7 Miradas 7 Parroquias

Page 1

A outra mirada do patrimonio histĂłrico-artĂ­stico do concello de NigrĂĄn





A outra mirada do patrimonio histĂłrico-artĂ­stico do concello de NigrĂĄn


COORDINACIÓN: Celia Casás Pérez. Restauradora e conservadora de bens culturais. Especialista en pintura. DOCUMENTACIÓN HISTÓRICO-ARTÍSTICA: Suso Vila Pérez. Doutor en Historia da Arte pola USC. REVISIÓN DE TEXTO E TRADUCIÓN: Anahí Fernández Casás. Licenciada en tradución e interpretación pola UVIGO. FOTOGRAFÍA: Diego Lago. Fotógrafo profesional. fotodiegolago.es DESEÑO E MAQUETACIÓN: Paula Dono e Gabriel Gomez. pauladono.com IMPRESIÓN: Visual Graphics, SL

PROXECTO FINANCIADO POR:


GRACIAS AO CONCELLO DE NIGRÁN e en especial a Juan A. González por creer que podiamos mostrar esa outra mirada que el sabe poñer na arte e que fai desta terra un paraíso distinto, único e cheo de miradas por descubrir en cada unha das sete parroquias das que é alcalde.



Obxectivos do proxecto

14

Concello de Nigrán

16

SAN FIZ DE NIGRÁN Frontais de altar Capela das Angustias As representacións da Virxe

36

SAN MAMEDE DE PRIEGUE O escudo co Monte Carmelo Capela do Bo Xesús da Paciencia

50

SANTA BAIA DE CAMOS Frontais antigos Capela de San Roque

68

SANTIAGO DE PARADA Santiago peregrino Porta Norte Restos da antiga parroquia

82 SAN XOÁN DE PANXÓN Virxe do Carme Mosaicos Arco visigótico 96

SAN PEDRO DA RAMALLOSA Representacións de San Pedro Retablo da Virxe do Rosario Capela de San Campio

114

SAN XOSÉ DE CHANDEBRITO San Xosé de pedra San Pedro y San Pablo

124 Bibliografía

TÁBOA

11

9



A protección do patrimonio pasa pola posta en valor das obras, desde os inicios da súa historia, tendo en conta e valorando os distintos cambios aos que foron sometidas para adaptalas aos novos gustos estéticos, ás necesidades económicas de cada momento, á capacidade (máis ou menos técnica) dos que se encargan da súa protección, do que ordenaba devanditos cambios e outros acontecementos e sucesos que en maior ou menor medida

ocasionaron que estas obras do patrimonio do Concello de Nigrán chegaran ata nós nun ou noutro estado de conservación. A misión de toda a sociedade é preservar para as xeracións futuras todos os vestixios artísticos e patrimoniais que os nosos antepasados conservaron para nós, por iso, debemos deixar constancia do maior número posible destas obras como símbolo dunha historia viva, dunha vida e dunhas características propias dun pobo e o seu entorno. Neste proxecto descubriremos como os cambios realizados nos distintos templos se repiten constantemente e provocan que estes se parezan esteticamente máis do que en orixe se asemellaban.

OBXECTIVOS DO PROXECTO

Este proxecto pretende afondar nos pequenos detalles que en moitas ocasións pasan inadvertidos polas présas, a falta de divulgación, o estudo das xeneralidades deixando no esquecemento detalles que confiren ás obras sinais do paso do tempo e das distintas accións ás que se viron sometidas polo devir dos séculos.

11




CONCELLO DE NIGRÁN

14

O concello de Nigrán caracterízase pola súa calidade de vida, as súas praias, as súas boa e acolledora xente, as súas paisaxes e, por suposto, polas súas obras patrimoniais que abarcan igrexas parroquiais, pazos señoriais, xacementos arqueolóxicos, bens etnográficos e unha gran cantidade de bens patrimoniais por descubrir. É parte deste patrimonio histórico e artístico o que buscamos salientar e por en valor para así ofrecer a visitantes e veciños unha mirada máis concreta que revela pequenos detalles importantes que forman parte do que para os habitantes de Nigrán é sinal de identidade. Neste caso faremos maior incidencia nas obras e características singulares das igrexas das sete parroquias de Nigrán.

CONTEXTUALIZACION HISTÓRICA A orixe do nome deste municipio está relacionada posiblemente co mar, tal e como se referencia no documento dos Condes de Galicia, dona Urraca e don Raimundo, en 1106 sobre o couto de Vilaza no que se menciona a frase «ad flumen minoris ubi pelagus nigrum», polo que o «mar negro» daría nome ao municipio. No século XIII o couto de Nigrán formaba parte das posesións da antiga nobreza altomedieval ata que a Condesa María Fernández fixo a doazón ao Bispo de Tui, Esteban Egea, do couto que confirmaría o seu fillo Nuno Peláez Canónigo en Tui no ano 1243.


CONCELLO DE NIGRÁN

15

O Concello de Nigrán está formado na súa totalidade por sete parroquias: SAN FIZ DE NIGRÁN

SAN XOÁN DE PANXÓN

SAN MAMEDE DE PRIEGUE

SAN PEDRO DA RAMALLOSA

SANTA BAIA DE CAMOS

SAN XOSÉ DE CHANDEBRITO

SANTIAGO DE PARADA


16 SAN FIZ DE NIGRÁN


SAN FIZ DE


SAN FIZ DE NIGRร N

18

\

San Fiz de Nigrรกn. Fachada principal.


SAN FIZ DE

Esta presenta unha fachada coidada que data do século XVII e unha porta entre pilastras caixeadas e rematadas por pináculos; sobre ela apréciase un potente frontón partido pola fornela do patrón da parroquia. Una imposta separa o corpo inferior do cornixamento coa pendente a dúas augas do tellado. No centro, unha fiestra remarcada con orelleiras e sobre o tellado un potente beiril sostén os dous corpos da espadana. O templo ten planta de cruz latina onde destaca a capela maior, pois esta ten unha altura superior ao resto do edificio facendo que no exterior se aprecien os pináculos nas súas esquinas. A capela está cuberta cunha bóveda de nervios cunha gran clave central.

SAN FIZ DE NIGRÁN

NIGRÁN

19


20 SAN FIZ DE NIGRÁN


Esta igrexa presenta un excelente estado de conservación tanto da estrutura como das obras mobles que nela se poden visitar debido a que nos últimos 15 anos foron restaurados tanto o inmoble como a práctica totalidade dos seus retablos e imaxes de devoción. Gracias a estas intervencións puidéronse recuperar inscricións sobre os doantes, os pintores ou as datas de execución, así como as policromías orixinais: marmoreados de distintas cores nos fondos, decoracións florais nas caixas das fornelas e pan de ouro de gran calidade nas molduras, reberetes e outro ornamentos; devolvendo ao conxunto parte da súa maxestosidade coa que foron pensados e creados hai máis de 275 anos.

[

Retablo maior.


SAN FIZ DE NIGRÁN

Este retablo é o máis salientable da igrexa, pois se trata dun magnífico exemplar barroco enmarcado na tradición dos obradoiros do bispado de Tui.

22

O retablo combina columnas salomónicas na parte central e estípites nos laterais que xerarquizan o retablo creando unha imaxe potente. O retablo está presidido na actualidade por Cristo morto na Cruz. No ático atópase a imaxe do patrón, figura co libro e a palma do martirio na man dereita e o mango do peite de púas (que desapareceu) na esquerda.

SAN FIZ DE NIGRAN (San Félix de Xirona) Mártir xerundense que morreu durante a última persecución de Diocleciano contra os cristiáns, no ano 304. A súa festividade festéxase o 1 de agosto segundo o Martiroloxio da igrexa católica: “s. Felice. A Gerona in Spagna, ricordo di S. Felice, martire durante la persecuzione dell’imperatore Diocleziano”. Represéntase con dalmática de diácono e como símbolo do seu martirio leva un peite con puntas aceiradas co que o desangraron.

O retablo e a capela maior foron iniciativa do Abade Manuel Antonio de Balbín en 1744 deixando constancia da intervención no friso do retablo sobre o corpo central:


SAN FIZ DE NIGRĂ N

23

\

Detalles do retablo maior.



SAN FIZ DE NIGRÁN

25

SAN MAURO No retablo da capela do brazo sur do cruceiro atopamos a imaxe de San Mauro, unha talla barroca de gran calidade que conserva o libro na man dereita e o mango do caxato na man esquerda. O seu corpo móvese, cúrvase para formar un S. O rostro é moi expresivo, acentuado ao redor dos ollos e a sinuosa barba.


SAN FIZ DE NIGRÁN

Ambos frontais son moi característicos dunha etapa artística concreta «o barroco», ademais de pola súa técnica e representación, por ter a particularidade de ser moi similares a dous frontais de altar expostos na Igrexa de Santa Baia de Camos.

26

ALTAR DO CALVARIO

FRONTAL DE SAN ANTONIO

O retablo do Calvario situado no muro este do brazo sur do cruceiro conserva un frontal do século XVIII. Sobre un damasco negro pintouse no centro, dentro dun marco lobulado, a caveira de Adán, coroada e con alas.

O retablo de San Antonio conserva na capela norte do cruceiro un fermoso exemplar de frontal barroco. O fondo combina flores vermella e azuis. Unha moldura escura cruza a composición e partindo dela en perpendicular preséntanse dúas molduras máis. Na parte central tres putti rodean unha orla que garda a data da pintura en números romanos: ANNO 1733.

O marco está suxeito por querubíns entre follas e flores. Unha franxa dourada cruza a tea en horizontal mentres que dúas franxas douradas saen en perpendicular nos seus extremos enmarcando a composición.


SAN FIZ DE NIGRĂ N

27

\

Frontal de San Antonio. Imaxe superior. Altar do Calvario. Imaxe inferior.



Esta capela posúe a peculiaridade de conservar catro versións moi distintas da Virxe das Angustias que pertencen a catro momentos históricos e artísticos diferentes. Nesta capela tamén se conservan dous altares laterais, o de San Campio e o da Virxe, cunha fórmula mixta entre o rococó e o neoclasicismo no que se abandonan os dourados para centrarse na imitación de mármores, xaspes ou pórfiros.

SAN FIZ DE NIGRÁN

Atopámonos tamén na parroquia de San Fiz de Nigrán a Capela das Angustias. O edificio data do século XVIII, tipoloxicamente da primeira metade: 1720-1730.

29


SAN FIZ DE NIGRÁN

30

Nosa Señora da piedade, das Angustias, do traspaso, Xesús morto no regazo da Virxe. Esta representación compóñena, estritamente, dúas personaxes: María e o seu fillo desencravado da cruz, cuxo corpo morto ela sostén sobre os xeonllos. No interior da capela contamos cunha imaxe da Virxe das Angustias bastante peculiar. Unha talla pétrea policromada

cuxas características sinalan que foi realizada no século XVI, o que nos pode indicar que talvez procede dunha capela anterior á actual ou que a trouxeran doutra igrexa. É unha imaxe reflexo da expresividade popular, na base figura unha inscrición na que se indica que a mandara facer e pintar Juan Manuel González e a súa muller María Felipa Cancela.


SAN FIZ DE NIGRÁN

31

\

Virxe das Angustias. Talla pétrea policromada.


No interior da capela atopámonos o retablo das Angustias, obra da segunda metade do século XVIII dunha gran calidade. Está dividido en tres rúas, a central está adornada cunha sucesión de columnas terzadas decoradas con rocallas. As rúas laterais enmárcanse con estípites. O entaboado é mixtilíneo coroado por dous anxos que soportan o medallón central.

No corpo central atópase a imaxe da titular da capela, a Virxe das Angustias, un tema non evanxélico que quere recrear a dor da virxe recollendo ao seu fillo morto ao pé da Cruz. A talla é dunha gran calidade facendo énfase no momento do descenso da Cruz coa posición do corpo mantendo o eixo vertical sobre a figura da Virxe María.


SAN FIZ DE NIGRÁN

33 TALLA PÉTREA

VIDRIEIRA 1957

Un frontón semicircular partido coroa a porta da capela e, entre pilastras caixeadas atópase a fornela coa imaxe da Virxe das Angustias, talla pétrea de gusto popular que seguramente se realizou na mesma época que a capela (s. XVIII).

Por último, temos a representación máis moderna desta imaxe, unha artística vidreira doada en 1957 por Gerardo González. A vidreira adáptase á fiestra cruciforme da fachada principal mostrando a imaxe da Virxe das Angustias ao pé da cruz cun horizonte montañoso.


PAZO DE CADAVAL-URZAIZ

PAZO DE CEA

Na porta principal figura a inscrición «D. Pº Cadaval Anno 1688». Este importante edificio reflicte as relacións da nobreza con Nigrán. Familias como os Cadaval, Ceta, Correa, Ozores, Sotomayor, Sarmiento ou Montenegro entre outros vincularanse cos propietarios do inmoble.

S. XVI-XVIII. É un excelente conxunto palaciano. A estrutura en escuadra do edificio residencial complétase no lado este coa capela. A fachada principal conta cunha ampla escaleira pétrea que accede ao patín e á balconada da planta nobre. O patín cóbrese cun tellado sostido por columnas. O portalón de entrada ao conxunto é unha interesante mostra do barroco miñoto, realizado por Bernardo de Cea Añel y Romay en 1813.

Os Cadaval foron unha das familias fidalgas salientables no sur de Galicia. Crecerían na Baixa Idade Media como escudeiros da casa de Soutomaior sendo alcaldes de Tui, cargo que van a reter coa volta dos bispos ao control da cidade e o seu bispado. No século XVII desenvolveríase a construción do pazo. A planta do edificio ten forma de U co corpo central e dous laterais que avanzan na parcela. Encostado a este corpo principal, á dereita, estaría un ala rectangular da planta baixa que podería ter correspondido á construción medieval. A fachada principal destaca polo corpo central onde se sitúa a escaleira ao patín da planta nobre coa súa balaustrada e cuberta. Os corpos laterais sobresaen en volume con máis énfase polas balconadas sobre poderosos canzorros. A fachada posterior conta cun potente balcón corrido sobre canzorros. O conxunto complétase coa capela, o pombal, canizo ou o xardín, todo de gran calidade que lle permitiu ser recoñecido como BIC no ano 2006.

Destaca o gran frontispicio recortado coas súas curvas ascendentes e rematado por agudos pináculos. Tres escudos familiares distribúense para dotalo de gran elegancia. A calidade arquitectónica do conxunto do Pazo de Cea permitiulle recibir a protección como BIC en 1978.


CASA ABACIAL

PAZO DE BRITO

Século XVIII. É un edificio con dúas coxías en escuadra. A fachada principal ao norte destaca coa súa balconada na planta nobre, orixinalmente un patín co seu peitoril no que se apoiaban columnas toscanas.

S. XVII. É un robusto edificio rectangular no que destacan os balcóns sobre ménsulas molduradas. O escudo que conserva na fachada reflicte as armas dos Brito, Suárez, Abreu, Cabral e Saavedra.

Na actualidade está cerrado por unha galería á que se accede por unha sinxela escaleira pétrea. O portalón de entrada destaca pola súa composición. Sobre a porta con lintel dispóñense diferentes elementos ornamentais desde o peite central con decoración de placas e enrolamentos e coroada por cruz entre pináculos. Flanqueando o peite dos estilizados pináculos manteñen o sentido ornamental para deixar paso sobre o resto do muro de ameas que reflicten a nobreza do propietario.


36 SAN MAMEDE DE PRIEGUE


37

SAN MAMEDE DE SAN MAMEDE DE PRIEGUE


SAN MAMEDE DE PRIEGUE

38

\

San Mamede de Priegue. Fachada principal.


SAN MAMEDE DE

Dúas terceiras partes dos décimos da parroquia eran para a Inquisición de Santiago. A cargo do Santo Oficio estaba poñer e dotar ao cura da parroquia. Durante moito tempo, o couto de San Román actuou como anexo de Priegue segundo se aprecia no sínodo diocesano de 1528 e posteriormente desaparece integrándose na parroquia. A antiga igrexa situábase nun lugar pouco apropiado, polo que varios bispos nas súas visitas, como Fernando Ignacio Arango y Queipo e Joseph Larumbe y Malli, aconsellarían a construción dun novo edificio máis acorde coas necesidades dos fieis. Por isto, en 1747 realizouse unha poxa das obras que se repartirían en 5900 reais para o corpo da igrexa e 6400 para a capela maior. As obras terían que estar concluídas en 1748. Os cartos para a capela maior procedía dos bens do Bispo Fernando Ignacio Arango y Queipo e das rendas que a parroquia entregaba ao tribunal do Santo Oficio. Para o resto da igrexa, incluída a Capela do Carme, contarían coas aportacións dos veciños da parroquia. Os mestres Manuel Sarrapio e Santiago Pazos foron os encargados de realizar as obras e concluílas no tempo previsto. Na fachada da igrexa atopamos unha pequena fornela con vieira onde se encontra a imaxe do patrón, San Mamede.

SAN MAMEDE DE PRIEGUE

PRIEGUE

39


40 SAN MAMEDE DE PRIEGUE


SAN MAMEDE DE PRIEGUE

Esta capela atópase no lado sur e forma parte da obra realizada en 1748. O retablo presenta unha planta octogonal e o ático remata nun arco de medio punto para poder adaptarse á bóveda. Este é o único retablo que conserva a policromía orixinal barroca, cos marmoreados, decoracións douradas e fondos das caixas con mantos de flores, xa que se trata dun retablo da Virxe, neste caso, a Virxe do Carme.

41


Na parte superior, a modo de remate pódese observar un escudo co monte Carmelo; o nome «Carme» explícase polo versículo do Cantar dos Cantares (7:6) no que a cabeza da Sulamita é comparada co alto cumio do monte Carmelo: “Caput tuum ut Carmelus”. A súa pintura foi costeada por Bernardo Antonio Troncoso tal e como reza no arco de entrada á capela. Este escudo coa representación do Monte Carmelo é empregado

pola Orde dos Carmelitas e é recoñecido por aparecerse aí a Virxe do Carme. Este monte, reserva da biosfera de Israel, a día de hoxe é un dos espazos protexidos polo Patrimonio da Humanidade UNESCO. Segundo se describe en varias pasaxes do Antigo Testamento, é un verdadeiro paraíso de fertilidade e fermosura, ademais dun espazo sagrado desde polo menos o século XV a.C.


SAN MAMEDE DE PRIEGUE

43

\

Detalles do Retablo.



A Capela do Bo Xesús está localizada no lado norte da igrexa parroquial. Esta sería construída nunha etapa posterior, segundo reza una inscrición no arco de entrada: «Para gloria de Dios mando hacer esta capilla a sus expensas Miguel Alonso Santos existente en el Rio de Janeiro. 1793.» A fábrica desta capela é lixeiramente diferente ao resto da igrexa. Sería unha excelente construción con perpiaños, ocos rodeados con guarnicións abaceladas, o que mostra que a intervención deste indiano foi importante. No interior acolle o retablo do Bo Xesús da Paciencia que cubre todo o muro. Sería este un retablo neoclásico de finais do século XVIII ou comezos del XIX que recorda as formas que se dan no mesmo momento no retablo de San Vicente de Santo Domingo de Tui.

[

Figura do Bo Xesús da Paciencia.


SAN MAMEDE DE PRIEGUE

46

O retablo maior da igrexa foi construído en 1765 por Francisco Fontenla. Presenta unha planta octogonal e utiliza estípites como soporte principal que dividen en tres rúas a planta baixa do retablo. Na súa fornela central destaca a imaxe do patrón San Mamede. O ático adáptase á forma da bóveda de canón colocando a Cristo morto na Cruz.

Esta é unha obra de gran calidade que anticipa nun ano a obra principal de Fontenla na Capela do Santísimo da Catedral de Tui. O estilo viuse modificado por unha repolicromía de mediados do século pasado que non permite ao visitante apreciar a calidade e o estilo barroco co que foi creado.


47

\ Retablo maior. SAN MAMEDE DE PRIEGUE


CAPELA DO PAZO DE LAMELAS

PETROGLIFO DAS REQUEIXADAS

Ben conservado, ten planta rectangular. A súa fachada ten porta de medio punto e sobre ela o escudo familiar, coroando a fachada unha sinxela espadana. Aos lados da porta de entrada hai dúas inscricións que fan referencia aos fundadores do morgado: BONA Q’SUA IPSE ET FRATES D / GERMANI DE EMMANUEL ET / D. GREGORIUS DE PUGA ARMIDA / AD DIXERE ANNO 1693. D. JOANNES DE ARMIDA ET PUGA / COMPOSTELLAN COLLEGIALIS CLEMEN / TIS ALUMNUS ET S. TECLESSAE TUDENSIS MAGISTRALIS.

Gravado rupestre con numerosas agrupacións de círculos e conxuntos puntos ou «coviñas» datado de hai 4000 o 3500 anos. Forma parte do conxunto de petróglifos do entorno do monte Maúxo que destaca pola súa riqueza arqueolóxica.

PAZO DE LAMELAS S. XVII. En 1692 sería fundado o vínculo e morgado desta casa entre varios irmáns, o maxistral da Catedral de Tui, Juan de Armida y Puga, o abade de Chaín Manuel e o racioneiro da colexiata de Crecente, Gregorio. O inmoble conserva a arquitectura da segunda metade do século XVII, formas robustas e a presenza de varios escudos coas armas dos Armida y Puga.


SAN MAMEDE DE PRIEGUE

49

\

Escudo Pazo Lamelas.


50 SAN MAMEDE DE PRIEGUE


SANTA BAIA DE


SANTA BAIA DE CAMOS

52

\

Santa Baia de Camos. Fachada principal.


SANTA BAIA DE

A parroquia era orixinalmente máis extensa cando en 1788 o bispo Domingo Fernández Angulo decidiu segregar Chandebrito para crear unha nova parroquia. A Casa de Cea contaba coa provisión do Beneficio da parroquia ao ser herdeira do morgado de San Cristovo de Regodeigón (Ourense) á que estaba incorporado polo que fóra importante chantre da Catedral de Tui Lope García Sarmiento. O nome de Camos vincúlase ás orixes da familia do poeta Luis Vaz de Camoens, unha das grandes figuras da literatura universal.

SANTA BAIA DE CAMOS

CAMOS

53


54 SANTA BAIA DE CAMOS


A Igrexa de Santa Baia de Camos data do século XVIII e está reformada. Ten fachada enmarcada por pilastras que rematan en pináculos, no centro elévase a espadana de dobre van para as campás e remate de frontón triangular. Conta cunha única nave e ábsida rectangular cuberta por bóveda de canón na que destacan as súas pinturas coa representación dos santos Pais da Igrexa. Estas pinturas murais consérvanse bastante mal xa que se perdeu toda a parte central coa caída da cuberta hai uns anos. O conxunto crea unha sensación de bóveda celestial con fondo azul na que se dispoñen as personaxes.


56 SANTA BAIA DE CAMOS


Eulalia (Lat. Eulalia) foi unha moza que sufriu o martirio con tan só doce anos, por iso aparece representada cunha imaxe xuvenil e colorista, entre os suplicios aos que foi sometida está o de ser desgarrada con ganchos de ferro (atributo que sostén coa man dereita). Acompañan nas distintas rúas e sobre bases as imaxes da Virxe do Carme e San Xosé, e nos extremos Santa Lucía e San Antonio de Padua. No ático, sobre fondo pintado de cortinóns atópase a imaxe de San Roque.

SANTA BAIA DE CAMOS

O retablo maior é un interesante exemplo de características neoclásicas. Está dividido en cinco rúas por columnas de fuste liso e capiteis corintios. No centro destaca a fornela coa imaxe de Santa Baia.

57


SANTA BAIA DE CAMOS

58

\

San Pedro e San Pablo.

Retablo barroco do primeiro cuarto do século XVIII. Divídese en tres rúas separadas por columnas salomónicas. A rúa central está presidida pola imaxe de Santa Baia, á esquerda está a imaxe de San Sebastián e á dereita San Mauro. Este retablo pertencía á capela da antiga rectoral de Camos que foi vendida no últimocuarto do século XX. Imaxes de San Pedro e San Pablo, dúas magníficas tallas da primeira metade do século XVIII, conservan o estofado barroco na decoración dos mantos.



SANTA BAIA DE CAMOS

FRONTAIS ANTIGOS

60

A igrexa conserva restos de outros retablos que no seu momento figuraban no seu interior; son os frontais da Virxe do Rosario e da Virxe das Dores mostrados nun gran marco que ofrece unha interesante forma de preservar estes elementos do patrimonio histórico. Estes frontais son o único que se conserva dos retablos para os que foron creados, pero que nos indican o poder e a calidade dos artistas que os realizaron, xa que a súa obra se estendeu por máis dunha parroquia do concello. Ademais son característicos por coincidir a súa decoración coa dos frontais de altar que se atopan na Igrexa de San Fiz de Nigrán.


SANTA BAIA DE CAMOS

61

O Cruceiro de Camos, situado na entrada da igrexa parroquial, é un dos máis antigos do Val Miñor. Figura o nome do abade e a data de construción (1616). O fuste é liso faltando o capitel que permitise a transición coa cruz sendo substituída por unha pequena peza cadrada. Un lado da cruz conta co crucificado mentres que ao outro lado está a imaxe da Virxe das Angustias.


A Capela de San Roque de Camos presenta un interesante detalle na súa portada; trátase dun baixorrelevo representando o sol e a lúa, símbolo da concepción do templo como cidade celeste, sobre todo na Crucifixión. Este símbolo habitual en fachadas e pinturas medievais non aparece en ningún outro monumento do municipio.


Este sitúase ao lado do camiño que leva desde a costa á Capela de San Roque de Camos e ten como particularidade estar formado por construcións independentes (habitualmente o peto de ánimas sitúase no propio cruceiro). Ao estar as construcións dispostas deste modo, o peto de ánimas é moi sorprendente ao ter unha gran dimensión (a súa finalidade é recordar aos camiñantes o sufrimento das ánimas no Purgatorio e solicitar a axuda dos vivos, en forma de oracións e de esmolas, en metálico e en especie). O conxunto foi moi alterado ao longo do tempo pero se estima que a súa orixe é do s. XVI.

SANTA BAIA DE CAMOS

Camos conta tamén cun conxunto de cruceiro e peto de ánimas moi singular en toda a comarca e moi pouco documentado.

63


O CRUCEIRO A orixe do cruceiro remóntase aos séculos XV-XVI. Este conta con gradas, unha base ornamentada cos instrumentos da paixón, un fuste hexagonal que arrinca cunha peza prismática coa coroa de espiñas e remata coa cruz na que aparece unha imaxe da Piedade. Rodea ao cruceiro un peitoril de cantería lisa coas esquinas rematadas con pináculos, hoxe reducidos ás súas bases.


SANTA BAIA DE CAMOS

65

O PETO DE ÁNIMAS No interior do cerco pétreo atópase o peto de ánimas que foi un engadido posterior ao cruceiro, no século XVIII, e que posteriormente foi reconstruído polos veciños en 1933. As ánimas do purgatorio son representadas en baixo relevo de forma esquemáti-

ca. Aparecen implorando a Deus Pai que se localiza na parte superior do relevo. O peto remataba cunha cruz que na actualidade desapareceu. A súa finalidade é recordar aos camiñantes o sufrimento das ánimas no Purgatorio e solicitar a axuda dos vivos, en forma de oracións e de esmolas, en metálico ou en especie.


PAZO DA TOUZA

CASA-TORRE DE MÉNDEZ

Conxunto palaciano dos séculos XVII-XVIII aínda que a orixe do lugar se remonta ao século XV. A actual construción débese ao Capitán Gregorio Vázquez Ozores cando funda o morgado sobre a casa en 1629 a favor do seu fillo Francisco.

É un conxunto de ruínas catalogadas como BIC (lei de protección de castelos e fortalezas de España 1949, lei do patrimonio cultural de Galicia en 1995).

A estrutura do pazo baséase nun modelo en escuadra salientando no seu ángulo un torreón rematado por unha coroa de ameas triangulares. Nas súas catro esquinas álzanse brasóns coroados que reflicten unha linguaxe de poder máis que de signo heráldico. A capela do pazo xa estaba edificada en 1683 xa que sería o lugar de enlace entre Diego Ozores e Faustina de Castro. A fachada principal do pazo, orientada ao norte, ofrece unha articulación interesante entre o corpo da capela e as balaustradas da escaleira de acceso á planta nobre. A fachada sur destaca pola masa do torreón e unha balconada cuberta. O portalón de entrada á finca está enmarcado por dúas torreciñas cilíndricas que quedan rematadas por cúpulas semiesféricas. Sobre a porta con arco de medio punto sitúase o escudo de armas familiar suxeito entre dous leóns rampantes, nos cuarteis do brasón figuran os apelidos Pereira de Castro, Troncoso de Lira, Ozores, Sotomayor e Falcón. Diversas figuras musicais distribúense polo portalón outorgando ao conxunto unha grande orixinalidade.

A orixe da casa-torre sería o matrimonio de Arturo Vázquez de Sotomayor e Ana Falcón Romay Sotomayor, fundando o morgado na figura do seu fillo Gaspar en 1585. O matrimonio de Gaspar e Ana Ozores de Castro, irmá do señor de A Touza, Gregorio Vázquez Ozores, sería a principal referencia para datar o comezo das obras do conxunto palaciano. Entre as ruínas presérvanse muros da antiga capela, coa porta de entrada con arco de medio punto, sobre ela mantense a inscrición: «ESTA CAPILLA ES DE ANTONIO MENDEZ OZORES DE SOTOMAYOR», personaxe da casa do primeiro cuarto do século XVIII. Conserva un escudo coas armas dos Falcón, Pereira de Castro, Sotomayor e Ozores, separando en cuarteis o brazo e a espada dos Lira. Un dos escudos do pazo está hoxe no paseo dos escudos do Pazo Quiñones de León de Vigo.


MONTE DO TRARRASTRAL

Portalón brasonado e ameado, resto do que foi unha casa fidalga do século XVII. No escudo figuran as armas de Oya, Araujo e Quiroga. Nos arredores un muro de peche con portalón ameado conta coa inscrición «AÑO DE 1604», á dereita un escudo acuartelado distingue as armas da Inquisición ao teren formado parte os familiares do Santo Oficio.

Gravado rupestre monte do Trarrastral Outeiro das Campás. Conxunto de petróglifos declarados BIC en 1975.

SANTA BAIA DE CAMOS

A REBOREDA

67



SANTIAGO DE


SANTIAGO DE PARADA

70

\

Santiago de Parada. Fachada principal.


SANTIAGO DE

En 1156 venera como santo titular a San Salvador tal e como aparece no reparto de bens do cabido. Nese mesmo reparto de 1156 aínda existía a igrexa de Nandín que se incorporará máis tarde a Parada. Parada será unha parroquia con protagonismo no século XIV polo cabaleiro Suero Yáñez de Parada un dos homes fortes en Galicia que apoian ao rei Pedro I de Castela. A derrota de Suero Yáñez provocaría o ascenso da Casa de Soutomaior, a xustiza do couto de Parada recaería en Paio Sorreda de Soutomaior en 1386. A parroquia será un dos escenarios da presencia criptoxudía na diocese de Tui no século XVI. Veciña de Parada sería Beatriz Álvarez, viúva do prateiro Sebastián Rodríguez que fuxiría coa súa familia e outras personaxes en 1595 rumbo a outros lugares de Europa onde se permitise a presenza xudía como Venecia, Salónica ou Istambul. Como clérigo de Parada estaría nas primeiras décadas do século XVII Juan Coronel, curmán da familia Coronel protagonista da persecución inquisitorial no bispado de Tui a comezos do século XVII.

SANTIAGO DE PARADA

PARADA

71


SANTIAGO DE PARADA

72

A igrexa conserva boa parte da fábrica románica do s. XII aínda que tamén contou con diferentes reformas ata o século XIX. A fachada principal organízase cunha porta de arco de medio punto flanqueada entre pilastras caixeadas. Unha fiestra enmarcada con orelleiras seguiría o eixo central da fachada que continuaría a súa ascensión na espadana e a balaustrada

que remata a cornixa. A fachada puido ser unha intervención de finais do século XVII tendo en conta que o retablo maior de 1695, hoxe desaparecido, foi realizado por iniciativa do bispo frei Anselmo Gómez de la Torre. Sobre a porta atopábase unha inscrición «IGLESIA DE REFUGIO: ETC: 1835» que se pode referir a unha actuación puntual.


Na parte superior da porta sitúase una fornela con base semicircular e vieira na que se atopa a imaxe de Santiago peregrino, con bordón, cabaza, esclavina da colgan vieiras e un sombreiro de ala ancha. Esta imaxe parece ser que formaba parte da portada orixinal románica. Trátase dunha talla pétrea e policromada.

SANTIAGO DE PARADA

SANTIAGO PEREGRINO

73


SANTIAGO DE PARADA

74 RESTOS DA PORTADA ROMÁNICA No paramento interior da fachada principal, do século XVIII, consérvanse fragmentos da portada románica orixinal. No interior atopamos gran cantidade de detalles da orixe romana da igrexa (axedrezados, saeteiras…)


SANTIAGO DE PARADA

75

O primeiro tramo da ábsida conserva as fiestras románicas con capiteis vexetais e animais na tradición da Catedral de Tui. No lado sur consérvanse restos da outra porta que tivo similares características, con doelas de sextifolias e billetes incrustados na parede similar ao axadrezado. As canelas do lado norte son as mellor conservadas, nelas temos motivos xeométricos, en cuña e animais.

A ábsida da igrexa é semicircular, desde o interior accédese a través dun arco triunfal oxival dobrado e decorado con bolas no extradorso. O primeiro tramo da ábsida conserva as fiestras románicas con capiteis vexetais e animais na tradición da Catedral de Tui. No centro outra fiestra románica conserva as doelas e parte do intradorso xa que o resto está tapado desde hai moitos anos.


SANTIAGO DE PARADA

76

\

Restos das fiestras romanas e canelas.

PORTA NORTE A porta norte é un magnífico exemplar abucinado con seis arquivoltas decoradas cada unha con diferentes motivos: chanzos, baquetón con dobre incisión, sextifolias, bolas, billetes e axadrezado. Os arcos descansan sobre a imposta e na parte exterior dúas columnas cos seus capiteis vexetais completan esta portada lateral.


77

SANTIAGO DE PARADA


SANTIAGO DE PARADA

78

Este santuario mariano é un engadido á igrexa parroquial no seu lado sur. É unha capela con planta poligonal na que se conserva o único retablo da igrexa, un exemplar barroco do século XVIII, que separa as súas rúas con estípites. No retablo atópanse as imaxes de San Sebastián e San Antonio e

no ático a imaxe de Santa Ana. No centro do retablo está a talla da Virxe da Saúde, un agasallo de Domingo Román, natural desta parroquia, para cumprir unha promesa feita durante a peste que se produciu en Sevilla en 1801. A imaxe chegaría a Baiona en 1802 sendo trasladada a Parada con toda solemnidade.


SANTA ANA

Santa Ana cóbrese con toca e capa, na súa man dereita está o libro co que ensina a ler á Virxe que ten no seu colo. A representación da Virxe nena dóbrase en ángulo para sentarse no colo da súa nai, os cabelos están soltos para simbolizar a súa xuventude e soltaría. O vestido tratado con pregos tubulares, lembra ás estatuas xacentes femininas de algúns conventos galegos do século XV. O tema é pouco habitual, popularízase na pintura do século XVII pero non é tan común atopala na escultura, o que suxire que puido ser un culto relevante na parroquia con algún altar consagrada a esta escena. O culto a Santa Ana ten que ver coa maternidade e a fecundidade e, polo tanto, tamén a súa relación coa agricultura e o campo. Tampouco debemos esquecer como o culto á Inmaculada Concepción a partir do século XV vai a popularizar en Occidente a devoción a Santa Ana e estender a súa representación como no caso de Santiago de Parada.

SANTIAGO DE PARADA

Esta imaxe é unha interesante talla do século XVI que representa a «Santa Ana ensinando a ler á Virxe».

79


CASTELO DE SANTA HELENA

PAZO TORRES BLANCAS

Este foi un dos castelos máis importantes da antiga terra de Toroño. O arquitecto e investigador Jaime Garrido localizara a Santa Helena no cumio do Pico Castelo, un monte que domina o val e a ría de Baiona a catrocentos metros sobre o nivel do mar. O Castelo de Santa Helena debeu formar parte das fortalezas altomedievais para vixilancia e refuxio ante as incursións de musulmáns e viquingos nos séculos IX, X e XI.

S. XV. O pazo lembra o antigo esplendor das familias fidalgas da comarca. Os dous escudos que se conservan na fachada da casa figuran as armas dos Sotomayor e os Troncoso. As antigas torres do pazo foron desaparecendo coa decadencia da familia, o portalón e algúns restos proclaman un pasado moito máis brillante.

No ano 1106 menciónase o castelo nun documento dos Condes de Galicia Urraca e Raimundo sobre o couto de Vilaza. En 1142 o rei Alfonso VII doaba o castelo aos bispos de Tui. Esta doazón reflectía a perda de valor estratéxico de Santa Helena mentres que a súa utilidade radicaba na súa xurisdición que abarcaba boa parte do que hoxe é o municipio de Nigrán. O abandono do castelo sería evidente a finais do século XIII cando se denuncia a súa ruína no privilexio do rei Fernando OV en 1296 á igrexa de Tui recalcando a localización estratéxica do vello castelo na fronteira con Portugal. No século XV o castelo tería unha nova vida ao ser reconstruído por Álvaro Paes de Soutomaior quen, ao controlar Tui e o seu territorio, faríase dono das xurisdicións episcopais (1451-1468). O seu medio irmán, Pedro Álvarez de Soutomaior, seguiría controlando o castelo e a súa terra ata a súa devolución en 1482 cando se abandonaría por completo.

1605. O vínculo formado polo capitán Álvaro Troncoso de Ulloa en Viana do Castelo onde estaba destinado sería probablemente a orixe do pazo. A proximidade de outros grandes pazos como Cea ou A Touza fixo que A Balinfra quedase ensombrecida. Conserva a capela dedicada a San Miguel e o escudo coas armas dos Troncoso e Ulloa.

Hoxe apenas se conservan elementos entre os penedos de granito que formaban unha defensa natural en varias das súas vertentes. Na documentación medieval o nome de Santa Helena ofrecerá diferentes alternativas: Santa Elena, Sancta Helenam, Sanctenia, Santena, Santella ou Santel.

A BALINFRA

CRUCEIRO Situado fronte á entrada do pazo de Suero Yáñez, ten unha inscrición con ano 1583 na base. Na columna aparece o ano 1778 que faría referencia a algunha intervención sobre o cruceiro. A base graduada octogonal serve de apoio a unha columna dórica. Sobre o capitel apréciase unha inscrición «BENITO ARAVJO TENIENTE CORONEL PROVINCIA DE TUY» e sobre ela a cruz con Cristo e a Piedade de expresiva tradición popular.


Atribuíuse este pazo ao cabaleiro Suero Yáñez de Parada Adelantado Maior de Galicia e partidario de Pedro I (13341369). A derrota do bando petrista na guerra civil entre Pedro e o seu medio irmán Enrique de Trastámara provocaría a perda das posesións de Suero como as vilas de A Guarda e Redondela. A antiga torre e castelo de Parada pasaría a mans da familia Araujo. O portalón mantén unhas características interesantes cos escudos de armas da familia Araujo: en campo de ouro e sobre unha terrasa de sinople, unha torre de pedra con homenaxe, a cuxa fiestra hai asomada unha dama. Ao pé da torre, unha perdiz nas garras dun falcón, e no xefe tres flores de lis de gules e remate de pináculos sobre o muro. O edificio conserva na fachada norte dous magníficos balcóns cubertos sobre canzorros, vestixios do seu antigo esplendor.

SANTIAGO DE PARADA

PAZO DE PARADA

81



SAN XOÁN DE


SAN XOÁN DE PANXÓN

84

\

San Xoán de Panxón. Interior.


SAN XOÁN DE

O seu nome deriva de San Pantaleón, nome que aparece na documentación dos séculos XII e XIII. A Igrexa de San Pantaleón menciónase no reparto de bens do cabido no ano 1156. En 1258 entre os milagres recollidos para a canonización de San Telmo un localízase na parroquia de San Pantaleón de Minor. Alfonso IX en 1228 concedería ao mosteiro de Santa María de Oia 6 casais en Pandión, nome que xorde da corrupción de San Pantaleón. Fernando III doaría a vila de Pandión con todo o seu couto en 1232 ao mosteiro.

SAN XOÁN DE PANXÓN

PANXÓN

85



O edificio está inspirado nas raíces tradicionais do románico, reflexo das formas de castelo da Catedral de Tui ou a Colexiata de Baiona. O seus remates ameados, a potente torre cuadrangular ou o seu ciborio octogonal xeran suxerintes perfís visibles desde o mar. O conxunto complétase cunha reitoral parte dun proxecto máis ambicioso que non se chegaría a concluír en totalidade.

\

San Xoán Bautista.

[

A Virxe do Carme.

Imaxe que representa a San Xoán bautista, o 24 de xuño conmemórase o seu nacemento, foi un predicador xudeu que naceu a finais do século I a. C. San Xoán foi o encargado de bautizar a Xesús no río Xordán, como se relata en Marcos 1.9-11: «En aqueles días, Xesús chegou desde Nazaret de Galilea e foi bautizado por Xoán no río Xordán. E ao saír da auga, viu que os ceos se abrían e que o Espírito Santo descendía sobre el como unha pomba; e unha voz desde o ceo dixo: “Ti es o meu fillo querido, o meu predilecto”».

SAN XOÁN DE PANXÓN

O proxecto dunha nova igrexa sería obra de D. Jesús Espinosa, co deseño do arquitecto Antonio Palacios. O lugar para o novo edificio sería comprado o 11 de maio de 1931 a poucos metros da antiga igrexa. A primeira pedra sería posta o 27 de novembro de 1932 nun acto bendicido polo bispo Antonio García y García e a súa consagración ao finalizar a obra sería o 31 de outubro de 1937. Na primeira pedra pertencente á antiga igrexa colocaríase a inscrición: «A LA VIRGEN DEL CARMEN REINA DE LOS MARES SUSCRIPCIÓN POPULAR 27 NOVIEMBRE 1932».

87





SAN XOÁN DE PANXÓN

91

O construtor José Mogimes seguindo os deseños de Antonio Palacios realizaría xunto a mozos de Panxón os mosaicos que cobren as bóvedas do templo. O material era o azulexo desfeito colocado dun modo maxistral e co que representaron diferentes escenas: a Anunciación da Virxe, a Coroación, a Virxe do Carme. Sobre catro arcos torais apóiase a cúpula estrelada co Espírito Santo e no centro do sol. As catro pendentes que transforman o cadrado do cruceiro nunha planta octogonal están decoradas do mesmo xeito cos símbolos dos catro Evanxelistas: San Xoán (aguia), San Marcos (León), San Lucas (Boi), San Mateo (Anxo), e

as figuras dos Anxos sostendo o ceo ou Anxos músicos e en oito medallóns os santos predicadores. Sobre as pendentes apoiase o tambor no que se abren 24 vans que dan entrada de luz natural ao templo e xeran fermosos escintileos de luz sobre os azulexos de cores e metálicos. Nos vans laterais represéntase a vida de San Telmo e de San Xoán Bautista. Sobre o comungatorio a escena de Xesús co Centurión. Na ábsida a Trindade co Cristo en Maxestade, santos de devoción e tamén a arribada da Pinta a Baiona. Todo conforma un orixinal conxunto que harmoniza co templo.


SAN XOÁN DE PANXÓN

92

Este arco pertenceu á antiga igrexa parroquial, datado entre os séculos VI-VII e sería declarado Ben de Interese Cultural (BIC) no ano 1964. Os últimos estudos de carbono 14 tras un estudo na Universidade de Santiago sitúan a construción deste templo na época prerrománica séculos IX-X.

Corresponde cun arco en ferradura con 21 doelas desiguais que se sosteñen sobre capiteis corintios e columnas lisas. É probable que antigamente foran columnas aparelladas. Este antigo edificio reflicte a importancia histórica de Panxón desde a época romana e tardo antiga.


93

SAN XOÁN DE PANXÓN


PANXÓN ROMANO

XACEMENTO ROMANO DE MONTEFERRO

A importancia histórica de Panxón vese reflectida na riqueza do seu xacemento na pequena península do Monte do Castro. Os achados casuais como o mosaico romano de tema mariño (ameixas e unha pescada), a ara romana dedicada a Mercurio ou os traballos arqueolóxicos fronte á praia da Madorra co descubrimento dun alfar romano cuxa actividade vai do século I d.C. ata o século V d.C. mostrarían a importancia comercial deste enclave en época romana. Xunto co arco visigótico podería suxerir que en Panxón estaba localizada a antiga Turonio.

Sitúase na ladeira noroeste da península de Monteferro, de cara á praia de Patos a unha altura entre 44 e 39 metros sobre o nivel do mar. Os traballos arqueolóxicos encontrarían muros de cachotería, sistema de drenaxe, material cerámico doméstico e algúns útiles. O xacemento estaría ocupado entre os séculos III e V, en época tardo romana. Sería este un pequeno asentamento que aproveitaba os recursos do mar pero tamén de terra, comerciando co seu entorno.


PETRÓGLIFO DAS PENIZAS PEQUENAS OU PEDRA DO COELLO É un conxunto de «coviñas», muíños de man, suco, óvalos e podomorfos de pés descalzos na península de Monteferro, á altura de Punta Gateira o Mexilloeira. Sería datado no neolítico, con 5000 anos de antigüidade, e o seu uso sería a moída de grans ou raíces. A alta concentración de muíños, 21 en poucos metros cadrados, suxeriría algún uso de carácter relixioso.



SAN PEDRO DA


SAN PEDRO DA RAMALLOSA

98

\

San Pedro da Ramallosa. Fachada principal.


RAMALLOSA En 1671 mantívose o seu nome ata que se foi esquecendo por parte dos veciños pola proximidade de Santa Cristina da Ramallosa. Existía unha antiga capela a Santa María Magdalena propia dos arcedianos de Miñor, ao ameazar ruína sería demolida por orde do bispo frei Francisco García Casarrubios y Melgar por decreto de 15 de maio de 1854.

SAN PEDRO DA RAMALLOSA

SAN PEDRO DA

99



A igrexa de San Pedro da Ramallosa é de orixe románica, da que conservan algúns restos sobre todo nas canelas do corpo central. Na cabeceira atopamos un retablo realizado en 1769 durante unha nova ampliación que consistiría na prolongación cara o oeste da nave central. A fachada principal destaca coa porta adornada con moldura e enmarcada entre dúas pilastras que, á súa vez, sostén unha pequena cornixa que serve de apoio á fornela que acolle a imaxe do patrón da parroquia. No centro trázase un ollo de boi con derrame ao exterior no que se pode ver unha representación das chaves de San Pedro.



SAN PEDRO DA RAMALLOSA

103

Este retablo está presidido por unha imaxe de san Pedro Apóstolo caracterizado como Papa, normalmente representado así na época medieval, sentado no trono, viste o palio e leva un tocado coa tripla coroa (Tiara Papal) que simboliza o triplo poder do Papa, pai dos reis, reitor do mundo e vicario de Cristo.

Na man esquerda garda o libro das escrituras e sobre el «As Chaves» (clavis), en ocasións estas chaves son unha de ouro (chaves do ceo) e outra de prata (chaves da terra) que simbolizan o poder de abrir e pechar, atar e desatar, absolver e excomungar. As chaves van xuntas porque o poder de abrir e pechar é un só.


Ao igual que xa sucede noutras igrexas nesta tamén se repiten as representacións de San Pedro, xa que ademais da representación do retablo maior, atopámonos outra de menor tamaño que representa a San Pedro apóstolo como pescador de Galilea, o seu verdadeiro nome era Simón, pero recibiu de Cristo o alcume arameo Kefás (gr. Petros), para significar que se convertería na pedra angular da igrexa.

Un símbolo que non falta é a presenza das chaves unha vez máis na man esquerda. Esta imaxe presenta unha policromía que non é a orixinal e que a través de pequenas faltas de cor azul pódese apreciar a conservación dunha pintura dourada anterior e máis acorde á talla.


SAN PEDRO DA RAMALLOSA

105

\

San Pedro de Pedra.

\

Vidrieira de San Pedro.


106 SAN PEDRO DA RAMALLOSA


No século XIV engadiuse unha capela gótica no sur con bóveda de nervios na que destacamos dous retablos: un dedicado a San Gabriel e outro á Virxe do Rosario. Como se trata de valorar pequenos detalles, neste caso gustaríanos incidir nunha liberdade artística que se tomou o pintor ao decorar os retablos. As zonas lisas decóranse con imitacións a marmoreados verdes e vermellos, neste caso, a particularidade preséntase na aparición de casas entre as vetas propias dun marmoreado verde (que non atopamos en ningún outro lugar) xa que é probable que durante a execución da pintura algúns dos trazos lle levara a imaxinar esta decoración tan novidosa e singular. Estas liberdades que os artistas tomaron máis dunha vez ao largo da historia (como a imaxe dun astronauta na Catedral de Salamanca). No interior déronse reformas no século XIX coincidentes coa desaparición da capela da Magdalena en 1854 da que se reaproveitaron varios materiais.


SAN PEDRO DA RAMALLOSA

108

\

Capela da Nosa Señora do Carme.


Foi trasladada á súa actual localización desde Monte Lourido en 2017. A fachada lembra fórmulas neorrománicas co arco de medio punto da porta de entrada, as dúas seteiras dos lados ou a simulación de canzorros baixo as cornixas laterais.

SAN PEDRO DA RAMALLOSA

No actual cemiterio da Igrexa de San Pedro da Ramallosa, atópase a Capela da Nosa Señora do Carme que foi construída en 1932 para servicio dos veraneantes, reflexo da importancia que adquiren en Nigrán os excursionistas e visitantes para desfrutar do verán na costa.

109


\

Capela de San Campio. Azulexos.

Esta capela tivo varias localizacións: en 1865 sería trasladada pola construción da nova estrada, en 1925 sería de novo recolocada pola construción da liña do tranvía a Vigo e na actualidade atópase xunto á desembocadura do Río Miñor. É unha capela de

pequenas dimensións de liñas sinxelas e limpas propias do neoclásico académico. No exterior, lado sur, destaca a decoración de azulexos que lembran a intervención de San Telmo na parroquia.


Realizado no último cuarto de século XIX, o seu estilo garda unha gran similitude co traballo do portugués José Antonio Ramallosa no cruceiro de San Campio en Figueiró (Tomiño) tamén nas últimas décadas do século XIX. A base octogonal acolle un peto de ánimas que fai de pedestal á columna con capitel composto. A estilizada cruz acolle nun lado un Crucificado e do outro lado á Dolorosa.

SAN PEDRO DA RAMALLOSA

CRUCEIRO

111


PONTE VELLA

CAPELA-CONVENTO DE VILARIÑO

A Ponte Vella é unha ponte medieval (s. XIII) sobre o río Miñor con nove ollos. Tradicionalmente atribúese a súa construción ou restauración á intervención de frei Pedro González, San Telmo.

Antigo pazo que pertenceu a varias familias, a última os «Quirós». Brasóns conservados de Rivera e Taboada, de mediados do século XVII. En 1905 a orde franciscana portuguesa adquire o edificio para casa de formación. Aquí falecería en 1920 o cardeal patriarca de Lisboa, D. José Sebastián y Nieto. O pazo primitivo sería transformado ao engadir unha ampla capela mentres no lado sur se construiría outra edificación para residencia e centro de formación dos aspirantes e lugar para atencións benéficas.

Sobre esta ponte terá lugar un dos principais milagres do santo dominico nas súas predicacións na rexión no ano 1246. Predicando o santo á multitude acercábase unha gran tormenta que ameazaba con choiva e raios. O santo tranquilizaría a todos e seguiría coa súa predicación mentres a tormenta rodeaba e non afectaba á xente. Este importante milagre vai estar ligado á devoción das xentes do mar ao interceder nas tormentas e de aí o patrocinio sobre os navegantes. No centro da ponte un cruceiro e unha imaxe lembra a presenza do santo dominico. PAZO DE PÍAS A súa orixe é do século XVII relacionado con Fiz Correa Alemparte, escribán de Baiona e familiar do Santo Oficio. O pazo sería queimado e saqueado pola incursión do exército portugués en 1665 no marco da guerra de Restauración da Monarquía portuguesa. O edificio ten planta rectangular destacando a fachada principal, orientada ao sur, coa portada enmarcada entre pilastras de pouco resalte, a ambos lados sitúanse columnas toscanas e pilastras caixeadas entre as que se colocan pequenas fiestras con guarnición lisa.


113

SAN PEDRO DA RAMALLOSA



SAN XOSÉ DE


SAN XOSÉ DE CHANDEBRITO

116

\

San Xosé de Chandebrito. Fachada principal.


CHANDEBRITO No límite entre a parroquia de Chandebrito e o concello de Vigo atópase o monte Sanomedio onde se sitúan os restos dunha Hermida adicada a San Amedio. A súa orixe podería situarse a finais do século XV, aínda estudos sobre as características do xacemento a sitúan nuns séculos antes. A igrexa foi erixida en 1786 polo bispo Domingo Fernández Angulo. O templo foi construído entre 1784 e 1785 por Juan Orxe Cortés pola cantidade de 18950 reais. En 1893 sería realizada unha reforma importante, a bóveda e a espadana.

SAN XOSÉ DE CHANDEBRITO

SAN XOSÉ DE

117


118 SAN XOSÉ DE CHANDEBRITO


A igrexa realizouse cunha magnífica construción con perpiaños de granito. A fachada principal ofrece unha gran sobriedade entre as pilastras que rematan os pináculos e no centro unha imaxe de pedra de San Xosé da a benvida aos visitantes e fieis. A cornixa segue a dobre pendente do tellado para quebrarse coa espadana central.


120 SAN XOSÉ DE CHANDEBRITO


SAN XOSÉ DE CHANDEBRITO

121

\

San Pedro.

No interior, a nave central está cuberta por unha bóveda de canón reforzada por arcos torais. O presbiterio sepárase da nave por medio dun arco triunfal de medio punto e está

\

San Pablo.

cuberto cunha bóveda de aresta. Aínda que na actualidade non se conserve ningún retablo existen varias imaxes de calidade como as de San Pedro e San Pablo.


BOSQUE DA MEMORIA Monumento en As Chans do Castro que lembra os tráxicos incendios de outubro de 2017 que asolaron esta parroquia e causaron a morte das veciñas Angelina Otero e Maximina Iglesias. Plantáronse diferentes especies autóctonas como cerdeiras, acivros, carballos, castaños, sobreiras e abeleiras xunto a diferente mobiliario para a reflexión.


123

SAN XOSÉ DE CHANDEBRITO



A pesar das distintas épocas nas igrexas parroquiais deste concello foron construídas, hoxe en día a maioría das fachadas principais teñen grandes similitudes xa que case todas as que se conservaron ata os nosos días realizáronse nos últimos 30 anos do século XVIII e os primeiros 30 do século XIX, debido a isto, estas fachada desenvolvéronse seguindo unha tipoloxía moi concreta na zona con frontes planas con vieiras ou fornelas centrais coa imaxe do patrón e espadana para campás con dobre pendente.


ÁLVAREZ LIMESES, GERARDO: Geografía General del reino de Galicia, tomo VI, provincia de Pontevedra, 1928.

RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ-BROULLÓN, RAFAEL: “A casa de Balinfra. Feudo dos Troncoso de ulloa no Val Miñor”, Revista IEM, 2010.

AVILA Y LA CUEVA, FRANCISCO: Historia civil y eclesiástica de la ciudad de Tuy y su obispado. fácsimil Consello da Cultura galega, tomo II, 1995.

RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ-BROULLÓN, RAFAEL: Nigrán. Casas, pazos, heráldica y linajes. Deputación de Pontevedra, 2013.

BIBLIOGRAFíA

FUERTES PALOMERA, ANDRÉS: Arciprestazgos de Tui-Vigo, Miñor (tomo I), Coruña, 2008.

126

IGLESIAS ALMEIDA, ERNESTO: Arte y Artistas en la antigua diócesis de Tui, 1986. IGLESIAS VEIGA, JOSÉ Mª RAMÓN: “Antonio Palacios en Nigrán: A procura dunha arquitectura de raices galegas”, en Revista IEM, tomo I, 2000. LÓPEZ-CHAVES, JUAN M. Y AMOR MORENO, GRATO E.: Inventario Pazos y Torres de la provincia de Pontevedra, tomo I, 1988. MARTÍN SEIJO, MARÍA: “Escavación en área e posta en valor do Castro de Navás (Nigrán, Pontevedra), memoria final. Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, 2006. PEREIRA MOLARES, ANA P.: Arquitecturas y arquitectos en la diócesis de Tui. Siglos XVII y XVIII, Coruña, 2006. PORTELA SILVA, ERMELINDO: La región del obispado de Tuy en los siglos XII al XV: una sociedad en la expansión y en la crisis, Santago de Compostela, 1976.

VILA, SUSO: Corpo Santo / San Telmo, Cofradía de San Telmo de Tui, 2009. VILLAR QUINTEIRO, ROSA: Castro de Panxón (Nigrán, Pontevedra): nuevos datos y evaluación de su estado actual. Universidade de Santiago de Compostela, departamento de Historia I, Prehistoria, Arqueoloxía, Historia Antiga, Ciencias e Técnicas historiográficas e Biblioteconomía e Documentación, 2010. VILLAR QUINTEIRO, ROSA: el alfar romano de Panxón (NIgrán, Pontevedra), 2014. RÈAU LOUIS: Iconografía del arte cristiano, iconografía de los santos. Ediciones del Serbal. 1997 DE PRADO, ÁNGEL. 11 marzo 2018. Toponimia de Chandebrito. PETROGLIFOS DO MAÚXO. https://petroglifosdomauxo.com 2020. GALICIA MÁXICA. https://www.galiciamaxica.eu NIGRÁN. https://www.nigran.es/turismo/gl/


Impreso en xuĂąo 2020




Mostrar e dar a coñecer o patrimonio de todos e todas é unha maneira necesaria de salvagardar a memoria dun pobo e as súas xentes para as xeracións futuras.

Dispoñible noutras linguas en nigran.es


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.