Decálogo do bo usuario odt

Page 1

DECÁLOGO DO BO USUARIO 1. A biblioteca é un espazo creado para o traballo e para a lectura, non para a tertulia. Ten presente que se falas nun ton alto, estarás molestando os demais 2. Cómpre estar sentado nas cadeiras ou sillóns: o patio cuberto e os arredores do IES son os lugares axeitados para o paseo 3. Non está permitido comer ou beber dentro da biblioteca 4. Os papeis que xa non se vaian usar deben tirarse na papeleira: as mesas, os andeis e o chan non son lugares nos que se poidan deixar 5. Cando se entra ou se sae, hai que cerrar a porta para evitar que o ruído do exterior moleste a quen está a ler ou a estudar. 6. Na zona de novidades hai unha caixa con impresos para que suxirades os fondos (libros, películas …) que vos gustaría que comprásemos. 7. Lembrade: a norma de empréstito permite levar 3 exemplares; se se precisan máis, cómpre falar co profesor de garda. 8. Ao cabo de 15 días, calquera usuario ten a obriga de renovar o empréstito: é fundamental facelo para mellorar o funcionamento deste espazo. 9. Se hai lista de espera para o material emprestado (quen necesite un libro e non queden xa exemplares libres, debe dicirllo ao profesor de garda, para que faga a reserva), só se pode renovar unha vez: é dicir, ​disporase, como máximo, dun mes para facer uso do material en empréstito. 10. Débense facer as devolucións en man, dándolle o libro ou DVD ao profesorado de garda na biblioteca.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.