AMAR O MAR Sabor a mar, terra miña saber os bens da Mariña. Amar o mar na terriña sentir a nosa Galicia Chove e de que maneira vén morriña da ledicia quen gañase a ribeira quen dixese outra Galicia! Chove e de que maneira vén morriña da ledicia quen gañase a ribeira quen dixese outra Galicia!
Sabor a mar, terra miña saber os bens da Mariña. Amar o mar na terriña sentir a nosa Galicia O pescador contoume hoxe a vida dura a nordestes un mar de historias de onte co tempo preso entre redes. Tamén cantaba contento aquel cantar do meu porto de como falan os ventos da estrela dos soños rotos.
Sabor a mar, terra miña saber os bens da Mariña. Amar o mar na terriña sentir a nosa Galicia