Ola: Desde o Lugar de Mórdomo arranca unha senda que remata na Vila de Laxe, 5 quilómetros máis ao norte, e que atravesa a Praia de Traba, unha praia aberta ao mar e co vento de nordés predominante. O sábado 2 de febreiro ás 17:06 atopámola vosa botella barada neste areal nas coordenadas: 43º 12´ 17´´ N 8º 51´ 43´´ W O interior estaba cheo de auga e a carta diluida formaba unha sopa de letras, so salvándose a parte da mensaxe que ía plastificada e a palabra PAZ, polo que damos por recibida a parte fundamental. Seguro que a próxima mensaxe chegará máis lonxe ... Unha aperta a todos os nenos e nenas da vosa escola. Por unha educación pública e de calidade Miguel e Mónica Lugar de Mórdomo , Traba de Laxe.