Bases concurso

Page 1

Xermola Plan

Xermola Plan

Xermola Plan

Xermola Plan

Xermola Plan

Debuxa o teu almorzo

Tema. Os debuxos que concorran ao certame tratarán de reflectir a composición e conformación do almorzo que os participantes adoitan consumir diariamente. Participación. Establécense dúas categorías de participación: • Categoría Xeral. Poderán concorrer na categoría xeral nenos/as alumnos/as de primeiro e segundo curso de educación primaria en calquera centro educativo de Galicia durante o curso académico 2014/2015. • Categoría Especial. Poderán concorrer na categoría especial usuarios e usuarias de centros de atención a persoas con discapacidade intelectual e/ou do desenrolo, radicados na Comunidade Autónoma de Galicia. Traballos. Os debuxos deberán ser presentados en soporte papel, cartolina ou calquera outro soporte similar en formato folio ou A4. Prazos. A data límite para a recepción dos debuxos será o día 15 de outubro de 2014. O xurado fará público o seu fallo na primeira quincena de decembro de 2014 e o acto de entrega terá lugar na cidade de Santiago de Compostela en datas posteriores. Envío de orixinais. O envío dos traballos realizarase desde o centro no que os participantes cursen estudos ou do que son usuarios/as, procurando, de ser posible, o envío conxunto de traballos de todos os participantes do mesmo centro. Os debuxos enviaranse por correo postal, coa referencia Certame “Debuxa o teu almorzo” ao seguinte enderezo:

Xurado. O xurado estará composto por seis membros: - 1 en representación da Consellería de Sanidade. - 1 en representación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. - 1 en representación do Foro Interalimentario. - 1 en representación da Unión de Consumidores de Galicia. - 1 profesional de recoñecido prestixio no eido do debuxo ou artes plásticas. - 1 profesional de recoñecido prestixio no eido do deporte. Premios • Categoría Xeral 1º Premio. Unha bicicleta e casco. Ademais para a familia do/a premiado/a un lote de froita fresca. 2º Premio. Unha sesión, mañá ou tarde, de navegación a vela acompañado/a de dúas persoas que él ou ela escolla na escola do Centro Náutico Municipal de Outes. 3º Premio. Un xogo de patíns e proteccións. • Categoría Especial. 1º Premio. Cinco entradas para asistir a un partido de fútbol ou baloncesto (xogado en casa) do equipo galego que o/a premiado/a elixa. Ademais un lote de froita fresca para o centro do que o/a premiado/a é usuario/a. 2º Premio. Unha pelota de baloncesto asinada por un xogador de recoñecido prestixio. 3º Premio. Un karaoke.

Todos os debuxos incluirán no seu reverso a seguinte información:

Propiedade e difusión das obras premiadas. Os debuxos premiados pasarán a ser propiedade da Consellería de Sanidade, que ostentará a titularidade de todos os dereitos, de calquera índole, sobre as ditas obras, sen que caiba ningún tipo de pretensión ou reclamación posterior dos/as autores/as ou dos seus representantes legais en relación coas mesmas.

> Nome e apelidos do autor ou autora > Idade > Centro educativo e aula no que cursa estudos ou do que é usuario/a > Responsable da aula á que pertence o/a autor/a > Teléfono e enderezo electrónico do/a responsable do centro.

A Consellería de Sanidade poderá ceder gratuitamente a difusión das obras premiadas a outros departamentos da Xunta de Galicia, ao Foro Interalimentario e á Unión de Consumidores de Galicia.

Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública Consellería de Sanidade Edificio Administrativo San Lázaro 15703, Santiago de Compostela


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.