REPASA ESTA INFORMACIÓN. Os seres vivos clasifícanse en cinco reinos: animais, plantas, fungos, protistas e bacterias. Os seres vivos dun mesmo reino teñen características comúns. Os fungos constitúen un reino de seres vivos que non se desprazan, como as plantas, e toman o alimento do medio, como os animais. Poden ser unicelulares ou pluricelulares. Os protistas constitúen un reino que inclúe a protozoos e a algas. As bacterias constitúen un reino que agrupa os seres vivos unicelulares máis sinxelos que existen. ACTIVIDADES A REALIZAR NA LIBRETA DESPOIS DE REPASAR O REINO DOS FUNGOS: 1.Responde estas preguntas.
Que é o micelio? Que é o cogomelo? Que son as esporas?
2. Debuxa e describe en catro fases o proceso mediante o cal se reproducen os fungos con cogomelo. 3. Escribe os nomes das partes dos fungos con cogomelo que cumpren as funcións enunciadas a continuación. •
: é a parte do fungo que intervén na súa reprodución.
•
: xeran novos fungos.
•
: crece baixo a terra e encárgase de absorber o alimento.
4.Le esta frase e contesta as preguntas. Os fungos aliméntanse doutros seres vivos e dos seus restos.
Que efecto teñen os fungos sobre a terra?
Que ocorrería se os fungos non se alimentasen dos restos dos seres vivos?