•
Título: School Magazine
•
Nivel educativo: Calquera
•
Recursos necesarios: Profesores dos distintos departamentos de linguas que se impliquen tamén nesta actividade, PDF CREATOR, procesadores de texto, ISUU, Flickr, conexión a internet e ordenadores
•
Contidos a tratar: o Expresión e comprensión escrita o Temática actual (cine, música, e calquera outra na que os alumnos estén interesados).
•
Procedemento a seguir para levala á práctica. A actividade en cuestión tería como obxectivo crear unha revista multilingual creada polos propios alumnos e quizáis con aportacións de algún “famoso” que fale algunha das linguas estranxeiras empregadas na publicación ou mesmo dalgún ex – alumno do centro. Para a creación da revista teríamos que “negociar” co alumnado qué tipo de temática ou temáticas queremos tratar (quizáis se podería levar a votación e seleccionar as 5 con máis número de votos).Despois poñeríamonos de acordo co resto de departamentos para dividir o traballo e establecer o número de artigos a escribir en cada un dos idiomas. Unha vez resolto este problema poñeríamonos más a obra. Faríamos pequenos grupos nos que dividiríamos o traballo e os textos e artigos que escribirían os alumnos de inglés. Parte do grupo se encargaría de buscar a información tanto na rede como en outros soportes ou mesmo realizando entrevistas en caso de actividades culturais como por exemplo a música e/ou o audiovisual galego. Así mesmo poderían empregar ISUU para buscar máis información en outras revistas avisándoos con anterioridade de que todo este tipo de información debe ser sempre citada. Este mesmo grupo será o que redacte os artigos. Outra parte do grupo encargarase de buscar imaxes en Flickr para ilustrar os artigos e textos e serán tamén os encargados de diseñar a portada e do proceso de maquetación.
Unha vez rematado todo o proceso empregarase o PDF creator para darlle este formato รก revista e acto seguido subirase a ISUU.