Eduga

Page 1

ARTÍCULO PARA A REVISTA

EDUGA SOBRE O PROXECTO DA MICROREDE PLAMBLE A MARIÑA AUTORAS: Coordinadoras das Bibliotecas Escolares do CEP Lois Tobío (Viveiro), CEIP de Covas, CEIP Pedrosa Latas (Celeiro), CEIP Pedro Rollán Caselles (Xove), EEI San Roque (Viveiro), IES María Sarmiento, IES Vilar Ponte,


CONTEXTO: Viveiro está situado na beira do litoral Cantábrico, na Mariña Occidental; o pobo conta con varios centros de ensino non universitario que ofertan as diferentes etapas da Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Bachalerato. Temos, polo tanto, unha situación que propicia e facilita o encontro e a colaboración inter-centros. Por outra banda, os pobos que configuran a nosa comarca están próximos entre si e iso fixo posible que a nosa micro-rede poidera medrar, estenderse e aglutinar a outros colexios como son o de Xove e Cervo.

XUSTIFICACIÓN: A formación dunha pequena rede de traballo colaborativo é a resposta á necesidade de sumar esforzos para alcanzar un propósito común. Desde fai algúns anos vivimos nos centros educativos experiencias colaborativas, de interrelación, como apadriñamentos lectores, animación á lectura entre diferentes niveis, …que foron sempre moi gratificantes e altamente positivas, dado que algúns colexios reciben o alumnado procedente de centros veciños, desde Infantil a Secundaria e, para os maiores, voltar aos lugares onde pasaron parte da súa vida escolar era una fonte de motivación; pero esa non foi a única razón que nos levou á formación do grupo colaborativo. Logo de que moitos dos nosos centros tiveron a oportunidade de formar parte do PLAMBE, as bibliotecas modifícáronse, tanto no que atinxe ao seu espazo físico coma no tocante a súa dinamización e tamén foron os Encontros de Bibliotecas Escolares en Santiago, aos que acudimos moitas veces en grupo unidas pola proximidade xeográfica na que vivimos, os que nos levaron a coñecernos, intercambiar opinións, ideas, experiencias,…e así nace o xerme que agroma e segue a medrar nos nosos centros educativos. Á volta das xornadas do ano 2011, con ánimos renovados e moitas ansias de ampliar o ámbito das nosas actuacións, fíxose unha primeira proposta de traballo colaborativo; pensando e intentando que resultara exitosa para poder dar forma á creación dunha micro-rede de bibliotecas escolares. Neste grupo de traballo a interdependencia positiva entre todos os membros é un factor fundamental. Unha persoa aporta e espera que o resto dos compoñentes do equipo contribúan no mesmo senso para poder transformar o traballo individual nun produto máis rico. Para conseguilo necesítase dunha boa comunicación e interacción entre os participantes.


DESENVOLVEMENTO Obxectivos : 1- Facilitar o encontro das distintas representantes dos Colexios para, de xeito organizado, ter a oportunidade de intercambiar experiencias e levar á práctica outras en común. 2- Impulsar a colaboración, esforzos .

a aprendizaxe común e a coordinación de

3- Incorporar ás familias como responsables e colaboradoras na formación lectora dos seus fillos /as. 4- Promover un ambiente cultural axeitado e colaborativo entre todos os membros da familia e enlázalo coa escola. 5- Compartir experiencias, sentimentos e emocións entre os diferentes membros da familia, unidos a través dunha proposta escolar. 6- Dar a coñecer o traballo desenvolto nas diferentes comunidades educativas e expoñelo nun marco común, servindo para compartir ideas, ilusións, emocións … 7- Recuperar a memoria tradicional da literatura e as súas repercusións no ambiente cultural das familias. 8- Contribuir á promoción da cultura no pobo e o seu entorno, desde o humilde traballo dos escolares que constitúen as xeracións do futuro . O Obxectivo específico é o de fomentar os hábitos lectores e recuperar a literatura infantil e xuvenil como parte da vida cotiá das familias e como fonte de pracer na vida das persoas.

Organización : Estableceuse como actividade a desenvolver anualmente un mini proxecto que vai renovando a súa temática, e que implica no seu tratamento aos alumn@s e as súas familias .Para a súa consecución :

1- Inicialmente plantexamos un calendario de reunións onde poder aportar ideas e planificar o proxecto anual que conleva sempre nos meses de abril e maio unha actividade conxunta de exposición de traballos e animacións culturais.


2- Nas diferentes reunións decidimos : -

O tema do proxecto

-

O formato único para todos os coles

-

Nota informativa ás comunidades educativas, explicando a actividade e invitando a participar nela.

-

Programa de actuacións de animación á lectura por parte do alumnado e profesorado dos centros participantes.

-

Petición dun local no Concello onde montar a exposición conxunta dos traballos.

-

Estudio dos medios e recursos para a difusión da actividade

-

Elaboración do programa de desenvolvemento da semana de exposición e animación

-

Calendario de gardas para apertura e atención da exposición durante a semana

-

Avaliación da actividade e suxerencias para a próxima convocatoria.

ACTIVIDADES Desde a formación desta micro- rede leváronse a cabo as seguintes actividades:

1- O primeiro proxecto levou por título: “De onte a hoxe…lembrando o pasado”.

Consistía en recuperar da memoria familiar aquel libro que, por unha ou outra razón, deixara pegada en alguén da familia. Elexida a obra, os escolares fixeron unha pequena reseña da mesma e acompañaban o seu traballo cunha creación plástica na que recrearon e ambientaron o libro.


O formato de presentación foi unha cartolina A3 con forma de libro e cor diferente segundo o colexio participante.

2- O segundo proxecto titulouse : “Unha primavera de poemas”. Consistía en ler poesía na procura dun autor e a súa obra, elexindo finalmente un poema que reescribiron e acompañaron da correspondente obra artística coa que ilustraban e ambientaban o poema. Como o fío condutor actuaba a primavera, cada centro elexiu un motivo da estación para facer unha plantilla que enviou ás familias . Deste xeito cada colexio tiña o seu formato que se unificaba pola temática. Houbo de todo: paxaros, plantas, bolboretas, papaventos, abellas…

3- O terceiro proxecto está en proceso. Titúlase: “De aqueles contos… a novos finais”. Consiste en elexir un conto clásico, dos que nos contaron de pequenos e facer a nosa particular adaptación. Sobre unha cartolina de tamaño A3, repartida en tres rectángulos, escribirán de modo moi resumido a historia que escoitaron ou leron, elaborando un final distinto ao tradicional e cambiando polo tanto o rumbo dos protagonistas e da súa historia. Irá acompañado pola correspondente composición plástica que axudará na comprensión e dará vistosidade ao traballo. A cor empregada na plantilla de cada centro educativo será diferente. Todos os proxectos se desenvolven durante os meses de marzo e abril e os produtos finais expóñense nunha primeira fase dentro de cada colexio. Para rematar, aló polo mes de maio, faise exposición conxunta nun local do Concello de Viveiro e ábrese a todas as comunidades educativas que poden visitala ao longo dunha semana en horario de tarde . Cada día da semana hai animacións que se aportan desde os distintos colexios. Son os propios alumn@s e os seus mestres e mestras os que protagonizan esas animacións, que fundamentalmente consisten en: contacontos, recitados con acompañamento musical, dramatizacións, representacións e actuacións musicais.


AVALIACIÓN

-

Avaliación positiva para o grupo de traballo porque somos quen de complementarnos, retroalimantarnos e, aínda atopando moitas dificultades, continuamos con ilusión.

-

A motivación intrínsica de todas as participantes constitúe un motor imprescindible grazas ao que a rede segue en pé e aberta a novos proxectos.

-

O traslado da proposta aos claustros e familias é outra experiencia gratificante por ter logrado un alto grao de participación que, por suposto, é necesario.

-

O resultado final do traballo, que remata coa exposición pública durante unha semana, constitúe a ferramenta máis importante para a avaliación do proxecto e o funcionamento da micro- rede. Este resultado foi moi satisfactorio, tanto polo número de traballos aportados que implicaron a unha inmensa maioría das familias das distintas comunidades educativas, coma polo alto grao de participación nas diferentes actividades de animación cultural que se realizan durante ese tempo.

CONCLUSIÓN A valoración final do funcionamento deste grupo de traballo é moi favorable, porque os resultados que se obteñen son moi gratificantes e os obxectivos cúmprense nunha porcentaxe elevada; pero aínda así queremos amosar as principais vantaxes atopadas e os atrancos máis importantes. O maior desafío é lograr a motivación a partir dos recursos humanos e materiais cos que contamos en cada momento. Vantaxes: 1- A interacción entre as compoñentes do grupo enriquece, sensibiliza e abre novas vías de colaboración. 2- O compromiso que supón formar parte dunha rede é garantía para manter o nivel de motivación e concluir cun bo resultado final.

Inconvenientes:


1- A busca dunha proposta común axeitada, que poda ser sumida polas distintas comunidades educativas e os diferentes niveis de ensino aos que vai dirixida. 2- As horas de dedicación que conleva formar parte desta rede están fóra do horario lectivo e sabemos que non é valorado o traballo docente fóra das horas de clase propiamente ditas. 3- Este horario de traballo, fóra do regulamentado, tamén conleva dificultades de organización, pois hai que contar con desprazamentos, compromisos de traballo no centro de cada quen e outro tipo de obrigas.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.