CEIP ANTONIO PEDROSA LATAS EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2012/13
O papel educador dos pais/nais na Educación Infantil é fundamental A continuación enumeramos unha serie de aspectos a ter en conta: Axudar ás tiroras en todo o relacionado coa educación dos vosos/as fillos/as. Participar nas reunións e entrevistas convocadas polas titoras. Informar sobre calquer aspecto relativo o neno/a que afecte á convivencia do grupo ou ó seu propio rendemento. Correxir as conductas dos nenos/as contrarias ás normas de convivencia Ter unos hábitos de sono e alimentación axeitadas a súa idade. Axudar ós vosos fillos/as nas tarefas que teñen relación ca súa aprendizaxe.
PRESENTACIÓN Un ano máis comezamos o curso e queremos informarvos dunha serie de cuestións para acadar unha boa harmonía e comunicación entre a escola e as familias. En primeiro lugar, as titoras no curso 2012/13: 4º Infantil: Ana Lago-Orcazberro del Río 5º Infantil: Cristina Freán Lamela 6º Infantil: Angélica Novo Reges Apoio a Infantil: Mª Carmen Lázaro Quevedo Especialistas: Inglés: Rosa Rodríguez García Relixión: Vicente Míguez Salgueiro Música: Marta Pérez Lage Psicomotricidade: Eva Baltar Martínez
HORARIO
Durante o curso escolar o horario será de 9:00 a 14:00 Os alumnos/as de 3 anos terán o principio un período de adaptación Unha norma de convivencia é a puntualidade. Pregámosvos que a respectedes tanto nas entradas como nas saídas. No caso de chegar tarde deberedes entrar pola porta principal, notificar a causa da tardanza e deixar que o conserxe acompañe ao neno/a a súa clase para interromper o mínimo posible o ritmo da mesma. O horario para atención os pais/nais será os martes de 16:00 a 17:00. Non haberá titorías no mes de setembro nen no de xuño. O día que teñen biblioteca está sinalado no horario para que os nenos/as traian o libro que lles foi prestado a semana anterior e poidan cambialo por outro.
MATERIAL
Como xa vos informavos, continuamos pedindo o material funxible dende o colexio. Este ano a cantidade a aportar por cada neno/a é de 20 euros. A lista de libros necesarios para cada curso está exposta na entrada do colexio, pedímosvos que traiadaes solo os libros necesarios en cada trimestre. Ademáis os nenos/as deberán traer ó colexio as seguintes cousas (os nenos/as de 4 e 5 xa teñen algunhas cousas do curso pasado): o 1 vaso ou taza de plástico para beber auga o Unha gorra para o sol o Un mandilón abotoado por diante, co nome nun lugar visible e cunha cinta para poder colgalo comodamente. o Unha muda completa (co nome en tódalas prendas) dentro dunha bolsa que tamén levará o nome É imprescindible poñer o nome a TODO o que neno/a traia ó colexio.
ASISTENCIA A asistencia á clase debe ser o máis regular posible. Sobre isto cómpre ter en conta o seguinte:
No caso de que o neno/a non se atope ben NON debedes mandalo á escola, debemos pensar no benestar do neno/a e tratar de evitar contaxios. Para sacar o neno/a fóra do colexio en horario lectivo tedes antes que cubrir un papel en Secretaría. Se o ven buscar unha persoa distinta a habitual cómpre avisar a titora.
ROUPA
É necesario que os nenos/as traian roupa axeitada ás actividades escolares, polo que recomendamos que sexa cómoda e práctica. Procurar non traer tirantes e cintos se non saben abrochalos. Ensinarlle a atar os cordóns. Os luns pola mañá traer o mandilón sen poñer. Non esquecer que o día que teñen Psicomotricidade traian chándal e zapatillas deportivas. Non é necesario abrigalos demasiado, a temperatura do colexio é agradable.
MERENDAS Deben ser sas e equilibrdas. Recomendamos que non sexan graxas nin demasiado excesivas. Este curso queremos seguir experimentando un menú semanal saudable. A proposta é: o Luns.......................... Froita e galletas o Martes..................... Bocadillo o Mércores.................Zume/lácteo bebible e galletas o Xoves........................ Froita e galletas o Venres...................... Pan con chocolate A auga traerase por packs de 6 botellas de litro e medio por orde de lista en cada clase, ademáis da caixa dos panos de papel e un paquete de toallitas húmidas.