Concursoenbuscadolibroperdido odt

Page 1

NA BUSCA DO LIBRO PERDIDO…

O vindeiro martes, 15 de novembro, durante os recreos, o alumnado de 1º e 2º de ESO poderá participar nun ​concurso de busca de libros de medo, terror e suspense ​nos andeis da biblioteca. A dinámica será a seguinte:

1. Os titores informarán da actividade nas aulas nos días previos. 2. Os rapaces que queiran participar deben pasar ​durante a presente semana (7-11 de novembro) ​pola biblioteca para anotarse. 3. A participación poderá ser individual ou en grupos de 2 persoas como máximo. 4. O día do concurso, os participantes irán collendo nunha caixa colocada enriba da mesa laranxa o título dun libro ou DVD de medo ou intriga: só poden coller un de cada vez. 5. A continuación, irán buscalo nos andeis onde crean que debe estar colocado. 6. Cando o atopen, avisarán ao profesor de garda. 7. É unha norma básica do concurso realizar a actividade sen facer ruído: aqueles participantes que falen en voz alta ou molesten os compañeiros que estean a facer outras tarefas, serán inmediatamente eliminados da actividade. 8. Dentro dalgúns dos libros haberá vales con premios: cómpre escoller e abrir o primeiro exemplar da colección, no caso de que haxa varios; co profesor diante, abrirano e verán se entre as páxinas hai un premio gardado ... ou non. 9. Cada equipo poderá acumular un máximo de 2 premios.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.