debe ser...un traballo colectivo que non empeza nen moito menos en nós...se fixemos esto foi posible porque antes, os topógrafos, o instituto xeográfico e centos de personas fixeron un bo traballo antes que nós, e o puxeron á nosa disposición na rede para poder facer algo así.


Tamén hai que agradecer a toda a xente que nos facilitou a materia prima para a maqueta o seu apoio, e en particular aos nosos principais proveedores de material, PEPE e DIEGO, da cafetería. Sen a súa axuda non sería posible ter rematado tan "rápido" a cousa... E por suposto, aos 19 alum@s de 1º bac de artes, que tiveron a paciencia e capacidade de traballo (ás veces tamén de organización) para facer isto, moitas veces ocupando os seus recreos de maneira voluntaria, e sempre facendo a clase agradable co seu bo humor e espíritu constructivo... E tamén, falar de experiencias similares en outros centros de ensino, como a do proxecto que fixeron no IES URBANO LUGRIS de Malpica de Bergantiños, en que entre diferentes áreas (plástica, bioloxía, matemáticas, tecnoloxía, xeografía, paisaxe), e en diferentes niveis (1º a 4º ESO) están a facer o concello enteiro de MALPICA DE BERGANTIÑOS con impresora 3d, tamén seguindo as liñas de cota de planos topográficos. A idea é facer as parroquias en diferentes cores e logo montalo como un puzzle. Miguel Ángel Díaz Salgueiro, arquitecto e profesor de plástica, é un dos responsables deste precioso proxecto, do que teñen xa impresas as illas Sisargas. Todo estará feito a unha escala de redución algo menor que a nosa, 1:10000


Estradenses na Galería Victor Emmanuelle II. E deseño de Míriam Núñez para as camisolas e posavasos feitos para que os alumnos cofinanciaran a súa viaxe.



Nunha viaxe moitas veces o máis interesante é o que atopas no camiño, sen agardalo. A nosa viaxe a Milán (máis Florencia, Boloña e Bérgamo) estivo chea de pequeños detalles que a fixeron unha experiencia inolvidable. Ademáis do que tiñamos planificado, que xa era interesante de seu, demos con cousas que non estaban no planning, como a visita ao templo conmemorativo a Alessandro Volta no Lago Como, de onde era orixinario este lexendario físico italiano. Un personaxe fascinante, a quen, como puidemos ver, lle debemos moitas máis cousas das que pensabamos. Coñecémolo polo invento da pila (de feito a unidade eléctrica do voltio leva o seu nome), pero non tan coñecidas como as súas aportacións á electricidade e a electrónica son as que fixo no campo da óptica e en especial ao da cinematografía e fotografía. O templo voltiano, construído en 1927 no anivesario da morte do xenio dos Alpes, é un templo tamén ao mundo da ciencia, cheo de detalles simbólicos, dende a pedra utilizada no chan e o seu significado, ata a disposición de calquera pedra ou detalle colocado neste edificio, inspirado no Panteón de Agripa da veciña do sur, Roma.


Baterías, cámaras escuras e cinematógrafos feitos por Alessandro Volta


Tamén, moitas veces levados pola fascinación polo pasado e a arte como pegada deses tempos, esquencemos que hoxe tamén faise arte, moitas veces tan fascinante como o de outros séculos ou épocas. Nas mesmas rúas de Milán podemos ver esta escultura xigante do artista pop americano Claes Oldemburg e a súa dona, Coosje van Bruggen, homenaxe ao significado que ten esta cidade no mundo de deseño e a moda. A impoñente agulla compleméntase con outra escultura dun nó, na mesma praza Cardona.


Tamén contemporáneo é Michelángelo, pero non o do David, senón o de agora: Michelángelo Pistoletto, un dos artistas italianos actuais máis recoñecidos, que deixou, moi preto do noso hotel, e da Estación Central que vedes ao fondo, esta enorme mazá de aceiro, a "Mela reintegrata", coa que posamos para a foto, igual que o fixemos, como non, co CENACOLO, o fresco de Leonardo, outro artista do Renacemento, moi ligado a esta cidade, para a que deseñou os canais, hoxe en desuso industrial, mais zona de esparcemento e “movida”.


Pero a capital lombarda é recoñecida no mundo non só polo arte que ten nas rúas e os museos: o é sobre todo polo seu potente DESEÑO, o seu peso no mundo da moda e na industria (a rexión lombarda é unha das tres máis prósperas económicamente en Europa). Aquí temos un dos seus hipnóticos escaparates (por certo dunha marca galega), unha foto de grupo no QUADRILATERO DELLA MODA, e outra aos pes da TORRE PIRELLI. A imaxen de abaixo é da nosa chegada, pola Avenida de Buenos Aires, tamén repleta de comercios relacionados coa moda.


O Duomo de Milano, as columnas de San Lorenzo (un dos poucos vestixios do Mediolanum romano), e a casa dos Omenones, residencia de artistas nos tempos nos que se coidaba aos artistas.


Seguindo o bo consello dos de Tecnoloxía, Sindo e Obdulia, fomos ver tamén o Museo da Ciencia e Tecnoloxía. Nunha cidade como Milán, tan ligada o desenvolvemento, a tecnoloxía e o deseño (por suposto, non só entendido como algo estético), é unha visita obrigada. Máis se atopamos nese día unha expo monográfica de obxetos construídos seguindo literalmente os deseños do “milanés” LEONARDO (impresionante de verdade esta mostra) e outra de coches-escultura convertidos a golpe de radial e soldadura, en TRANSFORMERS. Alí pódense atopar moitas máis cousas, desde trens de diferentes épocas, ata embarcacións, avións, helicópteros, máquinas e moita información sobre o devenir tecnolóxico nos últimos séculos. É curioso que unha escultura da Victoria de Samotracia preside a enorme sala das naves e máquinas, parafraseando visualmente o manifesto dos futuristas, que ensalzaba o valor da máquina en contraposición ao da arte.


Aquí os profes tentando dirixir os canóns “última tecnoloxía” cara o García Barros...pero non houbo maneira.


Arquitectura impresionante do pasado, e dun presente que mira cara o futuro. Os rañaceos do BOSCO VERTICALE no novo barrio de ISOLA, moi preto do noso hotel en Milán. E, en contraste, a máxica arquitectura medieval da cidade universitaria de Boloña, en moitas cousas parecida á nosa capital, Santiago, e a maxestuosidade renacentista de Florencia.


Pousando en Boloña e Florencia, alumnos no Ponte Vecchio florentino, e os contrastes de Milán, como a porta romana reconstruída e cos rañaceos do barrio de ísola moi preto


Outra grata sorpresa foi o Museo do Novecento, pegado ao duomo, cunha boa representación do arte contemporáneo italiano, no que non podía faltar hitos coma as obras de Marinetti (os futuristas estaban moi ligados á cidade de Milán), a lata de Merda de Artista de Piero Manzoni ou o cadro de Giuseppe Pellizza O Cuarto Estato, obra cunha significación moi importante nos movementos socialistas en Italia e Europa, e na loita contra o fascismo. O cadro, cuio orixinal está neste museo, é a imaxen do cartel da famosa película NOVECENTO, de Bernardo Bertolucci. Tamén hai obras de De Chirico, que serveu de inspiración na propia arquitectura do edificio do museo.


Outro descobremento co que nin contamos cando empezamos a organizar a viaxe foi a cidade vella de Bérgamo. A proposta da propia axencia de viaxes (Simply Travel) pasamos alí un bonito último día. Bérgamo, como moitas cidades italianas, está físicamente partida en dúas partes, a antica e a nuova. A parte vella conservouse tal e como era na idade media, encaixada en murallas aínda conservadas, e na parte alta dun monte aos pes do que empeza a cidade nova. Para acceder a vella hai que coller un funicular, non moi espacioso, como podedes ver, pero moi divertido. Unha placa nunha das rúas vellas dínos que aquí viveu nada menos que Sthendal, o aleman ese que sofreu un tarantantán en Florencia por someterse ao visionado de tanta beleza xunta. Vendo as balconadas e os lavadeiros que se gastan nesta cidade, seguro que o síndrome xa lle empezou aquí. A nós deunos un pouquiño...de síndrome de Sthendal e de tristura, porque xa remataba a viaxe.


Sempre levaremos no corazĂłn ese Giro de Italia polas rotondas dunha Florencia en obras, a nosa chegada TRIOMFALE ao quadrilattero dela moda e as GalerĂ­as, os tours nocturnos na procura de Colacao, os pasteis de BĂŠrgamo, as milanesas do Galileo, os bos ratos paseando pola cidade, e sobre todo, o animado viaxe en bus co noso amigo Concetto!!


LITA CABELLUT A artista Lita Cabellut saltou a fama súbitamente fai pouco, cando os medios especializados, en concreto a publicación Artprice a situaron como a artista española máis cotizada despóis de Miquel Barceló e Juan Muñoz, dentro do TOP 500 mundial. Cabellut, catalana, de orixe xitano, tiña ademáis unha aureola (quizáis tamén traballada mediáticamente) de vir dunha vida difícil, filla dunha prostituta que a abandonou de pequena (aínda que hai membros da súa familia que desminten estos feitos e os atribúen a unha biografía “tuneada” de xeito efectista). Segundo a súa biografía oficial, foi adoptada de nena por unha familia catalana con medios económicos, que fixo


posible que Lita tivera unha boa educación artística, con moita influencia dos clásicos da pintura española. O acontecemento artístico do ano foi que Lita Cabellut expuxo (e estivo presente na inauguración) en A Coruña, no Museo MAC, e que mello ocasión para coñecer esta artista do que todo o mundo fala. O certo é que a obra de Lita Cabellut é, canto menos, impactante. Con técnicas propias de pinturas de outros séculos (incluíndo fotorealismo, moitas veces apoiado directamente en fotografías, grandes formatos e mesmo craquelados feitos a propósito) resulta un xeito de traballar pouco visto na actualidade, unha obra que descoloca e non deixa indiferente, unha ponte entre o clásico e o contemporáneo, que trascende o tirón mediático, probablente efémero, que precede todo o que ten relación con esta interesante artista.


MAC Coruña Museo con colecciones de Arte contemporáneo, exhibiciones, instalaciones y programación de talleres. Dirección: Estrada Baños de Arteixo, 171, 15007 A Coruña Teléfono: 981 91 14 76


ARXINATO ! Algunha vez fuches ao dentista e tiveches que facer un molde dos teus dentes? Se é así recordarás unha especie de “pasta de dentes” que estaba nunha especie de base metálica, con sabor a menta e fría ao tacto, que en cuestión de segundos pasaba de estado semilíquido a semisólido (unha especie de “goma”). Eso era ARXINATO. É un composto que de obtén das algas, é natural e non tóxico (de feito úsase tamén en cociña para facer as famosas “esferizacións” e outras moderneces que terás visto en tantos programas de cociña como hai agora). O seu finísimo gran e a velocidade de utilización fan que poida obterse del un vaciado inmediato dunha forma (incluíndo unha cara) de xeito fácil e inocuo, e con altísima fidelidade ao modelo base.


Iso sí, o molde vai ser moi efémero, xa que se degrada unha vez misturado coa auga e so ten un uso, que ten que ser inmediatamente posterior (o positivado) á obtención dos moldes. É un material ideal para obter moldes de partes do corpo. Nós contamos coa paciencia de Andrea, á que lle fixemos esta “copia” da súa cara. O positivado pode facerse en escaiola (coma é o caso), látex para moldes (se queremos obter unha máscara), ou calquera material que se solidifique en pouco tempo e que sexa compatible co arxinato. Se o queredes facer en casa so necesitades : -Arxinato (o venden nas tendas de ortopedia e algunhas farmacias) -Vendas de escaiola (para facer unha exoestrutura algo máis sólida por encima do molde de arxinato, evitando deformacións) -Escaiola (para positivar) -Auga (para misturar tanto co arxinato como coa escaiola e tamén as vendas) -E por suposto, unha persona con paciencia e un ou dos axudantes. O tempo necesario para facer todo esto son menos de 20 minutos. A velocidade de fraguado do arxinato é dun dous minutos, así que na fase de misturado e na de botar o material hai que ser especialmente rápido.



DESEÑO PARA A SALA DE FAMILIAS


Os alumnos de DESEÑO do curso pasado de Segundo BAC: Yábsera, Evelyn, Diego, Brais, María, Jennifer, Ariadna, Laura, Sergio, María B, Julia, Paula, Noelia, Miguel, Nuria e Guillermo, aos que podemos ver na súa ORLA DE FÍN DE BACHARELATO DE ARTES aquí ao carón, fixeron este gran (e necesario) redeseño do espazo de recepción a familias dos alumnos. O mérito no foi so mellorar a habitabilidade e utilidade dese espazo, cousa non difícil, xa que co tempo tíñase convertido nunha especie de almacen/espazo multiuso, non moi axeitado para recibir as nais, pais e familiares dos nosos alumnos. O mérito foi facelo cun PRESUPOSTO CERO (ou casi), aproveitando materiais que tiñamos na aula, para forrar mesas, pintar cadeiras, paredes, etc. Botamos man dun palé e cartón para facer a estantería cos adornos vexetais da entrada, usamos dúas cores, branco e gris... e o máis interesante, fixemos un sillón a base de material reciclado, cartóns que nos deixaron en cafetería, libros vellos e cinta de embalar. De agora en adiante, que o disfrutedes !



Ilustracións baseadas en debuxos de tinta feitos in situ, de Míriam Núñez, Xián Caamaño Alexandre Andrade e Jacqui Reimúndez




O proxecto escultórico colectivo que escollemos o curso pasado para facer en VOLUME de primeiro bac de artes foi un MOAI no exterior do centro, na parte do xardín traseiro. Todo un reto porque é un lugar umbrío, con moita humidade, e a estrutura, coma no caso da PENSADORA do curso pasado, debía ser autosustentante, de xeito que se mantivera en pé, a pesar de carecer dunha estrutura interna que a mantivese. A idea era, por tanto, facer a forma a modo de exoestrutura, baseándonos en desenvolvementos xeométricos de moais collidos na rede, e con esa base en cartón (que nos cedeu amablemente a nai de Ainoa Iglesias), botar enriba cemento (que engadiu moito

MOAI


peso, e que a piques estivo de facer desmoronar todo), e finalmente unha capa de cemento impermeabilizante (do que se usa nos chans das piscinas) para facer a escultura estanca a humidade. A forma, por tanto, está oca, ainda que rechea de centos de follas enrugadas, de libros de texto vellos, que formando bolas, fixeron masa, inicialmente, para que a coraza de cartón non se afundira cara adentro ao botar o cemento. Finalmente, rematamos o traballo, que podedes ver no xardín, con pintura en spray e brocha, e con pedras que collemos no río preto do IES, non sin desventuras varias das que, por sorte, non queda rastro documental.


Penรณlpe e Laura



Eva, Ivette, Amneris, Mara, Alicia, Inés, Ainoa, Rebeca, María, Jose e Miguel, alumnos de Artes en 1º BAC do curso pasado. Autoretrato colectivo feito con bolis BIC sobre catulinas


EďŹ e Carolina


a nosa benquerida e malordenada aula taller


CON


Coa colaboración de profesoras que chegaron este curso ao MG como Irene e Soraya, estamos a facer no taller de Volume un interesante proxecto, unha serie de vaciados a partires de modelados en arxila, de persoeiros relacionados coa cultura, a ciencia e o coñecemento. O grupo de Andrea, Marcos e Jennifer está a facer a cabeza de Rosalind Franklin, da que aquí podedes ver a parte inicial do proceso...e tamén a Soraya axudando a dar vida nada menos que a Castelao

MOITA

CABEZA


As cabezas modélanse primeiro en arxila, despóis faise un baleirado en escaiola. Con este molde o cofre, facemos un novo positivo en espuma de poliuretano (xa que é un material moi lixeiro), que despóis retocamos con aquaplast. O primeiro modelado pérdese, aínda que o barro pode ser reutilizado

Rosalind Franklin (1920-1958) Química e Cristalógrafa de Raios X Realizou unha labor crucial para o coñecemento das estruturas moleculares do ADN, o ARN, os virus, o carbón e o grafito. Destaca polo descubrimento da estrutura de dobre hélice do ADN. Aplicando raios X sobre as delicadas fibras do ADN conseguiu capturar a famosa Fotografía 51 a partir da cal deduciu que o ADN que codifica toda a información dun ser vivo é de dobre cadea e ten forma de hélice. Desafortunadamente, dous investigadores moleculares da época, James Watson e Francis Crik, empregaron os descubrimentos de Franklin para publicar o seu propio traballo sen outorgarlle a ela ningún mérito. Tras o falecemento de Rosalind Franklin, ambos científicos recibiron o premio Nobel polo descubrimento da estrutura de dobre hélice do ADN sen facer ningún recoñecemento da aportación das investigacións da cristalógrafa. Agora que coñecemos a historia do seu revolucionario traballo e a inxustiza que o rodeou, é hora de celebrar todo o que logrou! Irene Portas




DANDO A CHAPA

A proposta da profesora de E.F., Norma, os alumnos de E.P.V. de 4 ESO recrearon espazos para practicar xogos populares durante o magosto. Un deles foi esta espectacular PISTA DE CHAPAS, na que houbo unha reñida competición, non so entre os participantes, senón tamén entre os dous equipos que prepararon cadanseu o seu circuito. Unhas pistas moi curradas, ainda que efémeras, xa que estaba feita sobre as mesas de pinpon...


Este vai ser o espacio de artes, un espacio autoxestionado para expoñer traballos con criterios de calidade, para que sexa a nosa galeria de arte, comisariada e xestionada polas propias alumnas de segundo de bacharelato de artes. As alumnas de DESEÑO lle deron forma en xaneiro, á volta de Nadal, aquí está o minuto CERO deste o noso espazo expresivo. Tras un concurso de NAMING decidiuse que o nome da nosa sala sexa.....

o EscaparARTE


O ESCAPARARTE


En maio de 2018 imos facer unha visita á cidade de Roma que servirá como colofón aos estudos obrigatorios para 45 estudiantes. Será unha visita diferente e peculiar, visitaremos o Istituto Comprensivo Guido Milanesi, na capital italiana, coñeceremos a alumnos e profes romanos, e iremos xantar con eles a vera pizza romana. Visitaremos tamén cousas non moi frecuentadas polos turistas pero moi interesantes, como o barrio emerxente de Testaccio, cos seus graffitis, a súa vida artística actual, e tamén o seu espectacular museo Centrale Montemartini, onde pezas da Roma clásica conviven con máquinas e obxectos industriais

ISTITUTO FRATELLO



No curso pasado, os alumnos de 1º e 3º ESO fixeron cousas coma as que aquí vedes, cheas de frescura, arte e descaro, dende maquetas do instituto ou a vila, ata camisolas feitas a man, pasando por multitude de formas de representar ideas e sentimentos, e tamén de saber comunicarse visualmente. A nosa compañeira María Armada fixo un bo traballo, e eles tamén. Aquí tedes, entre outos, cousas de Efi Prieto, David e Jorge Barbeito, Ángela Cabalar, Alba Vázquez...


BOA CANTEIRA


Amneris Thais García collage e fotografía Debuxo de Jennifer Mesejo Alicia González. Fotografía estenopeica

Imaxes varias... do dixital ao analóxico Traballos de Cultura AV e Técnicas de E.G.do curso pasado


O xuizo Final Collage de InĂŠs Maneiro

MĂĄis traballos de color de Jennifer Mesejo


Traballos de cor e lápis de María Villamor

E pintura de Paula Fernández


Debuxo e pinturas de Laura Rivero

Debuxo e pinturas de Brais GarcĂ­a


Debuxo de Diego García

Foto de Inés Maneiro

Fotografías estenopeicas (feitas con caixa) Fotografías estenopeicas e e fotografía reflex de Eva Dapena collage de Ivette Cabrera


Julia Arcay María Brea

Imaxes de Guillermo Fernández

Foto estenopeica de Mara Muñoz


AO SAÍR DE CLASE

Textos de algúns dos nosos exalumnos do Bacharelato de artes, nos que contan as súas vivencias personais, experiencias universitarias, laborais e, en definitiva, o mundo que atoparon aí fóra. Nesta páxina, imaxes do fotolibro “Fillos do Vento”, de Ariadna Silva, e ela mesma no Festival de Fotoperiodismo de Perpignan.


Ariadna Silva Fotรณgrafa e exalumna


Manuel García Vicente Músico e exalumno A medida que se vai medrando vaise tendo máis claro o camiño que se quere seguir na vida, os institutos a día de hoxe non soen ofrecer a mellor das preparacións que digamos, trátase dun sistema a cada paso mais en decadencia, porén eu tiven a sorte de estudar o bacharelato musical no IES Manuel García Barros. Meu nome é Manuel García, comecei a tocar o violín ós catro anos e actualmente estudo o Grado Superior de Música Moderna e Jazz na Escuela de Música Creativa de Madrid. Dende neno tiven contacto coa arte en xeral, sobre todo gracias aos meus pais, que ata o día de hoxe me apoian en todo o que poden. O meu paso polo MGB foi, sobre todo nos últimos tres anos, verdadeiramente enriquecedor. Antes de pasar a bacharelato cursei un ano de debuxo con Mariano Casas, aínda que o debuxo non é o meu puiden adquirir moitísimos coñecementos sobre fotografía, cine e cómic. Cando pasei a bacharelato foi un cambio total, esto permitiume centrarme máis na música, e con Miguel Carbajal como mestre a diversión estaba asegurada. O primeiro ano entramos en contacto coa música moderna e o jazz, estudamos harmonia e tocabamos todos os días en grupo, lendo, improvisando e arriscando, tanto arriscabamos que parecía que aos compañeiros das materias comúns lles fatidiaba vernos tan contentos chegando ao insti tódalas mañáns. Ao sair do Bacharelato descúbrese un mundo descoñecido, parece que a vida non é como nos libros de texto. Durante dous anos cursei na Escola Estudio en Santiago de Compostela, foi durante ese tempo cando comecei a notar unha madurez musical, xa que case tódalas noites acudía a unha jam session ou a un concerto. Foi un momento clave de aprendizaxe no que non todo me saiu ben, probei sorte no acceso da ESMUC en Barcelona, onde me denegaron o acceso, pero esto non fixo

máis que erguerme con forza, decidín marchar para Madrid e adicar un ano enteiro a preparar a proba da Escola de Música Creativa, xa que ofertaba duas prazas de violín de jazz. Foi un curso cheo de inseguridades e altibaixos, pero contei en todo momento coa compaña de Ariadna, a miña parella. Cursar en Madrid fíxome cambiar a forma de tocar o violín, atopeime con mestres moi esixentes, cando finalmente accedín ao superior dinme de conta da cantidade de traballo que se me viña enriba, as horas de práctica que esixe a música son realmente abrumadoras, o músico é como un ximnasta, ten que exercitar o corpo e a mente, e se deixa de lado a rutina, cando a retoma faise moi complicado. Dende hai dous anos comecei a interesarme moito pola tradición da música galega, o seu pasado, prente e futuro, algo co que cada día estou máis comprometido. Ademáis de escoitar o noso folclore tratei de tocar e sentir melodias e ritmos de outras culturas como as do norte ou o este de Europa. Os coñecementos que adquirín en arranxo e composición permitíronme participar no proxecto de Ariadna Silva Fernández “Fillos do Vento”, no cal mostra a súa mirada sobre a Rapa das Bestas de Sabucedo, unha obra diferente, recoñecida a nivel nacional. Para este fotolibro compuxen, xunto coa fotógrafa, unha paisaxe sonora que sumerxe ao espectador nunha atmósfera adecuada para sentir as imaxes. Tamén arranxei e grabei a trio (baixo electrico, pandeiro e violín) unha muiñeira do Cañizo para acompañar os retratos feitos no curro de Sabucedo. Agora mesmo formo parte dun grupo de Bluegrass chamado “Kinfolks”, somos un formato de cuarteto no que se inclúe unha banjista, un guitarrista, caixa e violín. Polo de pronto a miña idea é seguir traballando duro até rematar o grado superior. Unha vez remate gustaríame centrarme na música galega e tratar de fusionalas con todo o adquirido no exilio.


(FotografĂ­as de Ariadna Silva)


é algo que valoro tamén do que fixemos

permitían afinar o noso ollo artístico to final de carreira dirixirei e animarei



mos para presentar a nosa escola para poder obter financia remos a filmar a curta en abril, concédannos o proxecto ou


deladas do prota, ainda que para a versión final non

traballo que un fai. Esto significa dedicarlle moitas ho


proxecto final, e recuperan

flex ST, ou SR de super 16, e tamén


tística é moi gratificante. Se un










DE HOXE NUN ANO !


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.