As árbores de Galicia

Page 1

TRABALLO REALIZADO EN CONMEMORACIÓN DO DÍA DA ÁRBORE 21 DE MARZO DE 2012


Bidueiro –Abedul – Betula pendula

CARACTERÍSTICAS: Árbore de folla caduca. As súas follas son dentadas e con forma de corazón. Necesita moita auga; crece moi ben preto dos ríos.


Acacia

CARACTERÍSTICAS: De orixe australiano e africano. Árbore leguminoso, de folla perenne. As follas lanceoladas son de cor verde claro e delgadas. As follas en forma de racimo son de cor amarelo. Adáptase a todo tipo d chan.


Acivro – Acebo – Ilex aquifolium

CARACTERÍSTICAS: Ten follas duras de cor verde oscuro, enceradas e dentadas. Folla perenne. O seu froito son boliñas de cor vermella brillante . Poden chegar a ser peligrosos. Danse en zonas frías. É unha especie protexida.


Aciñeira – Encina – Quercus ilex

CARACTERÍSTICAS: Árbore de folla caduca, moi resistente ao vento e a contaminación. O seu tronco é curto e as polas son rectas e ascendentes. As súas follas son coriáceas; ovaladas e, nas beiras, onduladas con dentes. O seu froito son as landras. A súa madeira é moi resistente.


Ameneiro – Alisio – Alnus glutinosa

CARACTERÍSTICAS: Árbore de folla caduca , arredondeada de base puntiaguda e as beiras onduladas e dentadas. Ten flores brancas formando espigas. Vive preto dos ríos.


Buxo – Boj japónica

- Buxus microphila

CARACTERÍSTICAS: Arbusto de folla perenne. De crecemento lento que pode durar varios séculos. As súas follas son pequenas, ovaladas e moi brillantes. As flores son de pequeño tamaño e os froitos son unhas boliñas vermellas tóxicas. A súa madeira era típica para facer as gaitas.


Camelia – Camellia japónica

CARACTERÍSTICAS: Árbore de folla perenne, de crecemento lento. Ten orixe xaponés. Moi corriente nos xardíns galegos. As súas follas son pecioladas, coriáceas, brillantes e de cor verde oscuro. Ten flores solitarias de distintas cores


Carballo – Roble – Quercus robus

CARACTERÍSTICAS: Árbore mitolóxica de Galicia. Pode vivir mil anos. Árbore de folla caduca. As follas son simples, ovais e lobuladas ( entre tres e cinco lóbulos por banda). Rematan por riba de forma redondeada.


Carqueixa – Carquesa Chamaespartatumtridentatum

CARACTERÍSTICAS: Arbusto de moito ramallo. Non ten follas. Ten unha especie de dentes. Sen talo, é correoso. As súas flores son amarelas. Dase nas zonas altas e frías. Sirve de comida para o gando e para encender o lume.


Carrasca – Brezo – Calluna vulgaris

CARACTERÍSTICAS: Arbusto típico dos montes atlánticos. Resistente ao vento e ao frío. De pequena altura, pode chegar a medir un metro. Ten flores pequeniñas de cor púrpura. Da ao monte unha cor sensacional.


Castiñeiro – Castaño – Castanea sativa

CARACTERÍSTICAS: Árbore cultivada dende moi antigo. Árbore de folla caduca, alongada e dentada. É tipico do clima atlántico. O seu froito é a castaña.


Choupo Branco – Álamo Blanco – Populus alba

CARACTERÍSTICAS: As follas teñen forma variada. Distínguense porque nun lado son de cor verde e no outro de cor blanca tormentosa . Folla caduca. Chámanlle a “ dama do bosque “. A súa madeira é lixeira e porosa.


Espiñeiro–Espino oxyacantha

albar

–Crataegus

CARACTERÍSTICAS: Arbusto de folla caduca. Pode chegar a medir ata 10 metros de altura. Ten o tronco grisestriado. As súas follas son lobuladas, cos extremos redondeados. As súas flores son de cor branca. Os seus froitos son boliñas de cor vermella forte.


Eucalipto – Eucaliptus globulus

CARACTERÍSTICAS: Árbore de folla caduca, que pode chegar a ser altísimo. A súa orixe é australiana. Ten o tronco dereito e liso. As follas son alongadas, duras, de bordes lisos e en forma de fouce. O cheiro das súas follas é moi coñecido. Úsase en medicina.


Freixo –Fresno – Fraxinus excelsior

CARACTERÍSTICAS: Árbore de folla caduca. As súas follas son compostas, lanceoladas e aserradas. Teñen propiedades medicinais. A súa madeira é fácil de traballar. Vive preto dos ríos.


Loureiro – Laurel – Laurus nobilis

CARACTERÍSTICAS: Árbores de folla perenne. As follas son coriáceas, lanceoladas e cor verde escuro moi pálida no envés. O rompelas e rozalas na man dan un cheiro característico. Utilízanse na cociña.


Limoeiro – Limonero – Citrus limón

CARACTERÍSTICAS: Árbore de folla perenne, de pequeño tamaño (3-6 metros). Non soporta condicións extremas. Ten moitas ramas de espiñas duras. As súas follas son simples; de cor verde brillante, de forma ovalada. Ten flores blancas ( azahar) cun cheiro moi agradable. O seu froito é o limón e é comestible.


Maceira – Manzano – Pyrus malus

CARACTERÍSTICAS: Non se coñece a súa orixe. Árbore de folla caduca. Pode chegar ata os 10 metros de altura. As súas follas son ovaladas, lixeiramente dentadas, con peliños no envés. Ten flores de cor branca, aromáticas. O seu froito é a mazá; é comestible. Non resiste os climas extremos; de clima templado.


Nogueira – Nogal – Junglans regia

CARACTERÍSTICAS: Árbore de folla caduca. Pode chegar ata os 25m de altura. Necesitan humidade. O seu tronco é grisáceo e liso. As follas son lanceoladas e ovaladas. Teñen o borde enteiro. Os seus froitos son os conchos ou noces e son comestibles. Teñen unha cuberta leñosa.


Oliveira – Olivo – Olea europaea

CARACTERÍSTICAS: Árbore de folla perenne; de tamaño mediano, moi ramoso e con tronco nudoso. Pode vivir moitisimo tempo. O seu froito é a oliva.


Olmo - Olmo - Ulmus

CARACTERÍSTICAS: Árbore de folla caduca, acorazonadas e asimétricas. O seu tronco é dereito e robusto. A cortiza é lisa e marrón tirando a gris. Vive na montaña, preto dos ríos e correntes de auga. A súa madeira foi moi apreciada. Ten e tivo moita importancia en medicina.


Pereira – Peral – Pyrus communis

CARACTERÍSTICAS: Existen moitas variedades. Árbore de folla caduca e redondeada. O seu froito é a pera. Coa súa madeira pódese facer carbón. Necesita auga e sol moderado.


Piñeiro – Pino – Pinus pinaster

CARACTERÍSTICAS: Árbore de folla perenne ; tronco dereito e algo flexuoso. As súas follas son aciculares , moi longas e duras , verdes , punzantes . Sempre reunidas en grupos . O seu froito é a piña . Cómese a semente que se chama piñón.


Plátano – Plátano Platanus hispánica

de

paseo

CARACTERÍSTICAS: Árbore de folla caduca que pode chegar a medir 50 metros. Son árbores de xardín. O seu tronco é groso e dereito . As follas son moi grandes. Teñen de tres a cinco lóbulos triangulares con incisións pouco profundas. O seu froito é unha bola rodeada de pelos.


Pradairo – Arce – Acer pseudoplatanus

CARACTERÍSTICAS: Árbore de folla caduca. As follas teñen cinco lóbulos , tres lóbulos principais grandes e dous laterais. O seu tronco é moi recto e pode chegar ata 35 metros. Vive en solos fértiles profundos dos bosques atlánticos.


Sabugeiro – Sauco – Sambucus nigra.

CARACTERÍSTICAS: Arbusto que crece onde hay moita humidade . É unha planta medicinal. As follas son compostas, opostas, lanceoladas e aserradas. Folla caduca .Tronco moi mol. Flores blancas e compostas. O seu froito son boliñas negras.


Salgueiro –Sauce – Salís atronicera

CARACTERÍSTICAS: Árbore de folla caduca. As súas follas son alongadas, máis anchas arriba que abaixo. O seu tronco é pardo e grisáceo. Crece nas beiras dos ríos.


Sauce Chorón – Sauce Llorón – Solix babylónica

CARACTERÍSTICAS: Árbore de folla caduca. Follas estreitamente lanceoladas. As ramas son delgadas, verdes pálidas e moi longas. Necesitan moita auga. Utilízanse en medicina.


Sobreira – Alcornoque- Quercus suber.

CARACTERÍSTICAS: Árbore de folla caduca, tronco groso e dereito. Produce a cortiza. As súas follas son ovais, ríxidas, con espiñas na beira. O seu froito son as landras. Vive en sitios frescos. Pode durar ata 500 anos.


Toxo – Tojo – Ulex europeaus

CARACTERÍSTICAS: Arbusto moi espiñento. Carece de verdadeiras follas. Ten espiñas moi longas. As súas flores son de cor amarelo, olorosas e con peliños. É típico do clima atlántico.


Xesta – Retama – Cytisus scoparius

CARACTERÍSTICAS: Arbusto sagrado para os galegos; florece en Maio, por iso tamén se lle chama “ maio”. Formado por ramiñas alongadas, inclinadas e tumbadas. As flores son grandes e de cor amarela, pero hainas tamén de cor blanca. O seu froito é oblongo con pelos pardos. Dase nos claros do bosque.


Xilbardeira aculeatus

Arrayán

Ruscus

CARACTERÍSTICAS: Arbusto de folla perenne, sempre verde. Pode chegar a medir 1,5 metros de altura. As súas follas son ovais, lanceoladas e duras. Os seus froitos son unhas boliñas vermellas. É típico dos bosques galegos. Úsase en medicina como diurético.


TRABALLO REALIZADO NA BIBLIOTECA DO CEIP ANTONIO PEDROSA LATAS “BIBLIOSOÑOS” DÍA DA ÁRBORE 21 DE MARZO DE 2012



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.