Rosalía Rico e Laura Míguez, 4ºB.
Os espectáculos ou xogos públicos (“ludi”) eran grandes celebracións que pertencían ao culto romano e tiñan lugar 3 ou 4 veces ao ano. Eran relixiosos, pois celebrábanse na honra dalgún deus. Ademais eran de balde, considerábanse un dereito do cidadán.
Organizábanse co diñeiro dos maxistrados e emperadores, e así gañábanse ao pobo para as eleccións políticas, e comezaban cun desfile inaugural polas rúas romanas presidido por eles.
Realizábanse combates entre homes corpo a corpo, loitas de gladiadores, loitas de animais e de homes, naumaquias, representacións teatrais, carreiras de carros… Ao principio facíanse no foro, despois en teatros, anfiteatros e circos, e tras o incendio de Roma no 64 d.C. construíron o Coliseo para que se realizaran alí.
TEATRO
Orixinariamente as representacións teatrais realizábanse ao aire libre e cos espectadores de pé. Isto foi evolucionando con escenarios de madeira ata que se comezaron a construír de pedra.
No escenario (scaena) estaba a plataforma onde actuaban os actores, que eran escravos e libertos dirixidos polo “dominus gregis”. O fondo deste era un decorado permanente, adornado con columnas e estatuas. Os espectadores sentábanse nas graderías, divididas en seccións ás que se accedía por pasos cubertos de bóvedas (vomitoria). Había unha orchestra semicircular onde se sentaban as autoridades.
ANFITEATRO
Eran grandes construcións formadas por: -Unha área central (arena) onde se facían os espectáculos. -Subsolo (fossae), con almacéns para gardar ferramentas e decorados, gaiolas para animais e salas para os gladiadores. - Gradería ou cávea: estaba dividida en seccións que levaban ás gradas onde se sentaba a xente segundo o seu nivel social. Tiñan toldos para protexerse do sol.
O máis famoso foi o Coliseo de Roma ou Anfiteatro Flavio, cunha capacidade para 60.000 espectadores.
O CIRCO
Eran lugares inspirados nos estadios gregos. A planta era alargada e redondeada. Nun dos extremos había cárceres, compartimentos para os carros. A pista de area contaba cun pequeno muro de división, chamado spina. Sobre este había obeliscos, estatuas de deuses e un marcador para anotar as voltas, pois nos circos celebrábanse as carreiras de carros.
AS CELEBRACIÓNS
Ludus troianus: simulacros de batallas entre as persoas novas da aristocracia.
Exhibicións ecuestres: xinetes expertos que realizaban acrobacias a cabalo.
Carreiras pedestres: os corredores daban voltas á pista do circo durante horas.
Carreiras de carros: eran un dos espectáculos preferidos. Os condutores (aurigas) tiñan que dar 7 voltas á pista do circo no menor tempo posible. Había dous tipos de carros, as cuadrigas (tiradas por 4 cabalos) e as bigas (tiradas por 2). Era máis importante obstaculizar ao adversario que a velocidade que levaban, pois era moi doado que os carros volcasen ou chocasen contra outros. Dividíanse en 4 equipos relacionados con tendencias políticas e clases sociais: Albata (brancos), Veneta (azul), Praesina (verde) e Russata (vermello).
Naumaquias: representacións de combates navais históricos para os que se inundaba a area dos anfiteatros. Utilizaban navíos de gran tamaño, e o seu custo era elevado, polo que se deixaron de celebrar.
Execucións: os condenados a morte debían loitar sen armas contra animais ou gladiadores armados. Adoitaban ser criminais ou cristiáns.
Venationes: exhibicións de animais exóticos e loitas entre estes, batallas entre feras e homes… As bestias traíanas de lugares moi lonxanos. Adoitaban ser leóns, panteiras, tigres, osos, elefantes, rinocerontes, avestruces, etc., e sacrificábanse moitos durante os xogos.
Loitas entre gladiadores: foi o espectáculo máis famoso. Foron inventadas polos etruscos como parte dos funerais de persoas importantes, e pasaron diso a ser un espectáculo de masas. Os gladiadores eran homes condenados a morte, escravos castigados polos señores ou cidadáns libres que renunciaban aos seus dereitos por motivos económicos. Etimoloxicamente, a palabra gladiador significa “o que loita coa espada”, pois provén do latín gladiator, -oris, e este de gladius, glaldii “espada”. Entrenábanse en escolas especiais e había varios tipos: -Samnitas: tiña un gran escudo e unha espada curta. -Retiarii: contaba cunha gran rede e un tridente. -Mirmillones: equipado con espada, escudo e helmo.
Ao rematar o combate, os espectadores decidían estendendo o pulgar cara arriba (pollice recto) se o vencido vivía ou se morría a mans do vencedor, co pulgar cara abaixo (pollice verso). Os vencedores facíanse famosos, libres, ricos, recibían agasallos e unha palma como premio.
-Representacións escénicas: os romanos comezaron co teatro no século III a.C. Estas eran a parte máis nobre dos xogos e a súa representación pública debía ser autorizada polo maxistrado e polo senado. Os actores profesionais eran escravos e libertos, e organizábanse en compañías dirixidas por un patrón, o dominus. Recibían diñeiro dependendo da súa fama, e en xeral eran desprezados. Poucos chegaron a triunfar. As funcións teatrais realizábanse en festividades relixiosas. As clases cultas desfrutaban das traxedias e comedias, e o pobo de mimos e pantomimas. Foron sendo substituídas polas fábulas “atellanae”, que criticaban a sociedade romana. A xente comía mentres as vía, pelexaban e berraban, aclamaban aos cómicos, e se non lles gustaba o espectáculo, patalexaban.
O DECLIVE DOS ESPECTÁCULOS
Todos os espectáculos deixáronse de celebrar no século III d.C. coa chegada do cristianismo, pois comezaron a estar mal vistos. Moitos cristiáns foran utilizados nos xogos e asasinados. O emperador Constantino impuxo leis para evitar a súa celebración, e no ano 404 d.C. o emperador Honorio suprimiu os combates de gladiadores.
OS XÉNEROS LITERARIOS A
épica:
Narra as fazañas lexendarias dos heroes e as orixes míticas dun pobo. Ó principio transmitíanse oralmente e con acompañamento musical. Non tiñan un único autor nin un texto fixo. Destacan dúas grandes epopeas orientais (O Ramayana e o Mahabarata) e os poemas homéricos gregos (A Ilíada e a Odisea). Ten unha gran importancia a Eneida de Virxilio.
A
comedia:
A comedia romana imita á grega cambiándolle certos aspectos. Os seus argumentos están cheos de enredos que sempre rematan cun final feliz e que adoitan tratar conflictos amorosos e luctuosos. Diferénzase da comedia grega pola música, xa que na latina predominaban fragmentos cantados e recitados con acompañamento musical. Comediógrafos romanos: Plauto e Terencio.
A
oratoria:
Tamén chamada elocuencia, é o arte de saber falar, necesario para intervir nas asembleas ou nos xurados populares e importante porque era o medio polo cal o cidadán de clase media podía seguir unha carreira política. A retórica (que é a arte da elocuencia) pasou de Grecia a Roma, como en todos os xéneros literarios. Destaca Cicerón.
A
elexía:
Ten un ton inmista e un carácter subxectivo. O poeta expresa as súas preocupacións amorosas. Destaca Ovidio, entre outros.
A
lírica:
Na literatura clásica era un xénero destinado a ser cantado co acompañamento dunha lira. É unha poesía intimista e subxectiva que expresa sentimentos ou opinións do autor. Inspíranse na poesía lírica grega e destacan Catulo e Horacio.
• O epigrama: Xénero caracterizado pola súa curta extensión, a concisión, o inxenio e a viveza expresiva; busca a crítica mordaz cara a tipos e defectos sociais. Destaca Marco Valerio Marcial quen expresaba os seus sentimentos e ideas e mostraba os distintos tipos da sociedade romana.