Nenos Boteiros, "Chilindríns". Adrián e Vicente Míguez.

Page 1

Día Universal da Infancia 20 de Novembro

En 1956, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas recomendou que se instituíse en todos os países un Día Universal da Infancia, que se consagraría á fraternidade e á comprensión entre os nenos e as nenas do mundo enteiro e se destinaría a actividades para promover o benestar dos nenos do mundo. O 20 de novembro conmemórase a data en que a Asemblea Xeral aprobou a A Convención di...

“Os Estados Parte darán a coñecer amplamente os principios e disposicións da Convención por medios eficaces e apropiados, tanto aos adultos como aos nenos” Artigo 42

Declaración sobre os Dereitos do Neno en 1959 e a Convención sobre os Dereitos do Neno en 1989. Por iso, o 20 de novembro pasou a ser o Día Universal dos nenos e nenas.

A Convención sobre os Dereitos do Neno Xa transcorreron máis de vinte anos dende que se aprobou a Convención sobre os Dereitos do Neno e todos os países do mundo (salvo Estados Unidos e Somalia) ratificárona, converténdose así noinstrumento de Dereitos Humanos máis amplamente refrendado na historia da humanidade. A pesar disto, cada día vulnéranse os dereitos de millóns de nenos e nenas en todos os países do mundo e, polo tanto, tanto as institucións como a sociedade civil deben responder a este reto eseguir loitando para que a Convención se converta nunha realidade en beneficio dos nenos e nenas do mundo.


Dereitos, por principio Os dereitos da infancia baséanse en catro principios fundamentais:

Imaxe 1: A Convención sobre os Dereitos do Neno recoñece que todos os menores de idade deben ter unha protección especial e que non poden ser tratados como adultos. • A non discriminación: todos os nenos teñen os mesmos dereitos. Isto significa:todos os nenos e nenas, en todo caso, en todo momento e sen excepcións. Non importa a súa raza, relixión ou procedencia ou as ideas de seus pais. Ningún neno debe recibir un trato inxusto baixo ningún concepto. • O interese superior do neno: calquera decisión, lei ou política que poida afectar á infancia ten que ter en conta que é o mellor para os nenos e nenas. Cando os adultos tomen decisión teñen que pensar en cómo poden afectar aos nenos. • O dereito á vida, á supervivencia e ó desenvolvemento: todos os nenos e nenas teñen dereito a vivir, a desenvolverse e a acadar o seu máximo potencial na vida. Isto inclúe ter dereito a cousas como unha alimentación e aloxamento adecuado, á auga potable, á educación, á atención sanitaria, ao xogo e o descanso, a actividades culturais e a información sobre os seus dereitos.


A participación: os menores de idade teñen dereito a ser consultados sobre as situacións que os afecten e a que as súas opinións sexan tomadas en conta. Isto non significa que os nenos podan mandar sobre os seus pais nin dicirlles que teñen que facer. A participación debe ir aumentando conforme á idade e é importante para que os nenos e rapaces acaden a madurez.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.