Fomento da lectura

Page 1

A mellor estratexia para animar aos nenos a ler é crear as condicións propicias para esta actividade no fogar e dende a familia. Ler un conto os nenos cada día ou regalarlles un libro nas ocasións especiais son algúns dos primeiros pasos que os pais poden dar para inculcar nos seus fillos pequenos o amor e o gusto pola lectura. Esta actividade estimularaos e axudaralles a desenvolver as súas competencias lingüísticas, pero tamén lles servirá de fonte para adquirir novos coñecementos e como ferramenta para progresar en todas as súas aprendizaxes.


Sete pautas para crear un bo lector 1.-Ofrecer un modelo: os nenos imitan aos seus pais, polo tanto, se ven que eles len de forma periódica, é máis que probable que repitan o seu comportamento. Isto non significa que os proxenitores deben ler todo o día, pero si poden crear un ambiente lector na casa, compartir cos nenos as súas lecturas e outorgar aos libros a importancia e coidado que merecen. 2.-Familiarizalos cos textos: antes de que empecen a ler, pódense propiciar ocasións de contacto cos textos escritos para que entendan que estes comunican e serven para transmitir información. Pódeselles deixar pequenas notas e lerllas despois ou lerlles as instrucións dun xogo ou xoguete. 3.-Ler un pouco cada día: débese empezar dende que os fillos son bebés e dotar ao momento de lectura de atractivo e intimidade para que o neno o asocie sempre cunha actividade pracenteira. Os pais deben usar distintos recursos para atraer a atención dos pequenos e realizar as caracterizacións axeitadas dos personaxes para que a lectura lles resulte máis dinámica. 4.-Xogos para apreciar os libros: os xogos poden axudar a espertar o interese polos libros e a lectura. Gretel García e Eduardo Torrijos, na súa obra 'Xogos para fomentar a lectura infantil', propoñen algunhas actividades lúdicas interesantes, como xogar a identificar as distintas partes dun libro (portada, contraportada, índice ou prólogo) ou fabricar un divertido marcapáxinas para sinalar as súas lecturas. 5.-A súa primeira biblioteca: os pais axudarán ao neno a crear as súas primeiras coleccións de libros se inclúen estes por norma entre os regalos que lles outorgan nas ocasións especiais e, mesmo, se recuperan libros seus de cando eran pequenos. É importante que lles proporcionen tamén un sitio concreto para que os coloquen de forma ordenada e poidan acceder a eles con facilidade. 6.-Ensinalo a elixir: cada neno ten gustos diferentes. Por iso, para fomentar o seu interese pola lectura, ten que atopar as que máis se axusten aos seus intereses. Unha boa ocasión pode ser levalo de visita á libraría e permitirlle que revise a ampla variedade de títulos ou sacarlle o carné da biblioteca infantil para que poida seleccionar os libros que máis lle gusten. 7.-Dosificar o tempo doutras actividades: a televisión ou os videoxogos son hoxe en día dous dos principais inimigos da lectura. A atracción que exercen estas actividades lúdicas sobre os nenos provoca que outras menos "visuais", como a lectura, lles parezan aburridas e pouco atractivas. É recomendable que os pais limiten o tempo de dedicación á televisión ou os videoxogos para darlles máis oportunidades aos libros como complemento de ocio.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.