DÍA DOS DEREITOS DOS CONSUMIDORES

Page 1

DĂ­a Mundial dos Dereitos do Consumidor

15 de marzo CEIP Antonio Pedrosa Latas Celeiro-Viveiro LUGO


 En 1983 a ONU instituiu o Día Mundial dos Dereitos

do Consumidor, cuxa celebración, o 15 de marzo, conmemora o discurso que o presidente estadounidense John F. Kennedy pronunciou tal día de 1962 ante o Congreso do seu país e no que, entre outras, fixo as seguintes consideracións:

 "Ser consumidor, por definición, inclúenos a todos.

Somos o grupo económico máis grande no mercado, que afecta e é afectado por case todas as decisións económicas públicas... Pero é o único grupo importante cuxos puntos de vista a miúdo non son escoitados".


 Por primeira vez o consumidor foi considerado un elemento

fundamental dentro do proceso produtivo, recoñeceuse a súa relevancia política e instouse ás institucións a arbitrar medidas para a protección dos seus dereitos.

 O 9 de abril de 1985, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas

adoptou as Directrices da ONU para a Protección dos Consumidores, declaración de dereitos que hoxe goza de recoñecemento internacional:

 1) dereito ao acceso a bens e servizos básicos esenciais,

como alimentos, roupa, vivenda, saúde, educación e salubridade.

 2) dereito á protección contra produtos e procesos perigosos.


 3) dereito a recibir información para unha elección

correcta e protección contra publicidade deshonesta ou confusa.  4) dereito a escoller produtos e servizos a prezos competitivos coa seguridade dunha calidade satisfactoria.  5) dereito a ser escoitado e estar representado na

elaboración e execución dunha política gubernativa e no desenvolvemento de produtos e servizos.  6) dereito a recibir unha reparación adecuada por

queixas xustas, incluíndo compensación por información enganosa, bens defectuosos ou servizos insatisfactorios.


 7) dereito á educación dos consumidores para

efectuar eleccións seguras de bens e servizos, e ser conscientes dos dereitos básicos dos consumidores e como facelos efectivos.  8) dereito a un ambiente saudable para vivir e

traballar.


 A lexislación española nesta materia está ao nivel da dos

países máis avanzados do mundo. Xa con anterioridade ás Directrices da ONU, a Constitución de 1978 no seu artigo 51 referíase á defensa dos dereitos dos consumidores:

 "1)

Os poderes públicos garantirán a defensa dos consumidores e usuarios, protexendo, mediante procedementos eficaces, a seguridade, a saúde e os lexítimos intereses económicos dos mesmos.

 2) Os poderes públicos promoverán a información e a

educación dos consumidores e usuarios, fomentarán as súas organizacións e ouvirán a estas nas cuestións que poidan afectar a aqueles, nos termos que a lei estableza.

 3) No marco do disposto polos apartados anteriores, a lei

regulará o comercio interior e o réxime de autorización de produtos comerciais".


 Desenvolvemento deste artigo foi a Lei 26/1984 de 19 de xullo, Xeneral para

a Defensa dos Consumidores e Usuarios, a cal foi reformada pola Lei 44/2006 de 29 de decembro, de Mellora da Protección dos Consumidores e Usuarios.

 Por último, o Real Decreto Lexislativo 1/2007 de 16 de novembro aprobou o

Texto Refundido da Lei Xeral de Defensa dos Consumidores e Usuarios.

 Na Comunidade Autónoma Andaluza está así mesmo en vigor a Lei 13/2003

de Defensa e Protección dos Consumidores e Usuarios de Andalucía. No vixente Estatuto de Autonomía, o artigo 27 refírese tamén aos dereitos dos consumidores:

 "Garántese aos consumidores e usuarios dos bens e servizos a asociarse, así

como á información, formación e protección nos termos que estableza a lei. Así mesmo, a lei regulará os mecanismos de participación e o catálogo de dereitos do consumidor".

 O Día Mundial dos Dereitos do Consumidor ha de servir cada ano para

lembrarnos a importancia dos nosos dereitos e os mecanismos para o seu defensa.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.