EVOLUCIONAMOS FACENDO POSIBLE A VIDA??? Os alumn@s de 6º de Primaria, no primeiro trimestre deste curso 09-10, investigamos un pouquiño sobre a vida e a obra de Charles Darwin co gallo de celebrarse o 200 aniversario do seu nacemento e o 150 da publicación da súa obra “A orixe das especies por medio da selección natural”.
Evolucionismo según Darwin
En 1859, o inglés Charles Darwin propuxo unha nova teoría da evolución, recollida no seu libro “El origen de las especies.” Os mecanismos evolutivos propostos por Darwin resúmense nas seguintes ideas: • Non todos os individuos dunha especie son idénticos. Existe una variabilidade na descendencia que se transmite xenéticamente. •Entre os individuos hai unha loita pola existencia, e só sobreviven aqueles máis aptos). Desta maneira, as variaciones favorables mantéñense. Esta idea foi denominada selección natural. •A acumulación de diferencias adaptativas vai produciendo o cambio
dunhas especies a outras.
Reflexionamos sobre as súas observacións e aprendemos que : •Na natureza existen diferentes ( chimpancés, orangutáns, gorilas)
especies
cun
antecesor
común
•A evolución non quere dicir mellora nin progreso , senón adaptación ( correr máis , reproducirse mellor...) •As especies actuais son o resultado dun proceso de adaptación ás condicións de vida. Como todas as teorias tivo defensores e detractores pero non cabe dúbida que a evolución das especies é un feito científico demostrado coma a rotación da Terra... Esta teoría da evolución sérvenos para entender a historía da vida no noso planeta e a importancia da conservación da biodiversidade para a civilización humana. O comportamento humano co entorno é decisivo para ben ou para mal. Sensibilizados e comprometidos coa natureza e a conservación da biodiversidade imos a observar, no noso recinto escolar, un recuncho húmido onde nace auga de forma natural e que centralizamos nunha charca onde poidamos estar cómodamente observando a flora e fauna deste pequeno ecosistema. Resulta moi educativo e gratificante disfrutar deste recurso cando chega a primavera , vendo o rebulir de multitude de seres vivos que aparecen de súpeto e inician un ano máis a carreira da vida: nacer,crecer ,reproducirse e morrer. Lembramos algunhas características destes terreos:
ZONAS húMIDAS, ChArCAS E PANtANOS
Son ecosistemas moi fértiles, con moitos organismos vexetais e gran variedade de especies animais que dependen deles. Teñen especial interés porque acumulan agua e manteñen os acuíferos próximos. Hai razóns, fundamentais para conservar a biodiversidade, é dicir, para evitar que diminúa por causas non naturais: •Conservación da variabilidade xenética que permite que a descendencia,
posúa xenes adaptados aos cambios de ambiente e sobrevivir.
• A manipulación humana ocasiona a pérdida de variabilidade xenética e
por tanto da biodiversidade. A naturaleza, pola contra, tende a evitar o cruce entre individuos emparentados mediante diversas estratexias, coma o rechazo entre individuos da misma familia.
• Investigación farmacéutica e médica. O 25% dos fármacos proceden
das plantas e moitos poden servir para o estudio de remedios contra as enfermidades. •Conservación
das relacións dun ecosistema. Hai especies que son esenciais para outras porque son imprescindibles para a súa reprodución ou para a súa alimentación. Moitas plantas, especialmente as tropicais, dependen de especies concretas de insectos, morcegos, colibrís ou outros animais para a súa reproducción. •Motivos éticos. Recoñecer o valor da diversidade biolóxica en si mesma,
ao marxe de toda utilidade que poida ter para os seres humanos (agás a satisfacción moral)
A BIODIVErSIDADE
Breve reflexión A biodiversidade está formada polos distintos tipos de seres que habitan na actualidade o planeta Terra . Son resultado da evolución e extinción dos millóns de especies que poboaron o noso planeta e corresponden ao 1% delas aproximadamente. O proceso de extinción ocorreu sempre, é un feito natural; mais os cambios que os humanos estamos a provocar no medio ambiente , nos últimos séculos , son a causa da desaparición de multitude de especies de maneira alarmante. A humanidade actual está inmersa nunha sociedade industrial moi complexa. No periodo dun século os avances en medicina, transportes, agricultura , informática...foron espectaculares. A ciencia e a técnica van íntimamente unidas,unha precisa da outra. A ciencia é a arte do saber e a técnica o arte do facer (saber-facer) . Así a informática (técnica) fai posible investigacións científicas imposibles ata hai poucos anos. Mais cómpre usalas para un bo fin , é dicir, para o progreso da humanidade e non para a súa destrución (guerras, contaminación...) A vida humana desenvólvese en intima relación coa natureza e o seu funcionamento afectanos directamente . Non debemos cometer pois o erro de pensar que os avances tecnolóxicos (máquinas, coches..) nos permiten vivir de costas ao resto da biosfera, da súa estrutura e do seu funcionamento. Os seres vivos, os ecosistemas, o conxunto da biosfera, a Terra e Universo, son sistemas complexos nos que se establecen infinidade de relacións entre os seus compoñentes. Cando introducimos una modificación nun destes sistemas non é fácil predecir as súas consecuencias .
A VIDA NUN ECOSIStEMA PróxIMO :
A NOSA ChArCA ESCOLAr
No recinto escolar temos unhas condicións axeitadas para observar un ecosistema propio dun pequeno humedal. Isto foinos levando a sanear esta zona e transformala nun recurso educativo importante; ademais dun lugar agradable para o descanso e relaxación dos nosos alumnos. Ainda que é de dimensións reducidas mantén a auga durante todo o ano, agás en periodos de prolongadas sequías. Está situada na parte posterior do edificio escolar na zona verde, entre a caseta utilizada para gardar as distintas ferramentas do xardín, e o horto escolar. Ten forma circular bordeada de pedra natural. Neste espazo educativo, podemos observar a metamorfose da ra e identificar algúns dos seres vivos que habitan neste ecosistema. Aquí os animais veñen por varias razóns: •Por ser o seu lugar de vida habitual. •Buscando un refuxio onde agacharse. • Lugar onde atopar alimento. • Como sitio propicio para criar.
Nunha charca viven multitude de animais, uns en estado larvado, como os mosquitos, libélulas, cágados de ras, sapos, tritóns e píntegas. Outros viven na auga tamén de adultos, é o caso dos zapateiros, ras, e varios tipos de escaravellos acuáticos. Tamén os paxaros e aves insectívoras
acuden en busca de alimentos. As miñocas aproveitan a humidade das beiras para vivir. Detrás delas andan as toupas e detrás das toupas o xardineiro para que non lle destraguen o céspede.
CArACtErIStICAS DALgúNS DOS ANIMAIS E VExEtAIS
ErINACEUS EUrOPAEOS ESPIÑO-ErIZO
-
OUrIZO
CAChO
–
POrCO
Características:Pode pesar ata un quilo . Vive entre 7 e 10 anos. Ten o corpo cuberto de púas, agás a cabeza e as patas. As orellas son pequeniñas e as patas e a cola curtas. O fuciño é puntiagudo de color mouro. Hiberna dende novembro ata o final do inverno. A xestación dura 33 días, en cada camada pare de 2 a 7 crias unha ou dúas veces ao ano. Aliméntase de caracois, miñocas, limacos, e todo tipo de insectos . Por esta razón é moi útil nas hortas , tamén se atreve coas cobras e lagartos. Os seus enimigos son : os mouchos, curuxas, lobos, golpes, … e as estradas onde aparecen mortos por todo Galicia.
tALPA OCCIDENtALIS – tOUPA- tOPO COMúN
É común e abondosa en Galicia, atópase case que en calquera sitio escavando galerias. Come insectos, larvas, vermes grilos... é moi voraz. De pequeño tamaño e pelaxe aterciopelada con reflexos prateados. Pacticamente cega e sen orellas; as patas dianteiras son verdadeiras escavadoras. Adoita vivir sobre tres anos. O apareamento ten lugar nos meses de marzo a maio,durando a preñez uns 30 días e paren unha vez ao ano unha media de catro crias.A familia é matriarcal, o macho vive illado e só se xunta coa femia para aparearse. Ten moitos inimigos, case todos os mamíferos e especialmente o home porque lle estraga os prados e xardíns.
MyOtIS DAUBENtONII – MOrCEgO – MUrCIÉLAgO
É o único mamífero voador; de pequeño tamaño e uns 10 g de peso.Vive entre 10 e 30 anos. Aliméntase de todo tipo de insectos que caza en pleno vo , tamén é capaz de collelos na tona da auga. É moi voraz. Os seus principais inimigos son as coruxas e os falcóns .Son animais protexidos pois están en perigo de extinción.
Os
morcegos non son cegos, nin chupan o sangue, tampouco son agresivos...Durante o inverno hibernan por falta de alimentos.
rANA PErEZI . rA VErDE . rANA VErDE
Este anfibio moi abondoso en Galicia ten os ollos grandes e saíntes, extremidades fortes que lle facilitan a caza con saltos áxiles e longos .
Come todo tipo de insectos tanto larvas acuáticas como terrestres , escaravellos , moluscos , arácnidos e ata peixes pequenos.Pero tamén ten moitos depredadores para os que resulta un bocado exquisito.
O seu hábitat está preto dos ríos, charcas,prados, etc. Os machos viven ata 5 anos , as femias ata os 6 anos. Reprodúcense entre marzo e xuño. A femia pon entre 1.000 e 10.000 ovos que son fecundados polo macho e transformados en cágados. A metamorfose dura entre 2 e 4 meses.
Os anfibios en moitos lugares están a desaparecer . Son un bo termómetro para medir a natureza xa que son moi sensibles a contaminación.
BUFO BUFO . SAPO CUNQUEIrO. SAPO COMúN
O macho é máis pequeño ca femia .De ollos cobrizos ou vermellos coa pupila horizontal .As patas pequenas e pel berruguenta .Pouco áxil para correr, brincar ou nadar. Vive en zonas húmidas , prados e hortas, metido entre as pedras e penedos.Mais ben nocturno,en épocas de reprodución sae tamén de día. Hiberna a pouca profundidade entre as follas.Reprodúcese a partir de marzo, principalmente a finais da primavera. Os ovos aparecen en forma de cordóns xelatinosos que semellan un rosario.Alcanzan a madurez aos 3 anos.
trItUrUS BOSCAI. LIMPAFONtES COMúN. (LAgArtIjA
DE AgUA)
Pode acadar unha lonxitude de 10 cm. Come larvas de dípteros (moscas e mosquitos) e tamén todo tipo de insectos e ovos doutros anfibios...A reprodución iníciase en febreiro ata abril aproximadamente. Os cágados a diferencia dos sapos e ras nacen con patas. Conta a Mitoloxía grega que unha conxura exiliou ó Deus Tritón a un reino submarino formado por ríos e charcas. Alí se convirtiu neste pequeno dragón. É o tritón máis acuático de tódolos tritóns galegos. Vive entre 10 e 15 anos. Prefire os regatos e manantiais limpos con moita vexetación, pero atópase en tódolos lugares donde haxa auga, incluso contaminados: acequias, charcas, minas de auga, pilóns, cunetas, etc. É nocturno. Non hiberna. É áxil na auga, pero na terra é moi torpón.
F A U N A •Salamandra salamandra. Píntega común. (Salamandra) •
Anguis fragilis. Escáncer común. (Lución).
•
Gerris lacustris. O zapateiro. (Zapateros). Calliphora vomitoria. Moscardón. Moscarda azul
•
Apis mellifera. Abella . (Abeja)
•
Formica rufa. Formiga vermella. (Hormiga roja).
•
Musca doméstica. Mosca común
•
Anatis ocellata. Mariquiña.Xoaniña Mariquita.
•
Chorthippus parallelus. Saltóns.( Saltamontes) • Culex pipiens. Mosquito. Mosquito. • Típula oleracea. Típulas (Típulas). • Quitaollos común. Libeliñas. (Libélulas). • Calopterix virgo. Gaiteiro aliazul. Cabaliño do demo. (libélula) • Arion ater. A babosa. (Babosa) • Lumbricus terrestris.Miñoca. Lombriz de tierra. •
•
Helix aspersa. Caracol. Caracol.
•
Triturus boscai. Limpafontes común. (Lagartija de agua)
•
Bufo bufo . Sapo Cunqueiro. Sapo común
•
Rana perezi . Ra verde . Rana verde
• Motacilla alba. Lavandeira branca. (Lavandera blanca).
• Turdus merula. Merlo común. (Mirlo común).
F L O r A •Nymphaea alba. Rosa do amor. Nenúfar. •Lemna minor. Lentella de auga. (Lenteja de agua) •Narcissus cyclamineus. Narciso. (Narciso )
•Primula vulgaris. Primavera (Primavera) •Trifolium pratense. Trevo .(Trébol violeta) •Juncus effusus. Xunca. (Junco •Iris pseudacorus. Espadaina. (espadaña)...
g L O S A r I O
Biocenose : É a comunidade ou conxunto de seres vivos ecosistema.
dun
Biosfera :Todos os organismos vivos da Terra. Reúne, por tanto, a todas c cas comunidades . Biotopo: Denomínase así ao substrato inerte do ecosistema, é dicir o conxunto de todos os elementos non vivos.de Comunidade :Todos os organismos vivos que se atopan nun ambiente determinado. Inclúe, polo tanto, todas as poboacións das diferentes especies que viven xuntas. Por exemplo a comunidad dunha pradera estará formada por todas as plantas, animais, bacterias, funngos que se encontran nese lugar. Contaminación : Cualquer a alteración física, química ou biolóxica do aire, auga ou da terra que produce danos aos organismos vivos. Ecoloxía : Ciencia que estudia a distribución e abunndancia de seres vivos, asi como as relacións entre os organismos e o medio ambiente. Ecoloxismo : Movemento que xurdiu nos anos setenta e que ten como obxectivo a defensa do Medio Ambiente Ecosistema : Unidade ecolóxica fornada por todos os organismos que ocupan un medio físico (lagoa, río, etc.) que se relacionan entre si . Hábitat: Espacio que reúne as condicións ambientais para que vivan nel un determinado conxunto de seres vivos. Medio Ambiente: Entorno onde vive unha organización e inclúe ar, auga, solo, flora, fauna, seres humanos e as súas interrelacións.