ESTRÉNASE CHARCA PRIMAVERA: Ola a todos!!! Sabedes quen son? (resposta) Sí, sí! Son a Primavera, e son a primavera máis feliz do mundo enteiro. Estiven a mirar os cambios que fixéstedes no colexio, qué murais tan bonitos! E sobre todo… Qué entorno tan ben coidado e traballado! O que máis me gustou de todo foi eso (sinala a charca) Cómo se chama? (contestan: unha charca!!) Moi ben!! Esta é moito máis grande que a outra… Aquí collerán moitos máis animais e plantas! (Por un lado aparece un 100 pés con unha maleta chea de zapatos, ábreselle e cáenlle os zapatos, a primavera mira para él e di…) Anda, falando de animais…!!! 100 PES: Aló vai!, vaia, coas ganiñas que teño de mudarme á Charca Nova esquecín cerrar a maleta. PRIMAVERA: Ola bichiño!!! E ti quen es? 100 PES: Pois vaia primavera tan ben informada, a ver muller unha pista, todas estas patas non che din nada? PRIMAVERA: Vaia, un cen pes!!! E a donde vas? 100 pes: vou a miña nova charca, fixérona os papás, mamás, profes e alumnos do cole “Antonio Pedrosa Latas” A que mola eh? PRIMAVERA: Sí, está realmente preciosa!!! 100 PES: Qué ben vou estar con tanta humidade, tantas plantas, tantas macetas… tantos bichiños!!! (di mentres se relame) Mmmmmmm…!!! Ben, voume que teño moita que traer, ainda me quedan dúas maletas con todo o calzado de verán!!! (Entran un matrimonio de rás) RÁ MAMÁ: Xa che dixen eu que era por aquí!!! Brinca, axiña, está aquí!!! (aplaude cos nervios) RA PAPA: Vaia, que ben situada está! (di mirando o seu arredor), E que graaaannnde!!! RA MAMÁ: Aquí poderei continuar cos meus adestramentos de natación. Qué cantidade de auga!!! RA PAPÁ: Sí, e que bon lugar para que eu continue cos meus ensaios de canto… CROAAAK, CROAAAK!!! Croareiche toda a noite… a luz da lúa… (todo romántico) RA MAMÁ: Toda a noite??? (con susto)… para qué casaría eu? (máis baixo e para o público). RÁ PAPÁ: Cómo dís?
RA MAMÁ: Nada, nada, … digo que che comprarei o nenúfar máis bonito de toda a floristería, así estarás cómodo ensaiando. Serás a rá con mellor voz de toda a charca. RÁ PAPÁ: (collendo a súa muller) Seremos os anfibios máis felices do mundo. PRIMAVERA: Ola, ola!!! Perdón… benvidos… Escoitei ben? Dixéstedes anfibios? Pero si os anfibios teñen rabo e vos… (míralles ben) vos non!!! RA MAMÁ: Andaaaa, señorita Primavera!!! Que tal?.... Sí, escoitaches ben, somos anfibios, a pesar de non ter rabo… somos parentes do señor sapo. PRIMAVERA: Vides vivir á charca? RA PAPÁ: Sí, acabámonos de casar e decidimos comprar unha parceliña neste colexio, xa sabes hai que aproveitar a caida do prezo da vivenda… e, ademáis, así os nosos pequechos poderán vir a coro os mércores pola tarde!!! PRIMAVERA: Aaaah, tedes fillos? RA MAMÁ: Sí, sí, temos 160 fermosas larvas, chámanse: Luís, María, Anxo, Clotilde, … PRIMAVERA: Para, para, para,…. Que como os digas todos anoitece!!! RA PAPÁ: e falando de larvas… temonos que ir darlles de comer. RÁ MAMÁ: Certo, certo!!! (cóllense e vanse dando brincos) PRIMAVERA: Adeus!!.... (mirando ó público) qué animais tan simpáticos!... Qué ben se está aquí…!!! (aparece unha salamandra con gafas de sol e sin un brazo) SALAMANDRA: Pist, pist, pist… Eh, ti!!! PRIMAVERA: Vaia, señora Salamandra (di abraiada) (aproximase a Salamandra e ve que lle falta un brazo) Oooh Diossss, Faltalle un brazo!!! HAI UN MÉDICO NA SALA?? Un médico!!!!! SALAMANDRA: Cala muller cala, non pasa nada que a min sáleme outro, non te preocupes que non me doe… PRIMAVERA: Que susto… (cunha mán no corazón)… Que fai vostede aqui? SALAMANDRA: Estou buscando a famosa charca, Sabes donde está? PRIMAVERA: Sí, ahí detrais… (a salamandra vai ver a Charca)
PRIMAVERA: E logo … Por qué leva gafas? SALAMANDRA: Pois porque son unha salamandra… (Primavera sube os hombreiros en señal de non entender o que lle di)… E ás salamandras non nos gusta moito a luz do sol, sómosche máis da noite, a non ser que chova, que entón encántanos mollarnos coas auga da choiva… (xesto no que se poñen cando se mollan) Ben, vou avisar as miñas amigas de que atopei a charca… Pola noite viremos pegarnos un baño, acerqueime eu para saber o camiño, pola noite pouco ibamos ver. PRIMAVERA: Pois dalle un saúdo as tuas amigas… e encantada de vela señora salamandra… SALAMANDRA: Adeus… (por un lado vaise a Salamandra e por outro aparece o tritón ou limpafontes cargado con un cepillo) TRITÓN: Ola primavera!!! Qué alegría verte, outro ano máis por aquí eh!!! PRIMAVERA: Ola señor Tritón!!! (vaille dar dous bicos)… TRITÓN: Muller, xa hai confianza, pódesme chamar Limpafontes… jajajaja PRIMAVERA: Segue a traballar limpando a charca? TRITÓN: Pois sí, e este ano hai máis choio que nunca, (dice limpando a frente cun pano) xa ves que charca máis grande fixeron… e eu sigo sendo o encargado de limpalas. Os nenos axúdanme moito, eles xa saben as normas… PRIMAVERA: Ah claro, refíreste a non votar nada na charca, nin comida, nin papeis, nin plásticos, nin nada… ah, e non molestar ós animais que aquí viven… TRITÓN: Sí, eles saben respetar moi ben o seu entorno. PRIMAVERA: Está todo precioso, que pena que esquecín o meu bikini porque aínda me pegaba un baño… TRITÓN: Como???... Pero que estás a dicir muller??, Isto non é unha piscina, a piscina está máis para baixo, o lado da casa do mar isto é unha CHARRRRRCAAAAAA… aquí as persoas non se bañan… nin andan enredando na auga… PRIMAVERA: jajajjaja, pero sí xa o sei… jajajaj só era unha broma… (chega unha bolboreta revoloteando o seu arredor) TRITÓN: (Dille á bolboreta) Ola Rita!! Andas de paseo? Espera que che presento a señora Primavera!!! PRIMAVERA: Ola Rita, encantada…
BOLBORETA: Ola Primavera… Non me coñeces? PRIMAVERA: Pois agora que o dices fásteme unha cara coñecida. BOLBORETA: Eu era o gusano GUS, … PRIMAVERA: Gus??? Pero en que fermosa bolboreta te convertiche, estás guapísima…. BOLBORETA: Gracias, estou encantada, esto de voar é super apaixoante. Encantame revolotear por enriba da charca, das flores… está todo tan fermoso… PRIMAVERA: Sí quedou rechulísimo!!!... BOLBORETA: Ben, eu voume dar un pequeno paseo, a ver que se coce por alí abaixo… TRITÓN: Sí, e eu teño que traballar si non faceráseme de noite. PRIMAVERA: Está ben, xa non vos entreteño máis, eu tamén me teño que ir a seguir espallando a primavera por todo o mundo… e penso que aínda me queda un bon pedazo… jajjajaja. Adeussss. (saen todos os animais a mirar a charca e diríxense o público) TODOS: coidade ben do voso entorno para que siga tan cheo de cor e vida.