HORARIO DO LABORATORIO NA “SEMANA DA AUGA”
1ª 2ª 3ª R HORA 4ª 5ª
LUNS MARTES 4º E.I. 6º E.P. 5º E.P. E C -------DE
MÉRCORES XOVES VENRES
5º E.I. R -------------6º E.I.
3º E.P. 4º E.P. E O LER ------------2º E.P. 1º E.P.
NESTE BAÑO AFORRAMOS AUGA PORQUE: PECHAMOS BEN OS GRIFOS E NON DEIXAMOS CORRER A AUGA TEMOS UNHA BOTELLA CHEA DE AREA NA CISTERNA PARA NON GASTAR MÁIS AUGA DA NECESARIA AFORRAMOS ATA UN 40% DE AUGA CO SISTEMA DE BIO ECOACQUA
Experimento 1: A AUGA QUE FLOTA!!! Pasos: 1. Enche o vaso de auga (mediado). 2. Ponlle o folio encima. 3. Dalle a volta suxeitando o folio pegado ao vaso. 4. Solta o folio e ver谩s como queda pegado e non cae. Explicaci贸n: A presi贸n exercida pola auga en contacto co borde do vaso non a deixa caer.
Xogo 1: A PATACA TATA!!! Pasos: 1. Introduce a pataca na auga para comprobar que afunde. 2. Clava palillos en tapóns de corcho imitando unhas patas, ollos,… 3. Introduce a pataca na auga. Flota? 4. Podes cambiar os tapóns de sitio e ver o que sucede.
Experimento 2: A AGULLA QUE FLOTA Pasos: 1.
2.
3.
4.
Bota unha agulla sen máis nun vaso de auga e irase ao fondo. Agora pon un papel fino debaixo da agulla e deposítaos con coidado na superficie. Con coidado tamén, afunde o papel. Que sucede?. Flota a agulla?.
Explicación: A auga está formada por partículas moi pequenas, entre dúas destas moléculas veciñas exércese unha forza de atracción “enlace de hidróxeno”. As moléculas que están no interior da auga son atraídas polas súas veciñas en todas as direccións. En cambio, as que están na superficie da auga só son atraídas cara abaixo. Ademais hai tamén unha forza de atracción entre as moléculas de auga e os átomos que compoñen o vidro. Como consecuencia, a superficie da auga compórtase como se fose unha membrana, como unha goma dun globo “tensión superficial”. Poderá caer se lle botas unha pinga de xabrón.
Experimento 3: UNHA COPA SEN FONDO? Pasos: 1.
Esta copa está chea de auga a rebosar. Podes ir botando clips ou alfinetes con coidado de non tocar a auga. Reverte a auga por fóra da copa?
Explicación: A superficie da auga compórtase como unha membrana debido ás forzas de atracción que hai entre as súas moléculas. Ademais das forzas de atracción do vidro da copa, esa membrana pégase á copa nos bordes, dando lugar ao que se chama un “menisco”. Como o volumen dese menisco é centos veces maior que o dun clip ou alfinete resulta que na copa aínda poden caber varios centos de alfinetes.
XOGO 2: QUEN FLOTA E QUEN SE AFUNDE? Pasos: 1. Ímos ver que obxectos flotan e cales se afunden. Temos dúas coleccións de obxectos que atopamos nunha praia. Antes de metelos na auga deberás sinalar cun “x” cales crees que afunden e cales pensas que flotan. 2. Este xogo tamén nos serve para ter máis coidado cando visitemos unha praia xa que hai obxectos que nunca deberíamos ter atopado. Cales pensas que son?
XOGO 3: PASAXEIROS AO BARCO! Pasos: 1. Serías capaz de facer flotar un anaco de plastilina e dúas canicas? 2. Proba a metelas na cubeta e ver que sucede. 3. Ímos intentalo de novo?. Fai unha balsiña coa plastilina, canto máis profunda sexa mellor, deberá ter o fondo groso e os lados altos e finos. 4. Flota?. Noraboa.
Experimento 4: O GLOBO QUE NON SE QUEIMA! Pasos: 1. Mete nun globo algo de auga. 2. Despois éncheo de aire e faille un nó. 3. O teu mestre/a aplicaralle lume pola parte de abaixo, onde estea a auga, durante uns segundos. Estoupa? Explicación: Ao aplicar o lume, a enerxía distribúese nese lugar entre a goma do globo e a auga. A capacidade calorífica da auga é moi alta, o que significa que pode recibir bastante enerxía cambiando moi pouco a súa temperatura. Ademais a condutividade térmica da auga é bastante grande, co que a enerxía que aportamos distribúese bastante rápidamente por toda a auga. Así a maior parte da enerxía será captada pola auga e non queimará o globo.